En vista dos resultados acadados no 1º parcial da 3ª avaliación e para axudar no final de curso ós/ás alumnos/as que ó longo destes meses veñen traballando dun modo constante en tódolos eidos da asinatura de Latín II, o departamento dispón que: 1. quedan exentos da proba de RELECTIO para o 2º parcial os/as alumnos/as: Diego García, Lara Lozano e Alba Trashorras. 2. queda exenta da proba de morfoloxía para o 2º parcial a alumna Lara Lozano. Ademais infórmase de que en función dos resultados que se acaden nas próximas dúas probas de tradución a realizar venres 07 e 14 de maio respectivamente, é posible que se saque unha nova listaxe con alumnos/as exentos/as da tradución no 2º parcial. |
Blog do departamento de latín e grego do IES Espiñeira de Boiro (A Coruña). A función deste blog é a de servir de taboleiro de novidades e avisos para os/as alumnos/as de latín e grego. Lémbrase que anteriormente serviu de taboleiro para o departamento de latín dos seguintes centros: IES El Carmen de Cazalla de la Sierra, Sevilla (cursos 2007-2009); IES da Terra Chá de Castro de Rei, Lugo (cursos 2009-2011).
luns, 3 de maio de 2010
LATÍN II: ALUMNOS/AS QUE LIBERAN PARTE DA MATERIA TRALO 1º PARCIAL DA 3ª AVALIACIÓN
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario