martes, 20 de decembro de 2011

GREGO I: RECORDATORIO DE TRABALLO

Lémbroche que ao final do vindeiro mes de xaneiro tes que entrega-lo traballo de Grego I.
Un saúdo.

domingo, 4 de setembro de 2011

CULTURA CLÁSICA: ENQUISA DE PRÁCTICA DOCENTE

Na seguinte presentación achéganse os resultados da enquisa de labor docente que, coma cada ano, realizou o Departamento de Cultura Clásica. Aproveito para agradecer de novo aos/ás alumna a súa colaboración.

sábado, 27 de agosto de 2011

LATÍN I: ENQUISA DE PRÁCTICA DOCENTE

Na seguinte presentación achéganse os resultados da enquisa de labor docente que, coma cada ano, realizou o Departamento de Cultura Clásica. Aproveito para agradecer de novo aos/ás alumna a súa colaboración.


venres, 26 de agosto de 2011

LATÍN II: RESULTADOS ENQUISA LABOR DOCENTE

Na seguinte presentación achéganse os resultados da enquisa de labor docente que, coma cada ano, realizou o Departamento de Cultura Clásica. Aproveito para agradecer de novo ás alumna a súa colaboración.

martes, 14 de xuño de 2011

CCL: RECOLLIDA DE LIBRETAS

A partir de luns 20 de xuño recollo as libretas de CCl.

xoves, 9 de xuño de 2011

LATÍN I E GREGO I: PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DE EXAMES

Debido aos problemas de tempo que estamos a ter en Latín I propóñovos as seguintes modificacións no calendario de exames que temos establecido:
  • LATÍN I: teríamos un único exame final o xoves 23 que consistiría en:
    • morfoloxía
    • traducción e análise sintáctica dunhas poucas oracións seleccionadas
    • traducción dun texto non visto do nivel do último tema dado na clase
    • recuperacións parciais dalgúns dos PENSA do último trimestre.
  • GREGO I: adiantariamos os exames da seguinte maneira pero sempre dentro do horario de clase:
    • LUNS 20 de xuño: morfoloxía
    • MARTES 21 de xuño: traducción + relectio.

xoves, 2 de xuño de 2011

CCL: ACTIVIDADE 004 JCLIC

  • ACTIVIDADES DE ASOCIACIÓN:
      • ACTIVIDADES DE ASOCIACIÓN SIMPLE.
      • ACTIVIDADES DE ASOCIACIÓN COMPLEXA.
      • ACTIVIDADES DE EXPLORACIÓN
      • ACTIVIDADE DE INDENTIFICACIÓN

    • ACTIVIDADE FINAL:
      • Os/as alumnos elaboraran un novo proxecto chamado proxecto_004_NOMEDO/AALUMNO/A (exemplo: proxecto_004_roberto), que deberá te-los seguintes contidos:
        • act_000: PANTALLA DE INFORMACIÓN. Nesta pantalla debe aparecer a seguinte información: actividade 04 jclic xogos de asociación e exploración.
        • act_001: ACTIVIDADE DE EXPLORACIÓN: nesta actividade os/as alumnos/as asociarán a cada unha das principais familias de linguas indoeuropeas, unha serie de linguas modernas que pertenzan a esa familia. O obxectivo desta actividade é que os/as alumnas poidan ir asociando as familias indoeuropeas coas linguas que pertencen a elas.
        • act_002: ACTIVIDADE DE ASOCIACIÓN SIMPLE. Esta actividade consistirá en dous paneis. No panel A aparecerá coma mínimo o nome de 4 familias de linguas indoeuropeas (a saber, CELTAS, XERMÁNICAS, ESLAVAS, LATINAS, INDO-IRÁNIAS, etc.). No panel B aparecererán, en cada cadro, polo menos, tres linguas de cada unha destas familias. Para isto hai que repasa-la lección 1ª. Cada uin dos cadros do panel A deberá estar relacionado cun do panel B.
        • act_003: ACTIVIDADE DE ASOCIACIÓN COMPLEXA. Nesta actividade, no panel A, que debe ter, polo menos, dez cadros, aparecerán o nome de dez linguas indoeuropeas modernas. No panel B, como moito, poderán aparecer catro nomes de familian de linguan indoeuropeas. Os/as alumnos/as terán que ir facendo a asociación correspondente.
        • act_004: ACTIVIDADE DE IDENTIFICACIÓN: nesta actividade o panel debe conter o nome de seis linguas modernas, 5 delas indoeuropeas e unha non indoeuropea. O obxectivo desta actividade é identifica-la lingua non ie.
      • Tódalas actividades deben conter:
        • mensaxe inicial
        • mensaxe de erro
        • mensaxe final.
  • MOI IMPORTANTE: pódese mellora-lo deseño das actividades con imaxes ou audios que teñan relación cos contidos (monumentos representativos dos países onde se fala unha lingua determinada, o himno dese país, etc.) e que se poden incorporar coma contidos alternativos, segundo se viu na clase.
  • ENTREGA: por correo electrónico.
  • DATA DE ENTREGA: mércores 08 de XUÑO.
  • martes, 31 de maio de 2011

    CCL: CONVERSIÓN DE ACTIVIDADES A FORMATO JCLIC.

    Lémbrovos seguidamente o número de actividade, a páxina e o tipo de actividade JClic que cada un de vós ten que facer:
    • JENNIFER: act. 13 pax. 57 > sopa de letras
    • ROSANA: act. 20 pax. 58 > asociación simple (agás a última pregunta)
    • ESTEFANÍA: act. 19 pax. 58 > asociación simple (en dúas actividades)
    • NICOLÁS: act. 09 pax. 57 > asociación simple
    • DIEGO: act. 10 pax. 57 > asociación simple
    • BEATRIZ: 
    • ANA: act. 01 pax. 56 > asociación simple
    • KAYLIEGH:
    • NEREA: act. 03 pax. 56 > asociación simple
    • AITOR:
    • BORJA:  act. 07 pax. 56 > sopa de letras
    AVISO IMPORTANTE: cada actividade ten que ter unha mensaxe de inicio, de erro, de final etc. Procurade ser curiosos e facer este exercicio o mellor que poidades.

    MODO DE ENTREGA: CORREO ELECTRÓNICO
    DATA TOPE: MÉRCORES 8 DE XUÑO

    Para calquera dúbida poñédevos en contacto comigo.

    CCL: redacción sobre o matrimonio.

    • Guión para a elaboración da redacción sobre o matrimonio en Grecia e Roma (pincha aquí)
    • Ligazón para facerde-la redacción (pincha aquí).

    xoves, 26 de maio de 2011

    CULTURA CLÁSICA: RECORDATORIO TRABALLO PÁXINA WEB

    A data de 26 de maio aínda non recibín o correo coa ligazón para ve-las páxinas web de Borja, Kayliegh, Ana, Beatriz e Estefanía. Lémbrovos que a data final para rematar este traballo era o día 20. Prégovos que non vos retrasedes máis.

