mércores, 30 de decembro de 2009

LATÍN II: GUÍA DE LECTURA DO ANFITRIÓN DE PLAUTO

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que xa poden acceder á guía de lectura da comedia Anfitrión de Plauto. Han atopa-la ligazón no grupo de Latín II de Slideshare.

xoves, 24 de decembro de 2009

LATÍN II: TEXTO DE LECTURA DA COMEDIA ANFITRIÓN DE PLAUTO

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que o texto recomendado para a lectura da comedia Anfitrión de Plauto é o recollido na páxina web de Latín II deste departamento, no apartado de textos na internet. (Para accederdes directamente ó texto pinchade aquí).

Para poderdes descarga-lo texto en formato pdf é preciso que abrades unha conta no servidor SCRIBD. Unha vez feito isto só tedes que clicar en DOWNLOAD e escoller versión en formado pdf. De todos modos, ó regreso do nadal hase proporcionar unha copia en papel.

Tamén aproveito para vos recomendar que leáde-la introdución que precede ó texto (evidentemente a lectura que tedes que facer é da versión en castelán tan só), pois dá moitísima información e moi interesante para saber máis cousas sobre o teatro latino.

mércores, 23 de decembro de 2009

LATÍN I: CUALIFICACIÓNS DEFINITIVAS

Infórmase ás alumnas de Latín I de que xa poden consulta-las cualificacións definitivas da 1ª avaliación (lémbraselles que as do boletín eran provisionais).

LATÍN II: ACLARACIÓN CUALIFICACIÓNS DA 1ª AVALIACIÓN

Infórmase ós/ás alumnas de Latín II de que xa poden consulta-la listaxe definitiva das cualificacións da 1ª avaliación. Lémbraselles que a cualificación tida en conta para determina-la cualificación do boletín é a mellor entre o resultado da media ponderada entre o 1º e o 2º parcial, e o resultado do 2º parcial (coas limitacións e salvedades establecidas na programación).

domingo, 20 de decembro de 2009

LATÍN II: CORRECCIÓNS PRESENTACIÓNS DE HISTORIOGRAFÍA

Prégase ós/ás alumnos/as de Latín II que fagan as correccións nas presentacións de Historiografía o antes posible e que suban os arquivos corrixidos á súa conta de SLIDESHARE. Os resumos corrixidos hanse devolver na clase do martes 22 de decembro.

xoves, 17 de decembro de 2009

LATÍN I: CUALIFICACIÓNS DA 1ª AVALIACIÓN

Debido a que o día 16 de decembron as clases foron suspendidas en todo o territorio de Galicia, e que as alumnas de Latín I non asistiron a clase o xoves 17 por estaren nunha actividade extraescolar, non se pode realizar a 2ª parte do 2º parcial da 1ª avaliación antes da sesión de avaliación, que se celebrará hoxe 17 pola tarde. Así pois este departamento decide:

1. que as cualificacións que aparecerán no boletín hanse establecer segundo a seguinte fórmula: [(cualificación 1º parcial)+(cualificación 1ª parte do 2º parcial x 2)]/3.

2. que a segunda parte do segundo parcial da 1ª avaliación hase realizar luns 21 de decembro na hora de clase.

3. que a cualificación da 1ª avaliación válida será a que resulte da aplicación da fórmula establecida na programación sobre a totalidade do 2º parcial.

martes, 15 de decembro de 2009

LATÍN I: NOVA DATA PARCIAL

Infórmase ás alumnas de Latín I que o exame previsto para mércores día 16 de decembro hase realizar o seguinte día de clase, xoves 17 de decembro ou luns 21 de decembro (a data depende de que as alumnas realicen ou non a viaxe que tiñan prevista para os días 17 e 18 de decembro).

LATÍN II: SUSPENSIÓN DE CLASES MÉRCORES 16 DE DECEMBRO DE 2009

A consellería de educación ven de informar de que mañá mércores 16 de decembro quedan suspendidas as clases en todos os IES de Galicia. Así pois, o exame de Latín II previsto para mañá mércores hase realizar xoves 17 de decembro na hora de clase.

(Anuncio da consellería)

De todos modos, prégase ós/ás alumnos/as que revisen este taboleiro por se se producira algúnha modificación de última hora.

luns, 14 de decembro de 2009

GREGO I: CUALIFICACIÓNS 2º PARCIAL 1ª AVALIACIÓN

Infórmase ás alumnas de Grego I de que xa poden consulta-las cualificacións do 2º parcial da 1ª avaliación (tamén accesibles dende a ligazón da súa páxina web).

LATÍN II: MATERIAIS PARA A ORATORIA ROMANA

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que dende a súa conta de Slideshare, accedendo ó grupo de Latín II, poden acceder tanto á guía de lectura e cuestionario dos discursos dos capítulos 29-34 do Agrícola de Tácito, coma a outra tradución.

venres, 11 de decembro de 2009

LATÍN II: NOVA RECURSO PARA TRABALLA-LAS LOCUCIÓNS E AFORISMOS LATINOS

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que para consulta-lo significado e USO das lucucións e aforismos latinas poden visita-las seguintes páxinas:

http://enciclopedia.us.es/index.php/Locuciones_latinas

http://es.wikipedia.org/wiki/Categor%C3%ADa:Expresiones_latinas_usadas_en_Derecho

A este recurso tamén se pode acceder dende a súa páxina web.

martes, 8 de decembro de 2009

LATÍN II: POSIBLE MODIFICACIÓN DATAS EXAMES DECEMBRO

Recórdase ós/ás alumnos/as de Latín II que o segundo parcial da 1ª avaliación está previsto para as seguintes datas:

  • venres 11 de decembro: morfoloxía + relectio
  • martes 15 de decembro: texto máis cuestións de topónimos, latinismos e compostos latinos.

Sen embargo, infórmase ós/ás alumnos/as de que para o departamento non suporía atranco ningún retrasar unha data cada exame, de modo que o calendario fose o seguinte:

  • martes 15 de decembro: morfoloxía + relectio
  • mércores 16 de decembro: tradución de texto de Eutropio con dicionario, máis cuestións de topónimos, latinismos e compostos latinos.

Esta modificación é posible debido ás datas das avaliacións. Na clase de mércores 9 de decembro adicaránse uns minutos a esta cuestión, pero prégase ós/ás alumnos/as que xa teñan unha opinión ó respecto.

mércores, 2 de decembro de 2009

LATÍN II: CUALIFICACIÓNS DO TEXTO 007 E DO TEST DE LECTURA DE TITO LIVIO

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que xa poden ve-las cualificacións do texto 007 e da proba da lectura de Tito Livio dende a páxina web de Latín II.

__________________________________________________
Correo Yahoo!
Espacio para todos tus mensajes, antivirus y antispam ¡gratis!
Regístrate ya - http://correo.yahoo.es