domingo, 24 de abril de 2011

GREGO I: PLANIFICACIÓN DE FIN DE CURSO

Para poder compensar o retraso que se produciu no mes de abril no desenvolvemento do programa, infórmovos dalgunhas modificacións no desenvolvemento da asignatura:
  • TRABALLO NA AULA: a partir da sección beta da lección 10, deixaremos de le-los textos das leccións en clase, pasando directamente á explicación da teoría e realización das actividades na aula.
  • PROGRAMACIÓN: aínda que na programación estaba prevista a realización dunha segunda lectura (ademais de Homero) e dun traballo persoal por parte de cada alumno/a, non se vai esixir a realización de ningunha destas dúas actividades por non dispoñer do tempo preciso para o seu axeitado desenvolvemento na aula.
  • EXAMES:
    • PARCIAL:
      • xoves 26 de maio (+ RECREO): morfoloxía + traducción (+ relectio).
    • EXAME FINAL:
      • martes 21 de xuño: exame final de morfoloxía.
      • xoves 23 de xuño (+ RECREO): exame final de traducción + relectio.

GREGO II: TEST DE LECTURA ILÍADA XVI, XXII

Infórmovos que para a realización deste test de lectura colleremos algúns minutos do recreo de martes 26 de abril.

LATÍN I: PLANIFICACIÓN PARA FIN DE CURSO

A planificación para a materia de Latín I para fin de curso é a seguinte:
  • CLASE DE RECUPERACIÓN: para poder recupera-las clases da semana do 11 ao 15 de abril, teremos que marcar un día no que teremos clase pola tarde. A idea é que esta sesión de recuperación se faga ben martes 03 de maio, ben xoves 05 de maio.
  • PROBAS DOS PENSA: debido ao retraso que xa levabamos na explicación da materia, de agora en diante tódalas probas dos PENSA e as súas correccións habémo-las facer durante os recreos.
  • EXAMES: os exames de morfoloxía e análise sintáctica de Latín I serán en principio:
    • martes 24 de maio (collerémo-lo recreo);
    • mércores 22 de xuño (faremos parte da proba durante o recreo e parte na nosa hora de clase).

LATÍN II: PLANIFICACIÓN FINAL DE CURSO

A planificación para o fin de curso de Latín II é a seguinte:
  • CLASES DE RECUPERACIÓN: en principio o xoves 28 teremos clase pola tarde para recuperármo-las horas da semana do 11 ao 15 de abril.
  • MORFOLOXÍA: o primeiro que faremos a semana do 26 ao 29 de abril será remata-la morfoloxía e sintaxe pendente. O exame final de morfoloxía e relectio está marcado para luns 23 de maio. Sen embargo non descarto a posibilidade de ofrece-la posibilidade de facer este exame antes de modo voluntario.
  • LITERATURA: está pendente realiza-lo exame de lírica, que tiña como data marcada venres 29 de abril, pero que pode ser modificada (ou 28 pola tarde, ou 2 de maio no recreo).
  • TEXTOS: 
    • os martes 03, 10 e 24 de maio hanse realizar exames de textos de Eutropio seguindo o modelo da proba da PAAU. Estas probas son exames que serán tidos en conta á hora de establece-la cualificación da avaliación.
    • Ademais destes exames, segundo se vaia desenvolvendo o traballo en clase nestas últimas semanas, non descarto poñer máis probas deste tipo.
    • RELECTIO: a proba de relectio hase facer xunto coa proba de morfoloxía do día 23 de maio. Sen embargo, non descarto ofrece-la posibilidade de facer esta proba antes de modo voluntario.
  • LECTURAS: durante a semana do 26 ao 29 de abril recolleránse as preguntas que acompañaban á lectura das fábulas de Fedro, e que se tiñan que recoller mércores 13 de abril. Este é o último traballo deste apartado. Dos libros restantes de Fedro hásevos entrega-lo material de lectura (texto e test), pero non será obrigada a súa entrega.

luns, 11 de abril de 2011

MOI IMPORTANTE: TRABALLO PARA A SEMANA DO 11 A 15 DE ABRIL

Os/as alumnos/as de Latín II, Latín I, Grego I e Cultura Clásica de 4º de ESO realizarán durante a semana do 11 a 15 de abril a seguinte tarefa:

  • Guión de tarefas para tódolos grupos (pinchade aquí)
  • Textos para as alumnas de Latín II: texto 12_02; 13_01; 14.

MOI IMPORTANTE: este traballo debe ser entregado como se di no guión e é OBRIGATORIO.