Lémbroche que ao final do vindeiro mes de xaneiro tes que entrega-lo traballo de Grego I.
Un saúdo.
Blog do departamento de latín e grego do IES Espiñeira de Boiro (A Coruña). A función deste blog é a de servir de taboleiro de novidades e avisos para os/as alumnos/as de latín e grego. Lémbrase que anteriormente serviu de taboleiro para o departamento de latín dos seguintes centros: IES El Carmen de Cazalla de la Sierra, Sevilla (cursos 2007-2009); IES da Terra Chá de Castro de Rei, Lugo (cursos 2009-2011).
Os/as alumnos/as de Latín II, Latín I, Grego I e Cultura Clásica de 4º de ESO realizarán durante a semana do 11 a 15 de abril a seguinte tarefa:
MOI IMPORTANTE: este traballo debe ser entregado como se di no guión e é OBRIGATORIO. |
Como se anunciou na clase, tedes que elaborar unha breve redacción sobre a democracia. Os requisitos do traballo e a data de entrega están aquí. |
Infórmase aos/ás alumnos/as de cultura clásica que luns 21 de marzo, cando remate a clase, hanse recolle-las libretas da asignatura, para proceder á súa avaliación. |
Entregaron a presentación da lección 02 dentro de prazo os/as seguintes alumnos/as: Jennifer, Rosana, Nicolás, Diego, Nerea e Borja. Se algún/algunha alumno/a que entregou o traballo non está nesta listaxe, faga o favor de se poñer en contacto comigo. Os/as alumnos/as que por careceren de acceso a internet non as puideron entregar, poderán face-lo na clase de martes 15 marzo na aula de audiovisuais 02. Aqueles/as alumnos/as que teñen acceso a internet e non subiron os traballos deben facelo o antes posible porque xa están FÓRA DE PRAZO. |
O test de lectura do libro X de Eutropio previsto para luns 21 de febreiro, hase realizar martes 22 de febreiro. |
|
|
Calendario para a 2ª avaliación. Está pendente de determina-la data do 2º parcial da avaliación.
|
|
MOI IMPORTANTE: Neste calendario está aínda sen coloca-lo 2º parcial da 2ª avaliación, que se ha fixar nos próximos días.
|
Neste calendario falta marca-lo 2º parcial da 2ª avaliación e algunhas entregas e probas de literatura latina que se irán marcando segundo se vaian explicando.
|