luns, 31 de maio de 2010

LATÍN II: EXAME DE SETEMBRO

Este departamento dispón que o exame de setembro constará das seguintes partes:

1. Morfoloxía: proba que seguirá o modelo das probas realizadas durante o curso, pero coa seguinte modificación: queda excluída a pregunta relativa á identificación das construcións explicadas en oracións feitas na clase. Lémbrase que é preciso obter polo menos 4 puntos sobre 10 para poder facer media e aproba-la asignatura.

2. Tradución: a proba de tradución seguirá o modelo das probas feitas durante o curso. Ademais engadirase unha pregunta sobre literatura (na que o/a alumno/a pode escoller unha de dúas opcións propostas), para que os/as alumnos/as que queiran poidan mellora-la cualificación do apartado de literatura (gárdase do curso o 0,75 obtido pola elaboración dos resumos e presentacións).

3. RELECTIO: na proba de setembro non haberá proba de relectio.

Se houbera calquera dúbida sobre o disposto, por favor poñédevos en contacto comigo a través do correo electrónico.

LATÍN II: CLASES DO MES DE XUÑO

O horario establecido polo centro para as clases de preparación de selectividad de Latín II é os xoves 03 e 10 de xuño a 1ª hora (08:30). Na sesión de xoves 03 de xuño a programación de aula é a seguinte:

1.remata-la corrección do texto pendente da última sesión.
2.seguir coa tradución do texto 31 de Eutropio.

Durante as tres primeiras semanas de xuño, agás mércores, o resto dos días o profesor segue estando á disposición dos/as alumnos/as na hora de clase. Tamén estou a vosa disposición a través do correo electrónico, onde me podedes deixar traducións para corrixir ou expoñer dúbidas.

Finalmente, prégase que, se algún de vos non vai vir este xoves, mo comuniquedes.

mércores, 26 de maio de 2010

LATÍN II: PROBA DE SETEMBRO

Infórmase ós/ás alumnos/as que teñen o Latín II pendente para setembro, de que ó longo desta semana ou, como moi tarde, ó longo da semana vindeira hei sacar un anuncio cos contidos da proba extraordinaria de setembro.

GREGO I: MODIFICACIÓN DATAS DO 2º PARCIAL DA 3ª AVALIACIÓN

Infórmase ás alumnas de Grego I de que se acepta a modificación de datas proposta para o 2º parcial da 3ª avaliación, quedando a distribución das probas como segue:

1. xoves 17 de xuño de 2010: 1ª parte do 2º parcial.
2. venres 18 de xuño de 2010: 2ª parte do 2º parcial.

mércores, 19 de maio de 2010

LATÍN II: REVISIÓN CUALIFICACIÓNS FINAIS

Tras revisa-las cualificacións finais e en aplicación estrita do disposto na programación, este departamento resolve:

1. modifica-la cualifiación da alumna Alba Trashorras de 7 a 8, segundo a seguinte fórmula: cualif. 3ª aval. (8) x 0,85 + 0,75 = 7,55 > 8.

2. modifica-la cualificación da alumna Lara Lozano de 8 a 9, segundo a seguinte fórmula: cualif. 3ª aval. (9) x 0,85 + 1,35 = 9.

3. modifica-la cualificación do alumno Diego González de 5 a 6, segundo a seguinte fórmula: cualif. 3ª aval. (5,65) x 0,85 + 1,5 = 6,3 > 6.

Estas cualificacións poden ser melloradas segundo os resultados do exame final da 3ª avaliación.

venres, 14 de maio de 2010

LATÍN I: CUALIFICACIÓNS 1º PARCIAL 3ª AVALIACIIÓN

Para vérde-las cualificacións do 1º parcial da 3ª avaliación de Latín I pinchade aquí.

xoves, 13 de maio de 2010

GREGO 01: TEXTOS PARA EXAME DE XOVES 20 DE MAIO

Ata a lección 09 os textos que entran son os que pechan as unidades didácticas.

Na lección 10 entra o texto das páxinas 140/141, liñas 5 a 16.

Na lección 11 entra o texto das páxinas 154/155, liñas 9 a 27.

Na lección 12 entra o texto sinalado na clase de xoves 13 de maio.

mércores, 12 de maio de 2010

LATÍN: CUALIFICACIÓNS FINAIS


Trala realización do 1º parcial da 3ª avaliación e de tres probas de tradución neste mes de maio, tendo en conta o traballo e adicación á asignatura mostrada por algúns alumnos/as, e en aplicación dos criterios de avaliación recollidos na programación, este departamento resolve:

1. que os seguintes alumnos/as obteñen a seguinte cualificación final na asignatura de Latín II:

Diego García: APROBADO (5)
Lara Lozano: NOTABLE (8)
Alba Trashorras: NOTABLE (7) 

2. que os/as alumnos/as mencionados/as na listaxe anterior poden e deben face-las probas pendentes para subiren nota.

3. que os/as alumnos/as non mencionados na listaxe anterior teñen que face-las probas pensentes na súa integridade, para poderen ser avaliados segundo o establecido na programación.

Lémbrase, finalmente, que os alumnos/as mencionados/as na listaxe anterior non quedan exentos de asistir a clase.


LATÍN: CUALIFICACIÓNS FINAIS

Trala realización do 1º parcial da 3ª avaliación e de tres probas de tradución neste mes de maio, tendo en conta o traballo e adicación á asignatura mostrada por algúns alumnos/as, e en aplicación dos criterios de avaliación recollidos na programación, este departamento resolve:

1. que os seguintes alumnos/as obteñen a seguinte cualificación final na asignatura de Latín II:

Diego García: APROBADO (5)
Lara Lozano: NOTABLE (8)
Alba Trashorras: NOTABLE (7) 

2. que os/as alumnos/as mencionados/as na listaxe anterior poden e deben face-las probas pendentes para subiren nota.

3. que os/as alumnos/as non mencionados na listaxe anterior teñen que face-las probas pensentes na súa integridade, para poderen ser avaliados segundo o establecido na programación.

Lémbrase, finalmente, que os alumnos/as mencionados/as na listaxe anterior non quedan exentos de asistir a clase.

luns, 10 de maio de 2010

CULTURA CLÁSICA: EXEMPLO DE PÁXINA WEB PARA O TRABALLO DE FIN DE CURSO

Seguidamente dóuvo-la ligazón para que accedades á páxina web que fixen coma exemplo do que quero que fagades dentro do traballo de fin curso.


(Tamén podes acceder dende estoutra páxina).

mércores, 5 de maio de 2010

LATÍN II: CUALIFICACIÓNS 1º PARCIAL 3ª AVALIACIÓN

Xa podedes consulta-las cualificacións do 1º parcial da 3ª avaliación pinchando aquí.

luns, 3 de maio de 2010

LATÍN II: ALUMNOS/AS QUE LIBERAN PARTE DA MATERIA TRALO 1º PARCIAL DA 3ª AVALIACIÓN

En vista dos resultados acadados no 1º parcial da 3ª avaliación e para axudar no final de curso ós/ás alumnos/as que ó longo destes meses veñen traballando dun modo constante en tódolos eidos da asinatura de Latín II, o departamento dispón que:

1. quedan exentos da proba de RELECTIO para o 2º parcial os/as alumnos/as: Diego García, Lara Lozano e Alba Trashorras.

2. queda exenta da proba de morfoloxía para o 2º parcial a alumna Lara Lozano.

Ademais infórmase de que en función dos resultados que se acaden nas próximas dúas probas de tradución a realizar venres 07 e 14 de maio respectivamente, é posible que se saque unha nova listaxe con alumnos/as exentos/as da tradución no 2º parcial.