XOGOS DE MEMORIA E SOPAS DE LETRAS:
- ACTIVIDADE FINAL:
- Os/as alumnos elaborarán un novo proxecto chamado proxecto_003_NOMEDO/AALUMNO/A (exemplo: proxecto_003_roberto), que deberá te-los seguintes contidos:
- act_000: PANTALLA DE INFORMACIÓN. Nesta pantalla debe aparecer a seguinte información: actividade 03 jclic xogos de memoria e sopas de letras.
- act_001: XOGO DE MEMORIA
- un mínimo de 6 cadros no panel.
- a relación debe establecerse entre unha imaxe do mundo clásico e o nome da cidade ou monumento correspondente.
- a actividade debe conter:
- mensaxe inicial
- mensaxe de erro
- mensaxe final.
- act_002: SOPA DE LETRAS.
- Esta actividade conterá unha sopa de letras nos que se teñan que buscar os seis nomes utilizados na act_001, e onde irán aparecendo as imaxes correspondentes cando se marque a palabra correspondente na sopa. Se se quere pódense utilizar outras imaxes e nomes distintos aos da act_001, pero sempre referidos ao mundo clásico.
- a actividade debe conter:
- mensaxe inicial
- mensaxe de erro
- mensaxe final.
- En ambalasdúas actividades os contadores de tempo, intentos, etc. estarán dispostos ao gusto do/a alumno/a, pero tendo en conta que deben ser unha programación que permita realiza-la actividade.
- MOI IMPORTANTE: os/as alumnas poden, se queren, utiliza-las imaxes que se empregaron para a actividade que se fixo na clase o mércores 18 de maio.
- ENTREGA: por correo electrónico.
- DATA DE ENTREGA: mércores 25 de maio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario