mércores, 15 de outubro de 2014

TRABALLO DE AULA PARA XOVES 16 DE OUTUBRO DE 2014

Traballo para as clases de xoves 16 de outubro de 2014:

martes, 7 de outubro de 2014

GREGO II: LÍRICA GREGA

Excelente e moito completa presentación sobre a lírica grega para @s alumn@s de Grego II.

luns, 8 de setembro de 2014

martes, 17 de xuño de 2014

domingo, 15 de xuño de 2014

LATÍN I CONTIDOS EXAME SETEMBRO CURSO 2013-14

ASUNTO: Exame de setembro de Latín I
ESTADO: Provisional

Os/as alumnos/as que suspendan a materia de Latín I en xuño terán que facer unha proba de recuperación en setembro que poderá constar das seguintes partes:

  • apartado de morfoloxía nominal e verbal. 
    • Os contidos e o modelo de exame poderán ser os mesmos cós da 3ª avaliación, pero caben pequenas modificacións de detalle. 
    • Os criterios de avaliación serán os mesmos, precisándose un 80% da puntuación total para o poder aprobar.
    • Ligazóns aos modelos:
  • apartado de PENSA. Os/as alumnos terán que preparar os pesa A e B dos capítulos XII a XV, ambos incluídos.
  • apartado de tradución. Os/as alumnos/as traducirán un fragmento de texto do nivel dos capítulos XIV-XV do libro de texto.
  • apartado de lecturas. Os/as alumnos/as terán que facer durante o verán os cuestionarios de lectura dos libros de Eutropio que non fixeron durante o curso, tendo en conta:
    • que deben superar, como mínimo, 4 dos cuestionarios
    • que se deben facer por vía telemática. As ligazóns estarán dispoñibles dende a aplicación EDMODO e máis neste taboleiro (pincha aquí para ires aos cuestionarios)
MOITO IMPORTANTE: non todos/as os/as alumnos/as terán que recuperar todos os contidos da materia. Cada alumno/a levará unha breve descrición por escrito dos contidos a recuperar e das partes do exame a facer.

venres, 30 de maio de 2014

GREGO I : EXAME TRADUCIÓN (contidos e data)

ASUNTO: CONTIDOS EXAME DE TRADUCIÓN DE GREGO I
ESTADO: REVISADO (pendente)

O exame de tradución será semellante aos realizados durante o presente curso, incluíndo, polo tanto, oracións e textos traballados na aula.

  • Oracións: os/as alumnos/as deben preparar as seguintes oracións:
    • px. 151, ex. 1, oración b)
    • px. 150, ex. 1, oración a)(até πομπήν)
    • px.145, ex. 6, oración b)
    • px. 143, ex. 1 (o primeiro), oracións a) e b)
    • px. 137, ex. 4, oración a)
    • px. 131, ex. 4, oración a)
    • px. 129, ex. 1, oración a)
  • Textos: os/as alumnos/as deben preparar os seguintes textos:
    • txt. da px. 158
    • txt da px. 144
    • txt. da px. 130

O exame consistirá na análise morfolóxica e sintáctica de 4 oracións e a tradución de dous breves fragmentos dos textos sinalados.

DATA: venres 20 de xuño de 2014 a 3ª hora

domingo, 18 de maio de 2014

LATÍN I: MODELO EXAME MORFOLOXÍA

Velaquí os modelos de exame de morfoloxía nominal e verbal que vos propoño para mércores 4 e luns 9 de xuño. Estes modelos podería sufrir algunha pequena modificación.


  • Exame morfoloxía nominal.


xoves, 15 de maio de 2014

MODELO EXAMEN LENGUA ESPAÑOLA 3º ESO


  • ASUNTO: Examen de lengua española
  • CONTENIDO: lecciones 6 y 7 del libro de texto
  • FECHA : miércoles 21 de mayo.

mércores, 14 de maio de 2014

GRAOS DO ADXECTIVO

Esquema explicado na aula o mércores 14 de maio de 2014.


FLEXIÓN NOMINAL LATINA

Esquema explicado na aula o mércores 14 de maio de 2014.


martes, 13 de maio de 2014

A MULLER EN GRECIA


ATENCIÓN: nesta versión do esquema falta por recoller a exclusión da muller da vida política e social (con algunhas excepcións) da comunidade.

xoves, 8 de maio de 2014

LECCIÓN 6ª : AS ETAPAS DA VIDA (MODELO DE EXAME E DATAS)

Datas:

  • martes 03 de xuño de 2014
    • facemos cuestionario na aula
    • ÚLTIMO DÍA no que se recollen redaccións
    • entrega de libretas (5)
  • xoves 05 de xuño de 2014
    • entrega libretas (5)

Borrador dos contidos da avaliación:







mércores, 7 de maio de 2014

venres, 25 de abril de 2014

CONTIDOS MÍNIMOS GREGO I CURSO 2013-14

ASUNTO: Modelo de proba de contidos mínimos da materia de Grego I, curso 2013-14

ESTADO: Pendente de última revisión

DATA DO EXAME:

  • Morfoloxía nominal venres 30 de maio.
  • Morfoloxía verbal luns 02 de xuño.


AVALIACIÓN FINAL:

  • Morfoloxía = contidos mínimos. Haberá que obter polo menos un 80% da cualificación posible en cada unha das dúas probas para o aprobar. Isto equivale a un 5 final na materia.
  • Sintaxe = os alumos que queiran subir nota terán que facer esta parte, que lles dará ate 5 puntos máis.

  • EXERCICIOS:
    • MORFOLOXÍA NOMINAL
      • Declina o artigo ὁ ἡ τό.
      • Identifica a declinación á que pertencen os seguintes substantivos e, dentro dela, a que grupo (neste exercicio aínda pode haber algunha modificación).
        • ἡ οἰκία, -ας 
        • τὸ δένδρον, -ου
        • ὁ πολίτης, -ου
        • τὸ ὄνομα, -ατος 
        • ὁ χειμών, -ῶνος 
        • ἡ θυγάτηρ, θυγατρός 
        • ὁ δοῦλος, -ου 
        • ὁ παῖς, παιδός 
      • Declina os seguintes adxectivos:
        • adxectivo 3-1-3 : καλός, καλή, καλόν
        • adxectivo 3-3 : σώφρων, σῶφρον
        • adxectivo 3-1-3 : πᾶς, πᾶσα, πᾶν
      • Enuncia os seguintes pronomes persoais (nominativo e xenitivo)
        • 1ª persoa de singular
        • 2ª persoa de singular
        • 1ª persoa de plural
        • 2ª persoa de plural
      • En que caso o pronome αὐτός,-ή, -ό non funciona nunca como pronome de terceira persoa?

    • MORFOLOXÍA VERBAL
      • Clasifica os seguintes verbos en función do esquema do verbo grego visto na aula.
        • εἶμι
        • βασιλεύω
        • τιμάω
        • πέμπω
        • φοβέω
      • Conxuga o presente de indicativo máis o imperativo do verbo εἰμί e maís dá o seu infinitivo.
      • Conxuga o presente de indicativo e máis o imperativo da voz activa e media do verbo λύω, e máis dá os seus infinitivo.
      • Que dous valores pode engadir semanticamente a voz media ao significado dun verbo?
      • Cando un verbo soamente ten voz media, dicimos que se trata dun verbo?
      • Que é un participio?
      • Cal é a primeira opción para traducirmos un participio apositivo?
      • Tira os seguintes participios do verbo λύω:
        • participio de presente activo:
        • participio de presente medio:

xoves, 3 de abril de 2014

AVALIACIÓN CONTIDOS PÁXINAS 70-73


AVALIACIÓN CONTIDOS PÁXINAS 70-73
  • Contidos xerais (páxs. 70-73 do libro de texto):
    • Foro Romano.
      • Rostra
      • Curia Hostilia
      • Basílicas:
        • Maxencio
        • Xulia
        • Emilia
        • Tabulario
        • Templo de Saturno
        • Templo de Vesta
      • Arcos:
        • de Tito
        • de Septimio Severo.
    • Foros Imperiais.
      • de Traxano
      • de César
      • de Augusto
      • de Nerva
      • columna de Traxano
    • A casa grega e a casa romana.


  • Contidos ACI:
    • Foro Romano.
      • Curia Hostilia
      • Templo de Saturno
    • Arcos:
      • de Tito
      • de Septimio Severo.
    • Foros Imperiais.
      • de Traxano
      • de César
      • de Augusto
      • columna de Traxano
    • A casa grega e a casa romana.
  • Instrumentos de avaliación.
    • Exercicio de recoñecemento de monumentos e foros.
    • Breve cuestionario sobre a casa grega e romana e identificación de espacios.
    • Redacción:
      • mínimo de 150 palabras.
      • Tema: comparación entre as vivendas da Roma clásica e as actuais.
      • Estrutura:
        • Introdución: dicimos de que imos falar.
        • Desenvolvemento do tema:
          • enumerar e definir os distintos tipos de vivendas na Roma clásica.
            • domus
            • insula
            • uilla
          • enumerar e definir os tipos de vivendas actuais:
          • comparar:
            • bucar semellanzas e diferencias.
        • Conclusión: reflexión persoal a partir do exposto na redacción.


  • DATAS
    • martes 08 de abril de 2014: exercicio de recoñecemento e cuestionario na aula.
    • xoves 10 de abril de 2014: entrega da redacción.

domingo, 30 de marzo de 2014

GASTRONOMÍA



O CALENDARIO NO MUNDO ANTIGO



domingo, 16 de marzo de 2014

A CASA GREGA E ROMANA


  • Vídeo sobre a casa grega.


  • Vídeo sobre a casa romana.

  • Paseo virtual por unha domus romana.

  • Outros materiais interesantes.

  • Villa romana:









mércores, 5 de marzo de 2014

FORO ROMANO


  • PLANO DETALLADO DO FORO ROMANO (inclúe tamén os foros imperiais)

  • DETALLE DOS FOROS IMPERIAIS (plano mudo)

  • COLUMNA DE ....



sábado, 15 de febreiro de 2014

GRAMMATICA: EXEMPLA

Baeda (Hist. Ecc. I 12) haec exempla praebet:
  • pronomen relatiuum cum modo coniunctiuuo (1)
  • uerbum esse cum duobus datiuis (2)
  • gerundiuum in caso datiuo (3)

  • (1) hortata est instruere inter duo maria trans insulam murum qui arcendis hostibus posset esse praesidio.

  • (2) ... murum qui arcendis hostibus posset esse praesidio.

  • (3) ... qui arcendis hostibus posset esse praesidio.

mércores, 12 de febreiro de 2014

PARTES DE ROMA. COLINAS


  • Plano onde se poden ver as distintas colinas de Roma e o Campo de Marte.


  • Plano da Roma imperial coas colinas.

OS FOROS IMPERIAIS E O TEMPLO DA PAZ



  • Breve vídeo sobre os foros imperiais:



  • PLANO DOS FOROS IMPERIAIS

  • SUPERPOSICIÓN DO PLANO DOS FOROS IMPERIAIS SOBRE A ROMA ACTUAL


martes, 11 de febreiro de 2014

ORATORIA LATINA


  • Premede aquí para verdes un esquema moito interesante sobre a oratoria latina, pensados para estudantes de 2º de bac.

domingo, 9 de febreiro de 2014

ESTADIO DE DOMICIANO


  • Vídeo onde se pode ver a conservación do plano do antigo estadio de Domiciano na Roma actual.

ARCOS DE ROMA


  • Vídeo sobre o arco de Constantino



  • Vídeo sobre o arco de Tito






sábado, 8 de febreiro de 2014

DESCRICIÓN XEOGRÁFICA. OS PUNTOS CARDINAIS II

Sigo a traducir o libro I da Historia Ecclesiastica de Beda e atopo estas dúas novas referencias para se referir aos puntos cardinais.

denique subito duabus gentibus transmarinis uehementer saeuis, Scottorum a circio, Pictorum ab aquilone, multos stupet gemitque per annos.

Con circio fai referencia ao noroeste, con ab aquilone ao norte.

Para os catro puntos cardinais pinchade aquí.  

sábado, 1 de febreiro de 2014

CURIOSIDADES: TRIRREME


  • Imaxe dunha trirreme (fonte):

mércores, 29 de xaneiro de 2014

TERMAS ROMANAS


  • Vídeo moito breve que describe as termas de Labitolosa (La Puebla de Castro, Huesca). Perfecta descrición e enumeración das partes duns baños romanos e do funcionamento do hypocaustum.


  • Vídeo moito interesante sobre o funcionamento do hypocaustum (en inglés).

sábado, 25 de xaneiro de 2014

De quo intersit inter murum et uallum.

Librum I Baedae pergo legere et hoc inuenio: quid intersit inter murum et uallum. Hunc locum discipulis aptum aestimo et uobis trado.

Murus etenim de lapidibus, uallum uero quo ad repellendam uim hostium castra muniuntur fit de cespitibus, quibus circumcisis, e terra uelut murus exstruitur altus supra terram, ita ut in ante sit fossa, de qua leuati sunt cespites, supra quam sudes de lignis fortissimis praefiguntur. (Historia Ecclesiastica Gentis Anglorum 1.5)


  • Hic preme, si conuersionem meam ex lingua Latina in Gallaecam legere cupis.

DESCRICIÓN XEOGRÁFICA. OS PUNTOS CARDINAIS I

Mentres traducía un capítulo da Historia Ecclesiastica Gentis Anglorum de Beda dei con este fragmento que describe a illa de Wight, ao sur de Inglaterra. Paréceme moito interesante porque é breve e contén a mención dos catro puntos cardinais.

quae [insula] habet ab oriente in occasum triginta circiter milia passuum, ab austro in boream duodecim, in orientalibus suis partibus mari sex milium, in occidentalibus trium a meridiano Brittaniae litore distans. (Historia Ecclesiastica Gentis Anglorum 1.3)

mércores, 22 de xaneiro de 2014

O ANFITEATRO FLAVIO OU COLISEO



  • O Anfiteatro Flavio. Vídeo 2.



  • O Anfiteatro Flavio. Vídeo 3.

xoves, 9 de xaneiro de 2014

O teatro romano. Vídeos


  • O teatro grego e o teatro romano, diferencias e semellanzas (para ver vídeo + cuestionario aquí).
               


  • O circo máximo en Roma (vídeo en italiano, pero enténdese moito ben) (para ver vídeo + cuestionario aquí).