    xoves, 19 de maio de 2011

    CULTURA CLÁSICA: ACTIVIDADE DE XOGO DE MEMORIA E SOPA DE LETRAS

    XOGOS DE MEMORIA  E SOPAS DE LETRAS:
    • ACTIVIDADE FINAL:
      • Os/as alumnos elaborarán un novo proxecto chamado proxecto_003_NOMEDO/AALUMNO/A (exemplo: proxecto_003_roberto), que deberá te-los seguintes contidos:
      • act_000: PANTALLA DE INFORMACIÓN. Nesta pantalla debe aparecer a seguinte información: actividade 03 jclic xogos de memoria e sopas de letras.
      • act_001: XOGO DE MEMORIA
        • un mínimo de 6 cadros no panel.
        • a relación debe establecerse entre unha imaxe do mundo clásico e o nome da cidade ou monumento correspondente.
        • a actividade debe conter:
          • mensaxe inicial
          • mensaxe de erro
          • mensaxe final.
      • act_002: SOPA DE LETRAS.
        • Esta actividade conterá unha sopa de letras nos que se teñan que buscar os seis nomes utilizados na act_001, e onde irán aparecendo as imaxes correspondentes cando se marque a palabra correspondente na sopa. Se se quere pódense utilizar outras imaxes e nomes distintos aos da act_001, pero sempre referidos ao mundo clásico.
        • a actividade debe conter:
          • mensaxe inicial
          • mensaxe de erro
          • mensaxe final.
      • En ambalasdúas actividades os contadores de tempo, intentos, etc. estarán dispostos ao gusto do/a alumno/a, pero tendo en conta que deben ser unha programación que permita realiza-la actividade.
      • MOI IMPORTANTE: os/as alumnas poden, se queren, utiliza-las imaxes que se empregaron para a actividade que se fixo na clase o mércores 18 de maio.
      • ENTREGA: por correo electrónico.
      • DATA DE ENTREGA: mércores 25 de maio.

    mércores, 11 de maio de 2011

    CULTURA CLÁSICA: TRABALLO QUEBRACABEZAS JCLIC

    ACTIVIDADE FINAL QUEBRACABEZAS: cada alumno creará un proxecto novo que se chamará proxecto_002_NOMEALUMNO/A (exemplo: proxecto_002_roberto). Este proxecto deberá conte-las seguintes actividades:
    • act_000: pantalla de información (pode ser a da actividade anterior)
    • act_001 : quebracabazas dobre.
    • act_002 : quebracabezas dobre con retrincos.
    • act_003 : quebracabezas de intercambio.
    • act_004 : quebrazabezas de intercambio con texto.
    • act_005 : quebracabezas de burato.
    • Para realizaren estas actividades os/as alumnos/as poderán utiliza-las imaxes que queiran, pero recoméndase que sexan imaxes pouco "pesadas".
    • Cada actividade debe conter unha mensaxe inicial, unha mensaxe de erro e unha mensaxe final.
    • Os contadores deben estar activados en cada actividade, puidendo estar limitado o número de acertos ou o tempo que se pode adicar a resolve-lo quebracabezas.

    • MODO DE ENTREGA: POR CORREO ELECTRÓNICO.
    • DATA TOPE: MÉRCORES 18 DE MAIO.

    xoves, 5 de maio de 2011

    CULTURA CLÁSICA: ACTIVIDADE PANTALLA DE INFORMACIÓN

    • :) feliz 
    • Os/as alumnos/as deben crear un proxecto (proxecto_001_MAIS NOME DO ALUMNO; por exemplo, proxecto_001_roberto), que debe conter unha actividade (001_info), esta actividade debe ser do tipo PANTALLA DE INFORMACIÓN. Nesta pantalla de información o panel debe conte-la imaxe curso.gif. A xanela principal debe conter a imaxe curso2.gif, e presentar modificacións a gusto do/a alumno/a. Debe aparecer unha mensaxe inicial, na que se inclúa o texto "actividades da 1ª parte" e a imaxe curso2.gif.
    • No momento de crea-lo proxecto os/as alumnas deben introduci-la información que se pide nos apartados descripción, creación, descriptores, etc.
    • DATA DE ENTREGA: O ÚLTIMO DÍA SERÁ MÉRCORES 11 DE MAIO.
    • MODO: POR CORREO ELECTRÓNICO.

    domingo, 1 de maio de 2011

    LATÍN II: TEXTOS PARA PROBA DE RELECTIO

    Os textos que entrarán na proba de RELECTIO son os comprendidos entre o 001 e o 013_01, ambos incluídos. 

