mércores, 15 de decembro de 2010

CCL: TAREFA PARA LUNS 20 DE DECEMBRO

OBXECTIVO: traballa-los contidos vistos na aula o mércores 15 de decembro de 2010.

TAREFA:

1. Subir á conta de SLIDESHARE a presentación que se entregou coma traballo da 1ª avaliación.
1.1. A presentación só será visible para o/a seu/súa autor/a.
1.2. A presentación non poderá ser descargada.
1.3. A presentación deberá ir acompañada dunha descripción.

2. Enviar a URL da presentación ó correo do departamento. 

PRAZO: ata luns 20 de decembro de 2010.


domingo, 12 de decembro de 2010

LUNS 13 DE DECEMBRO

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II, Latín I, Grego I e Cultura Clásica de 4º de ESO que mañá luns 13 de decembro non haberá clase destas asignaturas.

martes, 30 de novembro de 2010

CCL: P.A. 01-12-2010

OBXECTIVO: aprender a subir unha presentación de impress ó recurso SLIDESHARE.

DESENVOLVEMENTO:

* Baixar presentación da conta de BSCW
* Subir presentación a conta de SLIDESHARE (distintas posibilidades: aberta a todos, restrinxida, con permisos para descargar, etc.)
* Incrustar código HTML no blog.

martes, 23 de novembro de 2010

CCL: PROGRAMACIÓN AULA MÉRCORES 24 DE NOVEMBRO

A programación de aula prevista para o mércores 24 de novembro é a seguinte:

  • revisión e mellora das presentacións feitas na clase anterior;
  • (se houbese tempo) aprenderemos a subir esas presentacións á nosa conta de SLIDESHARE.

venres, 12 de novembro de 2010

LATÍN I E LATÍN II: DATAS CONTROIS DE LECTURA DE EUTROPIO

Na mensaxe anterior hai un erro na última data. O calendario correcto é o seguinte:

  • Venres 19 de novembro: proba de lectura do libro I de Eutropio (só para Latín I).
  • Venres 26 de novembro: proba de lectura do libro II de Eutropio (Latín I e Latín II).
  • Mércores 22 de DECEMBRO: proba de lectura do libro III de Eutropio (Latín I e Latín II).

  • LATÍN II E LATÍN I: DATAS CONTROIS LECTURA EUTROPIO

    • Venres 19 de novembro: proba de lectura do libro I de Eutropio (só para Latín I).
    • Venres 26 de novembro: proba de lectura do libro II de Eutropio (Latín I e Latín II).
    • Mércores 22 de novembro: proba de lectura do libro III de Eutropio (Latín I e Latín II)

    venres, 5 de novembro de 2010

    LATÍN II: DATAS 1º PARCIAL 1ª AVALIACIÓN

    As datas do 1º parcial da 2ª avaliación de Latín II quedan como estaban previstas inicialmente:

    • mércores 10 de novembro: morfoloxía e relectio.
    • venres 12 de novembro: control traducción.

    Quedan, xa que logo, ANULADOS os cambios acordados previamente na aula.

    xoves, 4 de novembro de 2010

    CCL: PROBA IMPRESS MÉRCORES 17 DE NOVEMBRO

    A proba práctica sobre o uso do IMPRESS que estaba prevista para o mércores 10 de novembro, queda aprazada para MÉRCORES 17 DE NOVEMBRO. 

    O exercicio segue a consistir no mesmo que se indicaba na comunicación anterior, pero ademais hai que engadir:

    • un fondo ás diapositivas (de calquera tipo)
    • efectos ó esquema inicial
    • efectos para a transición das diapositivas.

    Lembrade que ANTES do MARTES 16 DE NOVEMBRO debedes subi-lo resumo en modo esquema cos contidos tratados na aula sobre Roma. Isto é moi importante.

    xoves, 28 de outubro de 2010

    CCL: PROBA PRÁCTICA DE USO DO IMPRESS

    O vindero mércores, 3 de novembro, habemos explica-lo uso das notas nunha presentación, algunhas cousas sobre os fondos, etc. e repasaremos rapidamente todo o visto ata agora no IMPRESS para pasarmos, se hai tempo, á explicación do uso do SLIDESHARE. 

    O mércores 10 de novembro faremos unha proba práctica na aula sobre o uso do IMPRESS, para que demostréde-lo que aprendestes na clase. A proba consistirá no seguinte:
    • antes do mércores 10 de novembro elaboraredes unha presentación básica no modo esquema, cos contidos vistos na aula sobre Roma. O nome do arquivo será PROBA_IMP_(O VOSO NOME). Este arquivo debe ter, polo menos, 4 diapositivas (cantas máis mellor), pero só texto.
    • subiredes esta presentación ó cartafol PROBA_IMPRESS no cartafol CCL de BSCW.
    • O mércores 10 de novembro, na aula, baixaredes este arquivo e na aula engadiredes, polo menos:
      • un esquema inicial con figuras e frechas
      • ligazóns internas, que leven dende esas figuras á diapositiva na que se desenvolven eses contidos.
      • cada páxina debe ter, polo menos, unha ligazón interna para volver ó esquema inicial. 
      • ligazóns externas, que leven a páxinas que dean máis información ou a mapas.
    • Unha vez rematado o exercicio, volveredes subi-lo arquivo ó cartafol de BSCW.


