- Os/as alumnos/as deben crear un proxecto (proxecto_001_MAIS NOME DO ALUMNO; por exemplo, proxecto_001_roberto), que debe conter unha actividade (001_info), esta actividade debe ser do tipo PANTALLA DE INFORMACIÓN. Nesta pantalla de información o panel debe conte-la imaxe curso.gif. A xanela principal debe conter a imaxe curso2.gif, e presentar modificacións a gusto do/a alumno/a. Debe aparecer unha mensaxe inicial, na que se inclúa o texto "actividades da 1ª parte" e a imaxe curso2.gif.
- No momento de crea-lo proxecto os/as alumnas deben introduci-la información que se pide nos apartados descripción, creación, descriptores, etc.
- DATA DE ENTREGA: O ÚLTIMO DÍA SERÁ MÉRCORES 11 DE MAIO.
- MODO: POR CORREO ELECTRÓNICO.
Blog do departamento de latín e grego do IES Espiñeira de Boiro (A Coruña). A función deste blog é a de servir de taboleiro de novidades e avisos para os/as alumnos/as de latín e grego. Lémbrase que anteriormente serviu de taboleiro para o departamento de latín dos seguintes centros: IES El Carmen de Cazalla de la Sierra, Sevilla (cursos 2007-2009); IES da Terra Chá de Castro de Rei, Lugo (cursos 2009-2011).
xoves, 5 de maio de 2011
CULTURA CLÁSICA: ACTIVIDADE PANTALLA DE INFORMACIÓN
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario