Este departamento dispón que o exame de setembro constará das seguintes partes: 1. Morfoloxía: proba que seguirá o modelo das probas realizadas durante o curso, pero coa seguinte modificación: queda excluída a pregunta relativa á identificación das construcións explicadas en oracións feitas na clase. Lémbrase que é preciso obter polo menos 4 puntos sobre 10 para poder facer media e aproba-la asignatura. 2. Tradución: a proba de tradución seguirá o modelo das probas feitas durante o curso. Ademais engadirase unha pregunta sobre literatura (na que o/a alumno/a pode escoller unha de dúas opcións propostas), para que os/as alumnos/as que queiran poidan mellora-la cualificación do apartado de literatura (gárdase do curso o 0,75 obtido pola elaboración dos resumos e presentacións). 3. RELECTIO: na proba de setembro non haberá proba de relectio. Se houbera calquera dúbida sobre o disposto, por favor poñédevos en contacto comigo a través do correo electrónico. |
Blog do departamento de latín e grego do IES Espiñeira de Boiro (A Coruña). A función deste blog é a de servir de taboleiro de novidades e avisos para os/as alumnos/as de latín e grego. Lémbrase que anteriormente serviu de taboleiro para o departamento de latín dos seguintes centros: IES El Carmen de Cazalla de la Sierra, Sevilla (cursos 2007-2009); IES da Terra Chá de Castro de Rei, Lugo (cursos 2009-2011).
luns, 31 de maio de 2010
LATÍN II: EXAME DE SETEMBRO
LATÍN II: CLASES DO MES DE XUÑO
O horario establecido polo centro para as clases de preparación de selectividad de Latín II é os xoves 03 e 10 de xuño a 1ª hora (08:30). Na sesión de xoves 03 de xuño a programación de aula é a seguinte: 1.remata-la corrección do texto pendente da última sesión. 2.seguir coa tradución do texto 31 de Eutropio. Durante as tres primeiras semanas de xuño, agás mércores, o resto dos días o profesor segue estando á disposición dos/as alumnos/as na hora de clase. Tamén estou a vosa disposición a través do correo electrónico, onde me podedes deixar traducións para corrixir ou expoñer dúbidas. Finalmente, prégase que, se algún de vos non vai vir este xoves, mo comuniquedes. |
mércores, 26 de maio de 2010
LATÍN II: PROBA DE SETEMBRO
Infórmase ós/ás alumnos/as que teñen o Latín II pendente para setembro, de que ó longo desta semana ou, como moi tarde, ó longo da semana vindeira hei sacar un anuncio cos contidos da proba extraordinaria de setembro. |
GREGO I: MODIFICACIÓN DATAS DO 2º PARCIAL DA 3ª AVALIACIÓN
Infórmase ás alumnas de Grego I de que se acepta a modificación de datas proposta para o 2º parcial da 3ª avaliación, quedando a distribución das probas como segue: 1. xoves 17 de xuño de 2010: 1ª parte do 2º parcial. 2. venres 18 de xuño de 2010: 2ª parte do 2º parcial. |
mércores, 19 de maio de 2010
LATÍN II: REVISIÓN CUALIFICACIÓNS FINAIS
Tras revisa-las cualificacións finais e en aplicación estrita do disposto na programación, este departamento resolve: 1. modifica-la cualifiación da alumna Alba Trashorras de 7 a 8, segundo a seguinte fórmula: cualif. 3ª aval. (8) x 0,85 + 0,75 = 7,55 > 8. 2. modifica-la cualificación da alumna Lara Lozano de 8 a 9, segundo a seguinte fórmula: cualif. 3ª aval. (9) x 0,85 + 1,35 = 9. 3. modifica-la cualificación do alumno Diego González de 5 a 6, segundo a seguinte fórmula: cualif. 3ª aval. (5,65) x 0,85 + 1,5 = 6,3 > 6. Estas cualificacións poden ser melloradas segundo os resultados do exame final da 3ª avaliación. |
venres, 14 de maio de 2010
LATÍN I: CUALIFICACIÓNS 1º PARCIAL 3ª AVALIACIIÓN
Para vérde-las cualificacións do 1º parcial da 3ª avaliación de Latín I pinchade aquí. |
xoves, 13 de maio de 2010
GREGO 01: TEXTOS PARA EXAME DE XOVES 20 DE MAIO
Ata a lección 09 os textos que entran son os que pechan as unidades didácticas. Na lección 10 entra o texto das páxinas 140/141, liñas 5 a 16. Na lección 11 entra o texto das páxinas 154/155, liñas 9 a 27. Na lección 12 entra o texto sinalado na clase de xoves 13 de maio. |
mércores, 12 de maio de 2010
LATÍN: CUALIFICACIÓNS FINAIS
|
LATÍN: CUALIFICACIÓNS FINAIS
Trala realización do 1º parcial da 3ª avaliación e de tres probas de tradución neste mes de maio, tendo en conta o traballo e adicación á asignatura mostrada por algúns alumnos/as, e en aplicación dos criterios de avaliación recollidos na programación, este departamento resolve: 1. que os seguintes alumnos/as obteñen a seguinte cualificación final na asignatura de Latín II: Diego García: APROBADO (5) Lara Lozano: NOTABLE (8) Alba Trashorras: NOTABLE (7) 2. que os/as alumnos/as mencionados/as na listaxe anterior poden e deben face-las probas pendentes para subiren nota. 3. que os/as alumnos/as non mencionados na listaxe anterior teñen que face-las probas pensentes na súa integridade, para poderen ser avaliados segundo o establecido na programación. Lémbrase, finalmente, que os alumnos/as mencionados/as na listaxe anterior non quedan exentos de asistir a clase. |
luns, 10 de maio de 2010
CULTURA CLÁSICA: EXEMPLO DE PÁXINA WEB PARA O TRABALLO DE FIN DE CURSO
Seguidamente dóuvo-la ligazón para que accedades á páxina web que fixen coma exemplo do que quero que fagades dentro do traballo de fin curso. (Tamén podes acceder dende estoutra páxina). |
mércores, 5 de maio de 2010
LATÍN II: CUALIFICACIÓNS 1º PARCIAL 3ª AVALIACIÓN
Xa podedes consulta-las cualificacións do 1º parcial da 3ª avaliación pinchando aquí. |
luns, 3 de maio de 2010
LATÍN II: ALUMNOS/AS QUE LIBERAN PARTE DA MATERIA TRALO 1º PARCIAL DA 3ª AVALIACIÓN
En vista dos resultados acadados no 1º parcial da 3ª avaliación e para axudar no final de curso ós/ás alumnos/as que ó longo destes meses veñen traballando dun modo constante en tódolos eidos da asinatura de Latín II, o departamento dispón que: 1. quedan exentos da proba de RELECTIO para o 2º parcial os/as alumnos/as: Diego García, Lara Lozano e Alba Trashorras. 2. queda exenta da proba de morfoloxía para o 2º parcial a alumna Lara Lozano. Ademais infórmase de que en función dos resultados que se acaden nas próximas dúas probas de tradución a realizar venres 07 e 14 de maio respectivamente, é posible que se saque unha nova listaxe con alumnos/as exentos/as da tradución no 2º parcial. |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)