    mércores, 27 de outubro de 2010

    CCL: Material para clase de mércores 27 de outono de 2010

    • Intruccións:
      • Baixa-lo arquivo que se achega.
    • Aprenderemos a:
      • Copiar e pegar figuras.
      • Crear ligazón internas.
      • Crear ligazóns externas.
    • Ó remate da clase:
      • Subiremo-lo arquivo ó cartafol compartido en BSCW > Cultura Clásica > PROBA 04.

    martes, 26 de outubro de 2010

    CCL: TAREFA 26-10-2010

    Ola,
    pinchade nesta ligazón (aquí) para irdes ó foro de departamente e facerdes esta actividade sobre un dos contidos tratados na clase de hoxe, martes 26 de outono.

    xoves, 21 de outubro de 2010

    CULTURA CLÁSICA: TAREFA DA CLASE DE MÉRCORES 20 DE OUTUBRO

    Lembrade que a tarefa que vos puxen o mércores 20 de outubro foi a seguinte:

    *facerdes unha presentación que teña unha soa diapositiva

    *nesa diapositiva tedes que facer un esquema coas ideas fundamentais do lido na clase sobre Grecia.

    *Tedes que utiliza-los recursos que vimos na clase (figuriñas, frechas, conectores, etc.).

    É importante que sexades creativos/as e, a poder ser, que o resultado do voso traballo sexa visualmente atractivo (ou agradable).

    Ó arquivo da actividade chamarase "proba003"e o voso nome.

    Tédelo que subir ó cartafol compartido de BSCW, onde atoparedes un novo cartafol que se chamará PROBA003.

    A data tope é luns 25 de outubro (incluído).

    martes, 12 de outubro de 2010

    GREGO I: DATAS DOS EXAMES DA 1ª AVALIACIÓN

    As datas dos exames da 1ª avaliación son as seguintes:

    • Xoves 4 de novembro de 2010: 1ª parte control: morfoloxía.
    • Luns 8 de novembro de 2010: 2ª parte control: traducción e análise sintáctica e morfolóxica.

    • Venres 10 de decembro de 2010: 1ª parte exame 1ª avaliación: morfoloxía.
    • Luns 13 de decembro de 2010: 2ª parte exame 1ª avaliación: traducción e análise sintáctica e morfolóxica.

    venres, 8 de outubro de 2010

    LATÍN II: MODIFICACIÓN DATAS EXAME DA 1ª AVALIACIÓN

    As datas definitivas do segundo exame da 1ª avaliación son:

    Morfoloxía e relectio: martes 14 de decembro de 2010.
    Traducción e preguntas do mundo clásico: mércores 15 de decembro de 2010.

    LINGVA LATINA I: DIES AD PERICVLA FACIENDA

    Cari discipuli,

    hoc memoriâ tenete:
    dies ad pericula primae partis cursus facienda sunt:

    primum periculum: 03-11-2010 (prima pars) et 05-11-2010 (secunda pars)
    secundum periculum: 14-12-2010 (prima pars) et 15-12-2010 (secunda pars).

    Valete.

    xoves, 7 de outubro de 2010

    LINGVA LATINA I : PERICVLVM CAPITVLI PRIMI EX FAMILIA ROMANA

    Cari discipuli,

    hoc memoriâ tenete: proximo Mercuri die (13-10-2010) primum periculum capituli primi ex libro faciemus. Hoc periculum constat ex his exercitibus: PENSIS A, B et C (in paginis XI et XII).

    (Lembrade que o exame da lección primeira do libro farémolo o vindeiro mércores, 13 de outubro. Esta proba constará dos exercicios PENSVM A, B e C das páxinas 11 e 12 do libro de texto.)

    CCL: TAREFA PARA MÉRCORES 13 DE OUTUBRO

    1. Tedes que descargar e instala-lo conxunto de programas de OPENOFFICE nos vosos ordenadores de casa.

    2. Tedes que facer unha presentación co IMPRESS que teña, coma mínimo, dúas diapositivas nas que desenvolvades un esquema (como se viu na clase). Se algún de vós quere engadir algo máis pode e debe face-lo. Tamén sería de agradecer que o contido do esquema tivese que ver co visto na clase.

    3. A presentación chamarase TRABALLO_001_X (no canto do X que cada un poña o seu nome).

    4. Mandaredesme a presentación coma achega cun correo ó departamento.

    Aproveito tamén para vos lembrar que para mércores tamén tedes que ter feita a redacción, ben directamento no foro, ben no voso blog posteando a ligazón no blog.

    Se tedes calquera dúbida ou atranco utilizade o correo.

    martes, 5 de outubro de 2010

    CULTURA CLÁSICA: REDACCIÓN (1º TRABALLO)

    Como se dixo na clase, tedes que facer unha redacción sobre un destes temas:

    1. Que sei sobre Grecia.
    2. Que sei sobre Roma.

    A redacción debe ter, polo menos, 500 palabras e debe ser feita no foro ou ben no blog que teñades cada un. Se optades por esta segunda posibilidade, lembrade que debedes "postear" no foro a ligazón ó voso blog.

    A data tope para que estea colgada é martes día 12 de outubro. Se algún de vós ten algún atranco, pode entrega-la redacción a man na clase de mércores 13 de outubro.

    De novo lembrade que máis importante cós contidos é como vos expresades (vocabulario, puntuación, ortografía, etc.). Procurade escribir con frases curtas e palabras sinxelas (pero non coloquiais); evitade a sintaxe complicada e as oracións moi longas.

    luns, 4 de outubro de 2010

    LATÍN I: MATERIA DADA NA CLASE DE LUNS 5 DE OUTUBRO

    Na clase de hoxe luns 5 outubro fixémo-las lecturas das páxinas 7 a 9 do libro de texto e mais tódolos exercicios da páxina 7 e ata o 6 da páxina 8 do libro de exercicios.
    Lembrade, os/as alumnos/as que hoxe faltastes a clase, que debedes facer isto pola vosa conta para poderdes estar ó mesmo nivel có resto.

    GREGO I: PROBA ESCRITA SOBRE O ALFABETO GREGO

    Lembrade que mañá martes 5 de outubro faremos unha proba escrita na que teredes que demostrar que sabéde-las letras gregas, maiúsculas e minúsculas, e mailos seus nomes.

    venres, 24 de setembro de 2010

    LATÍN II: CLASE LUNS 27 AULA 2.12

    Lémbrovos que a clase do luns 27 de setembro será xa na aula 2.12 (aula habitual para a asignatura).

    LATÍN II: MODIFICACIÓN EXAME 29 DE SETEMBRO

    Lémbrovos que na clase de hoxe acordamo-la modificación da data da proba de repaso da morfoloxía nominal que tiñamos prevista para mércores 29 de setembro e que pasa a venres 1 de outubro.

    xoves, 23 de setembro de 2010

    LATÍN I: CLASE VENRES 24 EN AUDIOVISUAIS 2

    Avísovos de que a clase de mañá venres 24 de setembro terémola na aula de audiovisuais 2.

    GREGO I: CLASE VENRES 24 EN LÁCTEOS 2 (AUDIOVISUAIS 2)

    Avísovos de que a clase de mañá venres 24 de setembro, a 5ª hora, terémola na aula de Lácteos (ou Audiovisuais) 2.

    LATÍN II: CLASE VENRES 24 SETEMBRO EN LÁCTEOS 2

    Lembrade que a clase de mañá venres 24 (ás 8:30) terémola na aula de lácteos 2 e non na 2.12.

    mércores, 22 de setembro de 2010

    LATÍN II: NOVAS DATAS PARA ENTREGAS DE TRABALLOS

    Prégase ás alumnas que revisen o calendario do departamento para que saiban as datas de entrega dos traballos de literatura latina sobre historiografía e épica.

    martes, 21 de setembro de 2010

    LATÍN II: CLASE DE MÉRCORES 22 DE SETEMBRO

    A clase de Latín II do mércores 22 de setembro será na aula de Audiovisuais 1 (ou 2).

    venres, 3 de setembro de 2010

    mércores, 1 de setembro de 2010

    CULTURA CLÁSICA: RESULTADOS DA ENQUISA SOBRE A ASIGNATURA

    Infórmase ós/ás alumnos/as de Cultura Clásica de 4º de ESO do curso 2009-2010 de que poden ve-los resultados da enquisa realizada ó final do curso. Aproveito para agradece-la vosa colaboración.

    http://latincazalla.blogspot.com/2010/09/cultura-clasica-enquisa-de-practica.html

    CULTURA CLÁSICA: ENQUISA DE PRÁCTICA DOCENTE CURSO 2009-10

    LATÍN II: PUBLICACIÓN ENQUISA PRÁCTICA DOCENTE CURSO 2009-2010

    Infórmase os/as alumnos/as de Latín II do curso 2009-10 de que xa poden ve-los resultados da enquisa sobre aspectos xerais da asignatura, realizada ó final do curso. Quixera aproveitar de novo para agradece-la colaboración dos/as alumnos/as que participaron.

    ENQUISA LATÍN II CURSO 2009-10: http://latincazalla.blogspot.com/2010/09/latin-ii-enquisa-practica-docente-curso.html

    LATÍN II: ENQUISA PRÁCTICA DOCENTE CURSO 2009-10

    luns, 30 de agosto de 2010

    RECORDATORIO DE DATAS DE EXAMES

    Tódolos exames deste departamente hanse celebrar xoves 2 de setembro nos seguintes horarios:

    Cultura Clásica de 4º de ESO: 9:30 a 10:30.

    Latín I de 1º de bacharelato: 10 a 11:30.

    Latín II de 2º de bacharelato: 10 a 11:30.

    mércores, 4 de agosto de 2010

    CURSO 2010-11: PROGRAMACIÓN LATÍN II

    Borrador da programación de Latín II para o curso 2010-11.

    martes, 29 de xuño de 2010

    CULTURA CLÁSICA: DATA EXAME DE SETEMBRO

    O exame de setembro de Cultura Clásica de 4º de ESO está marcado para

    XOVES 2 DE SETEMBRO de 9:30 AM a 10:30 AM.

    Lémbrase ós alumnos que teñen que facer esta proba que neste taboleiro están recollidos os contidos do exame de setembro. Se houbese calquera dúbida poñédevos en contacto comigo a través do correo electrónico. 

    LATÍN I: DATA DE EXAME DE SETEMBRO

    O exame de setembro de Latín I está marcada para

    XOVES 2 DE SETEMBRO de 10 AM a 11:30 AM.

    Lémbrase á alumna que ten que facer esta proba que neste taboleiro están recollidos os contidos do exame de setembro. Se houbese calquera dúbida poñédevos en contacto comigo a través do correo electrónico. 

    LATÍN II: DATA EXAME DE SETEMBRO

    O exame de setembro de Latín II está marcada para

    XOVES 2 DE SETEMBRO de 10 AM a 11:30 AM.

    Lémbrase ós/ás alumnos/as que teñan que facer esta proba que neste taboleiro están recollidos os contidos do exame de setembro. Se houbese calquera dúbida poñédevos en contacto comigo a través do correo electrónico. 

    xoves, 24 de xuño de 2010

    CULTURA CLÁSICA: PROBA DE SETEMBRO

    1. Os alumnos coa asignatura de Cultura Clásica de 4º da ESO pendente terán que realizar antes da data fixada para a proba de setembro o traballo de fin de curso (os requisitos deste traballo están á disposición dos alumnos no blog do grupo de Cultura Clásica).

    2. O día do exame os alumnos presentaranse e demostrarán efectivamente que teñen feito este traballo, que será cualificado e determinará a cualificación na convocatoria extraordinaria de setembro.

    3. Para resolver calquera dúbida, prégase ós alumnos coa asignatura pendente que se poñan en contacto a través do correo do departamento.

    LATÍN I: EXAME DE SETEMBRO

    O exame de setembro de Latín I será semellante ó derradeiro parcial da 3ª avaliación, coas seguintes salvedades:

    1. non haberá tradución do galego/castelán ó latín

    2. os textos a preparar son os das leccións 21 (inclusive) e seguintes (fican, polo tanto, excluídos os textos das 20 primeiras leccións).

    Para calquera dúbida ou aclaración, prégase á alumna coa asignatura pendente que se poña en contacto a través do correo electrónico do departamento.

    mércores, 23 de xuño de 2010

    LATÍN I: CUALIFICACIÓNS 2º PARCIAL DA 3ª AVALIACIÓN.

    Xa podedes ve-las cualificacións do 2º parcial da 3ª avaliación pinchando AQUÍ.

    venres, 18 de xuño de 2010

    CULTURA CLÁSICA 4º ESO: LIGAZÓN ÓS TRABALLOS DE FIN DE CURSO

    Veño de inserir na páxina web de Cultura Clásica unha nova ligazón dende a que podedes acceder ós traballos dos vosos compañeiros. As ligazóns van polo número que tedes na listaxe e irán sendo activadas segundo vaiades colgando os vosos traballos.

    GREGO I: CUALIFICACIÓNS 3ª AVALIACIÓN

    As cualificacións da terceira avaliación xa están publicadas; pinchade  aquí  para as verdes.

    mércores, 9 de xuño de 2010

    GREGO I: CONTIDOS EXAME FINAL E MODIFICACIÓN DE CALENDARIO.

    O calendario definitivo dos exames do 2º paracial da 3ª avaliación é o seguinte:

    martes 15 de xuño: proba de morfoloxía e texto.
    xoves 17 de xuño: proba de tradución. 

    Os contidos do exame inclúen ata a sección alfa da lección 14 do libro de texto.

    LATÍN II: COMENTARIO SOBRE AS PREGUNTAS DE LITERATURA DO EXAME DE LATÍN DA PAAU DE XUÑO DE 2010

    De cara á preparación dos contidos de literatura de Latín II, segundo o visto no último modelo de exame que ofrece na súa páxina web a CIUG, aconséllovos que no que atinxe ós contidos de literatura latina preparedes especificamente os seguintes autores, máis có xénero en xeral.

    En historiografía preparade especialmente a obra de Livio.
    En oratoria a de Cicerón.
    En épica a de Virxilio.
    En lírica a de Horacio.
    En teatro a de Plauto.

    Recoméndovos que á hora de responderdes á pregunta de literatura sigades esta orde; ubicación cronolóxica do autor, obras principais, contido desas obras (moi brevemente), e características xerais do autor. Se vedes que a resposta queda un pouco curta, ou que dispoñedes de tempo, podedes introducir contidos relativos ó xénero literario en xeral. 

    Lembrade tamén que nas preguntas do mundo clásico pódesevos pedir un breve resumo dalgúns dos textos que lemos durante o curso. De todos modos neste apartado o normal é que contestedes á pregunta dos latinismos e á dos prefixos latinos. 

    luns, 31 de maio de 2010

    LATÍN II: EXAME DE SETEMBRO

    Este departamento dispón que o exame de setembro constará das seguintes partes:

    1. Morfoloxía: proba que seguirá o modelo das probas realizadas durante o curso, pero coa seguinte modificación: queda excluída a pregunta relativa á identificación das construcións explicadas en oracións feitas na clase. Lémbrase que é preciso obter polo menos 4 puntos sobre 10 para poder facer media e aproba-la asignatura.

    2. Tradución: a proba de tradución seguirá o modelo das probas feitas durante o curso. Ademais engadirase unha pregunta sobre literatura (na que o/a alumno/a pode escoller unha de dúas opcións propostas), para que os/as alumnos/as que queiran poidan mellora-la cualificación do apartado de literatura (gárdase do curso o 0,75 obtido pola elaboración dos resumos e presentacións).

    3. RELECTIO: na proba de setembro non haberá proba de relectio.

    Se houbera calquera dúbida sobre o disposto, por favor poñédevos en contacto comigo a través do correo electrónico.

    LATÍN II: CLASES DO MES DE XUÑO

    O horario establecido polo centro para as clases de preparación de selectividad de Latín II é os xoves 03 e 10 de xuño a 1ª hora (08:30). Na sesión de xoves 03 de xuño a programación de aula é a seguinte:

    1.remata-la corrección do texto pendente da última sesión.
    2.seguir coa tradución do texto 31 de Eutropio.

    Durante as tres primeiras semanas de xuño, agás mércores, o resto dos días o profesor segue estando á disposición dos/as alumnos/as na hora de clase. Tamén estou a vosa disposición a través do correo electrónico, onde me podedes deixar traducións para corrixir ou expoñer dúbidas.

    Finalmente, prégase que, se algún de vos non vai vir este xoves, mo comuniquedes.

    mércores, 26 de maio de 2010

    LATÍN II: PROBA DE SETEMBRO

    Infórmase ós/ás alumnos/as que teñen o Latín II pendente para setembro, de que ó longo desta semana ou, como moi tarde, ó longo da semana vindeira hei sacar un anuncio cos contidos da proba extraordinaria de setembro.

    GREGO I: MODIFICACIÓN DATAS DO 2º PARCIAL DA 3ª AVALIACIÓN

    Infórmase ás alumnas de Grego I de que se acepta a modificación de datas proposta para o 2º parcial da 3ª avaliación, quedando a distribución das probas como segue:

    1. xoves 17 de xuño de 2010: 1ª parte do 2º parcial.
    2. venres 18 de xuño de 2010: 2ª parte do 2º parcial.

    mércores, 19 de maio de 2010

    LATÍN II: REVISIÓN CUALIFICACIÓNS FINAIS

    Tras revisa-las cualificacións finais e en aplicación estrita do disposto na programación, este departamento resolve:

    1. modifica-la cualifiación da alumna Alba Trashorras de 7 a 8, segundo a seguinte fórmula: cualif. 3ª aval. (8) x 0,85 + 0,75 = 7,55 > 8.

    2. modifica-la cualificación da alumna Lara Lozano de 8 a 9, segundo a seguinte fórmula: cualif. 3ª aval. (9) x 0,85 + 1,35 = 9.

    3. modifica-la cualificación do alumno Diego González de 5 a 6, segundo a seguinte fórmula: cualif. 3ª aval. (5,65) x 0,85 + 1,5 = 6,3 > 6.

    Estas cualificacións poden ser melloradas segundo os resultados do exame final da 3ª avaliación.

    venres, 14 de maio de 2010

    LATÍN I: CUALIFICACIÓNS 1º PARCIAL 3ª AVALIACIIÓN

    Para vérde-las cualificacións do 1º parcial da 3ª avaliación de Latín I pinchade aquí.

    xoves, 13 de maio de 2010

    GREGO 01: TEXTOS PARA EXAME DE XOVES 20 DE MAIO

    Ata a lección 09 os textos que entran son os que pechan as unidades didácticas.

    Na lección 10 entra o texto das páxinas 140/141, liñas 5 a 16.

    Na lección 11 entra o texto das páxinas 154/155, liñas 9 a 27.

    Na lección 12 entra o texto sinalado na clase de xoves 13 de maio.

    mércores, 12 de maio de 2010

    LATÍN: CUALIFICACIÓNS FINAIS


    Trala realización do 1º parcial da 3ª avaliación e de tres probas de tradución neste mes de maio, tendo en conta o traballo e adicación á asignatura mostrada por algúns alumnos/as, e en aplicación dos criterios de avaliación recollidos na programación, este departamento resolve:

    1. que os seguintes alumnos/as obteñen a seguinte cualificación final na asignatura de Latín II:

    Diego García: APROBADO (5)
    Lara Lozano: NOTABLE (8)
    Alba Trashorras: NOTABLE (7) 

    2. que os/as alumnos/as mencionados/as na listaxe anterior poden e deben face-las probas pendentes para subiren nota.

    3. que os/as alumnos/as non mencionados na listaxe anterior teñen que face-las probas pensentes na súa integridade, para poderen ser avaliados segundo o establecido na programación.

    Lémbrase, finalmente, que os alumnos/as mencionados/as na listaxe anterior non quedan exentos de asistir a clase.


    LATÍN: CUALIFICACIÓNS FINAIS

    Trala realización do 1º parcial da 3ª avaliación e de tres probas de tradución neste mes de maio, tendo en conta o traballo e adicación á asignatura mostrada por algúns alumnos/as, e en aplicación dos criterios de avaliación recollidos na programación, este departamento resolve:

    1. que os seguintes alumnos/as obteñen a seguinte cualificación final na asignatura de Latín II:

    Diego García: APROBADO (5)
    Lara Lozano: NOTABLE (8)
    Alba Trashorras: NOTABLE (7) 

    2. que os/as alumnos/as mencionados/as na listaxe anterior poden e deben face-las probas pendentes para subiren nota.

    3. que os/as alumnos/as non mencionados na listaxe anterior teñen que face-las probas pensentes na súa integridade, para poderen ser avaliados segundo o establecido na programación.

    Lémbrase, finalmente, que os alumnos/as mencionados/as na listaxe anterior non quedan exentos de asistir a clase.

    luns, 10 de maio de 2010

    CULTURA CLÁSICA: EXEMPLO DE PÁXINA WEB PARA O TRABALLO DE FIN DE CURSO

    Seguidamente dóuvo-la ligazón para que accedades á páxina web que fixen coma exemplo do que quero que fagades dentro do traballo de fin curso.


    (Tamén podes acceder dende estoutra páxina).

    mércores, 5 de maio de 2010

    LATÍN II: CUALIFICACIÓNS 1º PARCIAL 3ª AVALIACIÓN

    Xa podedes consulta-las cualificacións do 1º parcial da 3ª avaliación pinchando aquí.

    luns, 3 de maio de 2010

    LATÍN II: ALUMNOS/AS QUE LIBERAN PARTE DA MATERIA TRALO 1º PARCIAL DA 3ª AVALIACIÓN

    En vista dos resultados acadados no 1º parcial da 3ª avaliación e para axudar no final de curso ós/ás alumnos/as que ó longo destes meses veñen traballando dun modo constante en tódolos eidos da asinatura de Latín II, o departamento dispón que:

    1. quedan exentos da proba de RELECTIO para o 2º parcial os/as alumnos/as: Diego García, Lara Lozano e Alba Trashorras.

    2. queda exenta da proba de morfoloxía para o 2º parcial a alumna Lara Lozano.

    Ademais infórmase de que en función dos resultados que se acaden nas próximas dúas probas de tradución a realizar venres 07 e 14 de maio respectivamente, é posible que se saque unha nova listaxe con alumnos/as exentos/as da tradución no 2º parcial.

    luns, 19 de abril de 2010

    LATÍN II: SOBRE OS TEXTOS DE FEDRO

    Despois de valora-la petición que os/as alumnos/as de Latín II fixestes o pasado venres 16 de abril, decidín deixar de traducir na aula os textos de Fedro. A partir deste momento só traduciremos textos de Eutropio, tanto na casa como na aula. Así pois, a vindeira sesión de tradución na aula non seguiremos co texto 003_02 de Fedro, senón que traducirémo-lo texto 024 de Eutropio, que estaba previsto para entregar o xoves 22. Ademais, proximamente recibiredes un correo cos novos textos de Eutropio para traducirdes.

    luns, 12 de abril de 2010

    LATÍN II: EXAME DE LITERATURA

    Lémbrase ós/ás alumnos/as que se acordara reparti-los 1,5 puntos que corresponden ó apartado de literatura do seguinte xeito:

    *0,75 pola realización dos traballos e presentacións,

    *ata 0,75 máis a través da realización dun exame sobre os contidos teóricos dos aspectos tratados.

    Os/as alumnos/as que desexen realiza-la proba teórica poderán facelo tódolos luns entre o vindeiro 19 de abril e ata o 17 de maio inclusive, no tempo do recreo, previo aviso ó profesor durante a semana anterior.

    O exame consistirá en dúas preguntas das cinco tratadas durante o curso, das que o/a alumno/a escollerá unha para contestar.
     

    mércores, 31 de marzo de 2010

    LATÍN II: SOBRE A GRAMÁTICA DE LATÍN NO EXAME DA PAAU

    A falta de confirmación definitiva, parece que NON se permite usa-la gramática de latín nos exames da PAAU (selectividade). En contra do que vos dicía no anterior correo, parece que en Galicia non está permitido o uso do resumo de gramática que acompaña ó dicionario. Así pois, na terceira avaliación NON se permitirá o uso da mesma nos exames ou probas de tradución.

    sábado, 27 de marzo de 2010

    LATÍN II: SOBRE A GRAMÁTICA DE LATÍN NO EXAME DA PAAU

    En relación coa posibilidade de utilizar ou non a gramática de latín que acompaña ó dicionario no exame da PAAU (selectividade), un compañeiro profesor de latín infórmame de que si está permitido o seu uso. Sen embargo na páxina oficial do CIUGA (Comisión Interuniversitaria de Galicia) non vén ningunha información ó respecto. Así pois, sigo pendente de poder confirmar este aspecto concreto dun modo definitivo.

    luns, 22 de marzo de 2010

    LATÍN I: CORRECCIÓN CUALIFICACIÓNS 2ª AVALIACIÓN

    Infórmase ás alumnas de que se detectaron algúns erros nas cualificacións medias da 2ª avaliación. Despois de seren corrixidos, para ve-las cualificacións correctas pincha AQUÍ.

    sábado, 20 de marzo de 2010

    CCl: ENTREGA DE LIBRETAS PARA 2ª AVALIACIÓN

    Lémbrase ós/ás alumnos/as que o luns 22 de marzo teñen que entrega-las libretas para a súa avaliación.

    venres, 19 de marzo de 2010

    LATÍN I: CUALIFICACIÓNS 2º PARCIAL 2ª AVALIACIÓN

    Infórmase ás alumnas de Latín I de que xa poden consulta-las cualificacións obtidas no 2º parcial da 2ª avaliación premendo AQUÍ.

    mércores, 17 de marzo de 2010

    CCl: TRABALLO Nº 17

    Ola, xa tedes no foro a proposta de reflexión para o traballo nº 17. Lede ben o enunciado e ánimo!

    martes, 16 de marzo de 2010

    LATÍN II: CUALIFICACIÓNS 2º PARCIAL 2ª AVALIACIÓN

    Infórmase ós/ás alumnos/as de que xa poden consulta-las cualificacións obtidas no 2º parcial da 2ª avaliación (pincha aquí).

    venres, 12 de marzo de 2010

    GREGO I: NOTA INFORMATIVA SOBRE O EXAME (MOI IMPORTANTE)

    Lémbrase ás alumnas de Grego I que:
    • no exame de luns 15 se ha incluir a pregunta de tradución de texto. Os textos desta pregunta son os traducidos polas alumnas e corrixidos na aula das leccións 01 a 08.
    • a materia do exame de morfoloxía son os contidos dados na clase das leccións 01 a 09.
    • para o exame de martes 16 entran os exercicios feitos na clase ata venres 12 de marzo das leccións 01 a 09.

    mércores, 10 de marzo de 2010

    CCL 4º ESO: TRABALLO OBRIGADO Nº 16

    Tedes no voso foro os contidos do TRABALLO OBRIGADO nº 16, que debedes facer antes de luns 15 de marzo.

    venres, 5 de marzo de 2010

    LATÍN I: SAÍDA Ó TEATRO MARTES 09 DE MARZO

    Lémbrase ás alumnas de Latín I que para poderen asistir ó teatro o martes 09 de marzo é preciso que entreguen previamente a autorización asinada polos seus titores legais. De non ser así, lémbrase que a/as alumna/as non poderá/n asistir á representación teatral.

    xoves, 18 de febreiro de 2010

    LATÍN II: RECORDATORIO DE CONTROL DE LECTURA

    Lémbrase ós/ás alumnos/as de Latín II que mañá venrés se realizará a proba de lectura da comedia Anfitrión de Plauto, como estaba previsto.

    martes, 16 de febreiro de 2010

    GREGO I: CUALIFICACIÓNS 1º PARCIAL 2ª AVALIACIÓN

    Informamos ás alumnas de Grego I de que xa poden ve-las cualificacións acadadas no 1º parcial da 2ª avaliación (para ve-las cualificacións pincha AQUÍ ou na ligazón correspondente na páxina de Grego I).

    venres, 12 de febreiro de 2010

    LATÍN I: CUALIFICACIÓNS 1º PARCIAL 2ª AVALIACIÓN

    As alumnas de Latín I xa poden acceder ás súas cualificacións do 1º parcial da 2ª avaliación pinchando nesta ligazón

    CUALIFICACIÓNS

    ou ben dende a ligazón "cualificacións" do menú da páxina web de latín I.

