martes, 17 de xuño de 2014

domingo, 15 de xuño de 2014

LATÍN I CONTIDOS EXAME SETEMBRO CURSO 2013-14

ASUNTO: Exame de setembro de Latín I
ESTADO: Provisional

Os/as alumnos/as que suspendan a materia de Latín I en xuño terán que facer unha proba de recuperación en setembro que poderá constar das seguintes partes:

  • apartado de morfoloxía nominal e verbal. 
    • Os contidos e o modelo de exame poderán ser os mesmos cós da 3ª avaliación, pero caben pequenas modificacións de detalle. 
    • Os criterios de avaliación serán os mesmos, precisándose un 80% da puntuación total para o poder aprobar.
    • Ligazóns aos modelos:
  • apartado de PENSA. Os/as alumnos terán que preparar os pesa A e B dos capítulos XII a XV, ambos incluídos.
  • apartado de tradución. Os/as alumnos/as traducirán un fragmento de texto do nivel dos capítulos XIV-XV do libro de texto.
  • apartado de lecturas. Os/as alumnos/as terán que facer durante o verán os cuestionarios de lectura dos libros de Eutropio que non fixeron durante o curso, tendo en conta:
    • que deben superar, como mínimo, 4 dos cuestionarios
    • que se deben facer por vía telemática. As ligazóns estarán dispoñibles dende a aplicación EDMODO e máis neste taboleiro (pincha aquí para ires aos cuestionarios)
MOITO IMPORTANTE: non todos/as os/as alumnos/as terán que recuperar todos os contidos da materia. Cada alumno/a levará unha breve descrición por escrito dos contidos a recuperar e das partes do exame a facer.