luns, 19 de abril de 2010

LATÍN II: SOBRE OS TEXTOS DE FEDRO

Despois de valora-la petición que os/as alumnos/as de Latín II fixestes o pasado venres 16 de abril, decidín deixar de traducir na aula os textos de Fedro. A partir deste momento só traduciremos textos de Eutropio, tanto na casa como na aula. Así pois, a vindeira sesión de tradución na aula non seguiremos co texto 003_02 de Fedro, senón que traducirémo-lo texto 024 de Eutropio, que estaba previsto para entregar o xoves 22. Ademais, proximamente recibiredes un correo cos novos textos de Eutropio para traducirdes.

luns, 12 de abril de 2010

LATÍN II: EXAME DE LITERATURA

Lémbrase ós/ás alumnos/as que se acordara reparti-los 1,5 puntos que corresponden ó apartado de literatura do seguinte xeito:

*0,75 pola realización dos traballos e presentacións,

*ata 0,75 máis a través da realización dun exame sobre os contidos teóricos dos aspectos tratados.

Os/as alumnos/as que desexen realiza-la proba teórica poderán facelo tódolos luns entre o vindeiro 19 de abril e ata o 17 de maio inclusive, no tempo do recreo, previo aviso ó profesor durante a semana anterior.

O exame consistirá en dúas preguntas das cinco tratadas durante o curso, das que o/a alumno/a escollerá unha para contestar.