    LATÍN II: MODIFICACIÓN DATA CONTROL DE LECTURA

    Lémbrase ós/ás alumnos/as que o test de lectura da obra Anfitrión de Plauto queda posposto para venres 19 de febreiro.
    Lémbraselles tamén que teñen a guía de lectura e o cuestionario correspondente á súa disposición dende o día 30 de decembro de 2009 (accesible dende a súa conta de SLIDESHARE).

    luns, 8 de febreiro de 2010

    CCl 4º ESO: Traballo final sobre a lección 2ª.

    Ola, xa tedes no foro o guión cos contidos e requisitos que teñen que presenta-los traballos finais sobre a lección 2ª.

    LATÍN II: CUALIFICACIÓNS 1º PARCIAL 2ª AVALIACIÓN

    Infórmase ós/ás alumnos/as de que xa poden ve-las cualificacións do 1º parcial da 2ª avaliación pinchando na seguinte ligazón

    CUALIFICACIÓNS

    ou ben dende a ligazón permanente da súa páxina web.

    LATÍN II: CUALIFICACIÓNS 1º PARCIAL 2ª AVALIACIÓN

    Xa se poden ver as cualificacións do 1º parcial da 2ª avaliación (pinchade na ligazón).

    venres, 5 de febreiro de 2010

    GREGO I: DATA FINAL PARA ENTREGA TRABALLO DE CURSO

    A data final para a entrega do traballo proposto ás alumnas para o presente curso queda fixada para o luns 12 de abril de 2010. Lémbrase que o traballo será avaliado segundo o establecido no guión orientativo.

    xoves, 4 de febreiro de 2010

    LATÍN I E GREGO I: MODIFICACIÓN DATAS 2º PARCIAL 2ª AVALIACIÓN

    Infórmase ás alumnas de Latín e Grego I das novas datas do 2º parcial da 2ª avaliación:

    Grego I:
    1ª parte: luns 15 de marzo de 2010.
    2ª parte: martes 16 de marzo de 2010.

    Latín I:
    1ª parte: mércores 17 de marzo de 2010.
    2ª parte: xoves 18 de marzo de 2010.

    Lémbrase:
    1.que estas modificacións se fan para adapta-las datas da avaliación á excursión dos/as alumnos/as de 1º de Bacharelato.
    2. que estas datas son as definitivas.

    mércores, 27 de xaneiro de 2010

    GREGO I: MODIFICACIÓN DATA 2º PARCIAL 2ª AVALIACIÓN

    Comunícase ás alumnas de Grego I que a 1ª parte do 2º parcial da 2ª avaliación hase realizar xoves 18 de marzo, por se-lo venres 19 día festivo.

    CCL: Material clase venres 29 de xaneiro.

    Lémbrase ós/ás alumnos/as de Cultura Clásica de 4º de ESO que é preciso que traian a clase o libro de texto o vindeiro venres 29 de xaneiro, para que poidan inicia-la elaboración da actividade obrigada nº 11 (véxase o contido no foro).

    mércores, 13 de xaneiro de 2010

    LATÍN II: AFORISMOS E FRASES LATINAS

    Infórmase ós/ás alumnas de Latín II de que para o 1º parcial da 2ª avaliación (previsto para o xoves 4 de febreiro) xa entrará o último grupo de aforismos e frases latinas (dende "non plus ultra" ata o final). Ó igual ca na 1ª avaliación, os/as alumnos/as deberán presentar por escrito un exercicio consistente en utilizar cada un deses aforismos e frases latinas nun contexto axeitado. Prégase que os exemplos sexan claros. O traballo hase presentar escrito a man, será individual, e a data tope de entrega será o xoves 4 de febreiro.

    Lémbrase que a listaxe de topónimos entra completa. 

    luns, 11 de xaneiro de 2010

    LATÍN II: Test de lectura do Anfitrión de Plauto

    Infórmase ós/ás alumnos/as de que o test da lectura Anfitrión de Plauto se realizará o venres 12 de febreiro. Lémbrase ós/ás alumnas que esta é a última lectura obrigada do curso.

    LATÍN II: ENTREGA RESUMO + PRESENTACIÓN SOBRE A ORATORIA

    Infórmase ós/ás alumnos/as de que o vindeiro venres 22 de xaneiro é a data límite para a entrega dos resumos e presentacións da oratoria latina.

    Lémbrase tamén ós/ás alumnas que non subiron aínda as presentacións do tema de historiografía ó SLIDESHARE que o fagan antes de que remate esta semana.

    LATÍN II: TEST DA LECTURA DE ORATORIA

    Lémbrase ós/ás alumnos/as que o vindeiro martes 19 de xaneiro realizarase o test da lectura de oratoria (breves discursos de Calgaco e Agrícola tomados do Agrícola de Tácito).

    CULTURA CLÁSICA 4º ESO: POSTA Ó DÍA EN ACTIVIDADES

    Por favor, dende a vosa páxina web mirade o estado das tarefas e poñédevos ó día. Lembrade que a data máxima para manda-la actividade 009 é xoves 14 de xaneiro. Recordade que os requisitos da actividade 009 están especificados no foro.