Trala realización do 1º parcial da 3ª avaliación e de tres probas de tradución neste mes de maio, tendo en conta o traballo e adicación á asignatura mostrada por algúns alumnos/as, e en aplicación dos criterios de avaliación recollidos na programación, este departamento resolve: 1. que os seguintes alumnos/as obteñen a seguinte cualificación final na asignatura de Latín II: Diego García: APROBADO (5) Lara Lozano: NOTABLE (8) Alba Trashorras: NOTABLE (7) 2. que os/as alumnos/as mencionados/as na listaxe anterior poden e deben face-las probas pendentes para subiren nota. 3. que os/as alumnos/as non mencionados na listaxe anterior teñen que face-las probas pensentes na súa integridade, para poderen ser avaliados segundo o establecido na programación. Lémbrase, finalmente, que os alumnos/as mencionados/as na listaxe anterior non quedan exentos de asistir a clase. |
Blog do departamento de latín e grego do IES Espiñeira de Boiro (A Coruña). A función deste blog é a de servir de taboleiro de novidades e avisos para os/as alumnos/as de latín e grego. Lémbrase que anteriormente serviu de taboleiro para o departamento de latín dos seguintes centros: IES El Carmen de Cazalla de la Sierra, Sevilla (cursos 2007-2009); IES da Terra Chá de Castro de Rei, Lugo (cursos 2009-2011).
mércores, 12 de maio de 2010
LATÍN: CUALIFICACIÓNS FINAIS
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario