martes, 31 de maio de 2011

CCL: CONVERSIÓN DE ACTIVIDADES A FORMATO JCLIC.

Lémbrovos seguidamente o número de actividade, a páxina e o tipo de actividade JClic que cada un de vós ten que facer:
  • JENNIFER: act. 13 pax. 57 > sopa de letras
  • ROSANA: act. 20 pax. 58 > asociación simple (agás a última pregunta)
  • ESTEFANÍA: act. 19 pax. 58 > asociación simple (en dúas actividades)
  • NICOLÁS: act. 09 pax. 57 > asociación simple
  • DIEGO: act. 10 pax. 57 > asociación simple
  • BEATRIZ: 
  • ANA: act. 01 pax. 56 > asociación simple
  • KAYLIEGH:
  • NEREA: act. 03 pax. 56 > asociación simple
  • AITOR:
  • BORJA:  act. 07 pax. 56 > sopa de letras
AVISO IMPORTANTE: cada actividade ten que ter unha mensaxe de inicio, de erro, de final etc. Procurade ser curiosos e facer este exercicio o mellor que poidades.

MODO DE ENTREGA: CORREO ELECTRÓNICO
DATA TOPE: MÉRCORES 8 DE XUÑO

Para calquera dúbida poñédevos en contacto comigo.

CCL: redacción sobre o matrimonio.

  • Guión para a elaboración da redacción sobre o matrimonio en Grecia e Roma (pincha aquí)
  • Ligazón para facerde-la redacción (pincha aquí).

xoves, 26 de maio de 2011

CULTURA CLÁSICA: RECORDATORIO TRABALLO PÁXINA WEB

A data de 26 de maio aínda non recibín o correo coa ligazón para ve-las páxinas web de Borja, Kayliegh, Ana, Beatriz e Estefanía. Lémbrovos que a data final para rematar este traballo era o día 20. Prégovos que non vos retrasedes máis.

xoves, 19 de maio de 2011

CULTURA CLÁSICA: ACTIVIDADE DE XOGO DE MEMORIA E SOPA DE LETRAS

XOGOS DE MEMORIA  E SOPAS DE LETRAS:
  • ACTIVIDADE FINAL:
    • Os/as alumnos elaborarán un novo proxecto chamado proxecto_003_NOMEDO/AALUMNO/A (exemplo: proxecto_003_roberto), que deberá te-los seguintes contidos:
    • act_000: PANTALLA DE INFORMACIÓN. Nesta pantalla debe aparecer a seguinte información: actividade 03 jclic xogos de memoria e sopas de letras.
    • act_001: XOGO DE MEMORIA
      • un mínimo de 6 cadros no panel.
      • a relación debe establecerse entre unha imaxe do mundo clásico e o nome da cidade ou monumento correspondente.
      • a actividade debe conter:
        • mensaxe inicial
        • mensaxe de erro
        • mensaxe final.
    • act_002: SOPA DE LETRAS.
      • Esta actividade conterá unha sopa de letras nos que se teñan que buscar os seis nomes utilizados na act_001, e onde irán aparecendo as imaxes correspondentes cando se marque a palabra correspondente na sopa. Se se quere pódense utilizar outras imaxes e nomes distintos aos da act_001, pero sempre referidos ao mundo clásico.
      • a actividade debe conter:
        • mensaxe inicial
        • mensaxe de erro
        • mensaxe final.
    • En ambalasdúas actividades os contadores de tempo, intentos, etc. estarán dispostos ao gusto do/a alumno/a, pero tendo en conta que deben ser unha programación que permita realiza-la actividade.
    • MOI IMPORTANTE: os/as alumnas poden, se queren, utiliza-las imaxes que se empregaron para a actividade que se fixo na clase o mércores 18 de maio.
    • ENTREGA: por correo electrónico.
    • DATA DE ENTREGA: mércores 25 de maio.

mércores, 11 de maio de 2011

CULTURA CLÁSICA: TRABALLO QUEBRACABEZAS JCLIC

ACTIVIDADE FINAL QUEBRACABEZAS: cada alumno creará un proxecto novo que se chamará proxecto_002_NOMEALUMNO/A (exemplo: proxecto_002_roberto). Este proxecto deberá conte-las seguintes actividades:
  • act_000: pantalla de información (pode ser a da actividade anterior)
  • act_001 : quebracabazas dobre.
  • act_002 : quebracabezas dobre con retrincos.
  • act_003 : quebracabezas de intercambio.
  • act_004 : quebrazabezas de intercambio con texto.
  • act_005 : quebracabezas de burato.
  • Para realizaren estas actividades os/as alumnos/as poderán utiliza-las imaxes que queiran, pero recoméndase que sexan imaxes pouco "pesadas".
  • Cada actividade debe conter unha mensaxe inicial, unha mensaxe de erro e unha mensaxe final.
  • Os contadores deben estar activados en cada actividade, puidendo estar limitado o número de acertos ou o tempo que se pode adicar a resolve-lo quebracabezas.

  • MODO DE ENTREGA: POR CORREO ELECTRÓNICO.
  • DATA TOPE: MÉRCORES 18 DE MAIO.

xoves, 5 de maio de 2011

CULTURA CLÁSICA: ACTIVIDADE PANTALLA DE INFORMACIÓN

  • :) feliz 
  • Os/as alumnos/as deben crear un proxecto (proxecto_001_MAIS NOME DO ALUMNO; por exemplo, proxecto_001_roberto), que debe conter unha actividade (001_info), esta actividade debe ser do tipo PANTALLA DE INFORMACIÓN. Nesta pantalla de información o panel debe conte-la imaxe curso.gif. A xanela principal debe conter a imaxe curso2.gif, e presentar modificacións a gusto do/a alumno/a. Debe aparecer unha mensaxe inicial, na que se inclúa o texto "actividades da 1ª parte" e a imaxe curso2.gif.
  • No momento de crea-lo proxecto os/as alumnas deben introduci-la información que se pide nos apartados descripción, creación, descriptores, etc.
  • DATA DE ENTREGA: O ÚLTIMO DÍA SERÁ MÉRCORES 11 DE MAIO.
  • MODO: POR CORREO ELECTRÓNICO.

domingo, 1 de maio de 2011

LATÍN II: TEXTOS PARA PROBA DE RELECTIO

Os textos que entrarán na proba de RELECTIO son os comprendidos entre o 001 e o 013_01, ambos incluídos.