mércores, 30 de marzo de 2011

CULTURA CLÁSICA: REDACCIÓN SOBRE A DEMOCRACIA

Como se anunciou na clase, tedes que elaborar unha breve redacción sobre a democracia. Os requisitos do traballo e a data de entrega están aquí.

luns, 14 de marzo de 2011

CULTURA CLÁSICA: ENTREGA DE LIBRETAS PARA 2ª AVALIACIÓN

Infórmase aos/ás alumnos/as de cultura clásica que luns 21 de marzo, cando remate a clase, hanse recolle-las libretas da asignatura, para proceder á súa avaliación.

xoves, 3 de marzo de 2011

CULTURA CLÁSICA: ENTREGA DE PRESENTACIÓS DA LECCIÓN 02!

Entregaron a presentación da lección 02 dentro de prazo os/as seguintes alumnos/as: Jennifer, Rosana, Nicolás, Diego, Nerea e Borja. Se algún/algunha alumno/a que entregou o traballo non está nesta listaxe, faga o favor de se poñer en contacto comigo.

Os/as alumnos/as que por careceren de acceso a internet non as puideron entregar, poderán face-lo na clase de martes 15 marzo na aula de audiovisuais 02. 

Aqueles/as alumnos/as que teñen acceso a internet e non subiron os traballos deben facelo o antes posible porque xa están FÓRA DE PRAZO.