    domingo, 24 de abril de 2011

    GREGO I: PLANIFICACIÓN DE FIN DE CURSO

    Para poder compensar o retraso que se produciu no mes de abril no desenvolvemento do programa, infórmovos dalgunhas modificacións no desenvolvemento da asignatura:
    • TRABALLO NA AULA: a partir da sección beta da lección 10, deixaremos de le-los textos das leccións en clase, pasando directamente á explicación da teoría e realización das actividades na aula.
    • PROGRAMACIÓN: aínda que na programación estaba prevista a realización dunha segunda lectura (ademais de Homero) e dun traballo persoal por parte de cada alumno/a, non se vai esixir a realización de ningunha destas dúas actividades por non dispoñer do tempo preciso para o seu axeitado desenvolvemento na aula.
    • EXAMES:
      • PARCIAL:
        • xoves 26 de maio (+ RECREO): morfoloxía + traducción (+ relectio).
      • EXAME FINAL:
        • martes 21 de xuño: exame final de morfoloxía.
        • xoves 23 de xuño (+ RECREO): exame final de traducción + relectio.

    GREGO II: TEST DE LECTURA ILÍADA XVI, XXII

    Infórmovos que para a realización deste test de lectura colleremos algúns minutos do recreo de martes 26 de abril.

    LATÍN I: PLANIFICACIÓN PARA FIN DE CURSO

    A planificación para a materia de Latín I para fin de curso é a seguinte:
    • CLASE DE RECUPERACIÓN: para poder recupera-las clases da semana do 11 ao 15 de abril, teremos que marcar un día no que teremos clase pola tarde. A idea é que esta sesión de recuperación se faga ben martes 03 de maio, ben xoves 05 de maio.
    • PROBAS DOS PENSA: debido ao retraso que xa levabamos na explicación da materia, de agora en diante tódalas probas dos PENSA e as súas correccións habémo-las facer durante os recreos.
    • EXAMES: os exames de morfoloxía e análise sintáctica de Latín I serán en principio:
      • martes 24 de maio (collerémo-lo recreo);
      • mércores 22 de xuño (faremos parte da proba durante o recreo e parte na nosa hora de clase).

    LATÍN II: PLANIFICACIÓN FINAL DE CURSO

    A planificación para o fin de curso de Latín II é a seguinte:
    • CLASES DE RECUPERACIÓN: en principio o xoves 28 teremos clase pola tarde para recuperármo-las horas da semana do 11 ao 15 de abril.
    • MORFOLOXÍA: o primeiro que faremos a semana do 26 ao 29 de abril será remata-la morfoloxía e sintaxe pendente. O exame final de morfoloxía e relectio está marcado para luns 23 de maio. Sen embargo non descarto a posibilidade de ofrece-la posibilidade de facer este exame antes de modo voluntario.
    • LITERATURA: está pendente realiza-lo exame de lírica, que tiña como data marcada venres 29 de abril, pero que pode ser modificada (ou 28 pola tarde, ou 2 de maio no recreo).
    • TEXTOS: 
      • os martes 03, 10 e 24 de maio hanse realizar exames de textos de Eutropio seguindo o modelo da proba da PAAU. Estas probas son exames que serán tidos en conta á hora de establece-la cualificación da avaliación.
      • Ademais destes exames, segundo se vaia desenvolvendo o traballo en clase nestas últimas semanas, non descarto poñer máis probas deste tipo.
      • RELECTIO: a proba de relectio hase facer xunto coa proba de morfoloxía do día 23 de maio. Sen embargo, non descarto ofrece-la posibilidade de facer esta proba antes de modo voluntario.
    • LECTURAS: durante a semana do 26 ao 29 de abril recolleránse as preguntas que acompañaban á lectura das fábulas de Fedro, e que se tiñan que recoller mércores 13 de abril. Este é o último traballo deste apartado. Dos libros restantes de Fedro hásevos entrega-lo material de lectura (texto e test), pero non será obrigada a súa entrega.

    luns, 11 de abril de 2011

    MOI IMPORTANTE: TRABALLO PARA A SEMANA DO 11 A 15 DE ABRIL

    Os/as alumnos/as de Latín II, Latín I, Grego I e Cultura Clásica de 4º de ESO realizarán durante a semana do 11 a 15 de abril a seguinte tarefa:

    • Guión de tarefas para tódolos grupos (pinchade aquí)
    • Textos para as alumnas de Latín II: texto 12_02; 13_01; 14.

    MOI IMPORTANTE: este traballo debe ser entregado como se di no guión e é OBRIGATORIO.

    mércores, 30 de marzo de 2011

    CULTURA CLÁSICA: REDACCIÓN SOBRE A DEMOCRACIA

    Como se anunciou na clase, tedes que elaborar unha breve redacción sobre a democracia. Os requisitos do traballo e a data de entrega están aquí.

    luns, 14 de marzo de 2011

    CULTURA CLÁSICA: ENTREGA DE LIBRETAS PARA 2ª AVALIACIÓN

    Infórmase aos/ás alumnos/as de cultura clásica que luns 21 de marzo, cando remate a clase, hanse recolle-las libretas da asignatura, para proceder á súa avaliación.

    xoves, 3 de marzo de 2011

    CULTURA CLÁSICA: ENTREGA DE PRESENTACIÓS DA LECCIÓN 02!

    Entregaron a presentación da lección 02 dentro de prazo os/as seguintes alumnos/as: Jennifer, Rosana, Nicolás, Diego, Nerea e Borja. Se algún/algunha alumno/a que entregou o traballo non está nesta listaxe, faga o favor de se poñer en contacto comigo.

    Os/as alumnos/as que por careceren de acceso a internet non as puideron entregar, poderán face-lo na clase de martes 15 marzo na aula de audiovisuais 02. 

    Aqueles/as alumnos/as que teñen acceso a internet e non subiron os traballos deben facelo o antes posible porque xa están FÓRA DE PRAZO.

    venres, 18 de febreiro de 2011

    LATÍN I + LATÍN II: CAMBIO DATA EXAME!

    O test de lectura do libro X de Eutropio previsto para luns 21 de febreiro, hase realizar martes 22 de febreiro.

    luns, 7 de febreiro de 2011

    CULTURA CLÁSICA: TRABALLO PERSOAL LECCIÓN 02


    Guía dos traballos que debedes facer para avalia-los contidos da lección 02 de Cultura Clásica.


    xoves, 20 de xaneiro de 2011

    GREGO I: DATAS 2º PARCIAL DA 2ª AVALIACIÓN

    • Xoves 24 de marzo de 2011: 1ª parte do 2º parcial da 2ª avaliación.
    • Venres 25 de marzo de 2011: 2ª parte do 2º parcial da 2ª avaliación.

    LATÍN I: DATAS DE 2º PARCIAL DA 2ª AVALIACIÓN

    • 1ª parte do segundo parcial da 2ª avaliación: luns 28 de marzo de 2011.
    • 2ª parte do segundo parcial da 2ª avaliación: martes 29 de marzo de 2011.

    luns, 10 de xaneiro de 2011

    LATÍN I: CALENDARIO DA 2ª AVALIACIÓN

    Calendario para a 2ª avaliación. Está pendente de determina-la data do 2º parcial da avaliación.
    • 21-01-2011 (venres). 
      • TEST de lectura de Eutropio, libros IV e V.
    • 31-01-2011 (luns).
      • TEST de lectura de Eutropio, libros VI e VII.
    • 08-02-2011 (martes)
      • 1ª parte do 1º parcial da 2ª avaliación.
    • 09-02-2011 (mércores)
      • 2ª parte do 1º parcial da 2ª avaliación
    • 14-02-2011 (luns)
      • TEST de lectura de Eutropio, libros VIII-IX
    • 21-02-2011 (luns)
      • TEST de lectura de Eutropio, libro X
    • PENDENTE as datas do exame final da 2ª avaliación.

    LATÍN II: CALENDARIO DA 2ª AVALIACIÓN (revisado)



    Calendario revisado da 2ª avaliación, no que se ten en conta que as alumnas non asistirán a clase os días 4 (venres) e 7 (luns) de febreiro.
    • 18-01-2011 (martes). EXAME de literatura latina: HISTORIOGRAFÍA e ÉPICA.
    • 21-01-2011 (venres). 
      • ENTREGA de resumo e presentación sobre o TEATRO.
      • TEST de lectura de Eutropio, libros IV e V.
    • 28-01-2011 (venres).
      • ENTREGA da 2ª parte do traballo sobre AFORISMOS E FRASES LATINAS.
      • TEST de lectura de Anfitrión de Plauto.
    • 31-01-2011 (luns).
      • TEST de lectura de Eutropio, libros VI e VII.
    • 01-02-2011 (martes)
      • 1ª parte do 1º PARCIAL da 2ª avaliación. 
    • 02-02-2011 (mércores)
      • 2ª parte do 1º PARCIAL da 2ª avaliación.
    • 03-02-2011 (xoves)
      • ENTREGA da 2ª parte do traballo sobre TOPONIMIA.
    • 11-02-2011 (venres)
      • ENTREGA da 2ª parte do traballo sobre PREFIXOS E DERIVACIÓN LATINA.
    • 14-02-2011 (luns)
      • TEST de lectura de Eutropio, libros VIII-IX
    • 21-02-2011 (luns)
      • TEST de lectura de Eutropio, libro X
    • 14-03-2011 (luns)
      • 1ª parte do 2º PARCIAL da 2ª avaliación.
    • 15-03-2011 (martes)
      • 2ª parte  do 2º PARCIAL da 2ª avaliación.


    GREGO I: CALENDARIO 2ª AVALIACIÓN

    MOI IMPORTANTE: Neste calendario está aínda sen coloca-lo 2º parcial da 2ª avaliación, que se ha fixar nos próximos días.

    • 21-01-2011 venres. TEST de lectura dos CANTOS I e VI da Ilíada de Homero. 
    • 10-02-2011 xoves. 1ª parte do 1º PARCIAL  da 2ª avaliación.
    • 11-02-2011 venres. 2ª parte do 1º PARCIAL  da 2ª avaliación. 
    • 2º PARCIAL da 2ª avaliación: PENDENTE DE DATA.

    domingo, 9 de xaneiro de 2011

    LATÍN II: CALENDARIO DA 2ª AVALIACIÓN

    Neste calendario falta marca-lo 2º parcial da 2ª avaliación e algunhas entregas e probas de literatura latina que se irán marcando segundo se vaian explicando. 
    • 18-01-2011 (martes). EXAME de literatura latina: HISTORIOGRAFÍA e ÉPICA.
    • 21-01-2011 (venres). 
      • ENTREGA de resumo e presentación sobre o TEATRO.
      • TEST de lectura de Eutropio, libros IV e V.
    • 28-01-2011 (venres).
      • ENTREGA da 2ª parte do traballo sobre AFORISMOS E FRASES LATINAS.
      • TEST de lectura de Anfitrión de Plauto.
    • 31-01-2011 (luns).
      • TEST de lectura de Eutropio, libros VI e VII.
    • 04-02-2011 (venres)
      • ENTREGA da 2ª parte do traballo sobre TOPONIMIA.
    • 07-02-2011 (luns)
      • 1ª parte do primeiro PARCIAL da 2ª AVALIACIÓN: morfoloxía e relectio.
    • 08-02-2011 (martes)
      • 2ª parte do primeiro PARCIAL da 2ª AVALIACIÓN: traducción, análise, frases latinas, topónimos e derivación.
    • 11-02-2011 (venres)
      • ENTREGA da 2ª parte do traballo sobre PREFIXOS E DERIVACIÓN LATINA.
    • 14-02-2011 (luns)
      • TEST de lectura de Eutropio, libros VIII-IX
    • 21-02-2011 (luns)
      • TEST de lectura de Eutropio, libro X