Este departamento dispón que o exame de setembro constará das seguintes partes: 1. Morfoloxía: proba que seguirá o modelo das probas realizadas durante o curso, pero coa seguinte modificación: queda excluída a pregunta relativa á identificación das construcións explicadas en oracións feitas na clase. Lémbrase que é preciso obter polo menos 4 puntos sobre 10 para poder facer media e aproba-la asignatura. 2. Tradución: a proba de tradución seguirá o modelo das probas feitas durante o curso. Ademais engadirase unha pregunta sobre literatura (na que o/a alumno/a pode escoller unha de dúas opcións propostas), para que os/as alumnos/as que queiran poidan mellora-la cualificación do apartado de literatura (gárdase do curso o 0,75 obtido pola elaboración dos resumos e presentacións). 3. RELECTIO: na proba de setembro non haberá proba de relectio. Se houbera calquera dúbida sobre o disposto, por favor poñédevos en contacto comigo a través do correo electrónico. |
Blog do departamento de latín e grego do IES Espiñeira de Boiro (A Coruña). A función deste blog é a de servir de taboleiro de novidades e avisos para os/as alumnos/as de latín e grego. Lémbrase que anteriormente serviu de taboleiro para o departamento de latín dos seguintes centros: IES El Carmen de Cazalla de la Sierra, Sevilla (cursos 2007-2009); IES da Terra Chá de Castro de Rei, Lugo (cursos 2009-2011).
luns, 31 de maio de 2010
LATÍN II: EXAME DE SETEMBRO
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario