Lémbrase ós/ás alumnos/as que se acordara reparti-los 1,5 puntos que corresponden ó apartado de literatura do seguinte xeito: *0,75 pola realización dos traballos e presentacións, *ata 0,75 máis a través da realización dun exame sobre os contidos teóricos dos aspectos tratados. Os/as alumnos/as que desexen realiza-la proba teórica poderán facelo tódolos luns entre o vindeiro 19 de abril e ata o 17 de maio inclusive, no tempo do recreo, previo aviso ó profesor durante a semana anterior. O exame consistirá en dúas preguntas das cinco tratadas durante o curso, das que o/a alumno/a escollerá unha para contestar. |
Blog do departamento de latín e grego do IES Espiñeira de Boiro (A Coruña). A función deste blog é a de servir de taboleiro de novidades e avisos para os/as alumnos/as de latín e grego. Lémbrase que anteriormente serviu de taboleiro para o departamento de latín dos seguintes centros: IES El Carmen de Cazalla de la Sierra, Sevilla (cursos 2007-2009); IES da Terra Chá de Castro de Rei, Lugo (cursos 2009-2011).
luns, 12 de abril de 2010
LATÍN II: EXAME DE LITERATURA
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario