De cara á preparación dos contidos de literatura de Latín II, segundo o visto no último modelo de exame que ofrece na súa páxina web a CIUG, aconséllovos que no que atinxe ós contidos de literatura latina preparedes especificamente os seguintes autores, máis có xénero en xeral. En historiografía preparade especialmente a obra de Livio. En oratoria a de Cicerón. En épica a de Virxilio. En lírica a de Horacio. En teatro a de Plauto. Recoméndovos que á hora de responderdes á pregunta de literatura sigades esta orde; ubicación cronolóxica do autor, obras principais, contido desas obras (moi brevemente), e características xerais do autor. Se vedes que a resposta queda un pouco curta, ou que dispoñedes de tempo, podedes introducir contidos relativos ó xénero literario en xeral. Lembrade tamén que nas preguntas do mundo clásico pódesevos pedir un breve resumo dalgúns dos textos que lemos durante o curso. De todos modos neste apartado o normal é que contestedes á pregunta dos latinismos e á dos prefixos latinos. |
Blog do departamento de latín e grego do IES Espiñeira de Boiro (A Coruña). A función deste blog é a de servir de taboleiro de novidades e avisos para os/as alumnos/as de latín e grego. Lémbrase que anteriormente serviu de taboleiro para o departamento de latín dos seguintes centros: IES El Carmen de Cazalla de la Sierra, Sevilla (cursos 2007-2009); IES da Terra Chá de Castro de Rei, Lugo (cursos 2009-2011).
mércores, 9 de xuño de 2010
LATÍN II: COMENTARIO SOBRE AS PREGUNTAS DE LITERATURA DO EXAME DE LATÍN DA PAAU DE XUÑO DE 2010
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario