O horario establecido polo centro para as clases de preparación de selectividad de Latín II é os xoves 03 e 10 de xuño a 1ª hora (08:30). Na sesión de xoves 03 de xuño a programación de aula é a seguinte: 1.remata-la corrección do texto pendente da última sesión. 2.seguir coa tradución do texto 31 de Eutropio. Durante as tres primeiras semanas de xuño, agás mércores, o resto dos días o profesor segue estando á disposición dos/as alumnos/as na hora de clase. Tamén estou a vosa disposición a través do correo electrónico, onde me podedes deixar traducións para corrixir ou expoñer dúbidas. Finalmente, prégase que, se algún de vos non vai vir este xoves, mo comuniquedes. |
Blog do departamento de latín e grego do IES Espiñeira de Boiro (A Coruña). A función deste blog é a de servir de taboleiro de novidades e avisos para os/as alumnos/as de latín e grego. Lémbrase que anteriormente serviu de taboleiro para o departamento de latín dos seguintes centros: IES El Carmen de Cazalla de la Sierra, Sevilla (cursos 2007-2009); IES da Terra Chá de Castro de Rei, Lugo (cursos 2009-2011).
luns, 31 de maio de 2010
LATÍN II: CLASES DO MES DE XUÑO
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario