Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que ademais da listaxe de 50 latinismos e aforismos latinos que deben preparar para esta 1ª avaliación, tamén terán que preparar pola súa conta a listaxe dos primeiros 25 topónimos e máis os aspectos básicos da composición e derivación de orixe latina en galego (ou castelán). Os materiais de traballo son os recollidos na páxina web do departamento, pero danse de novo de seguido:
Mañá día 05 de novembro hanse adicar uns minutos na clase a este asunto. |
Blog do departamento de latín e grego do IES Espiñeira de Boiro (A Coruña). A función deste blog é a de servir de taboleiro de novidades e avisos para os/as alumnos/as de latín e grego. Lémbrase que anteriormente serviu de taboleiro para o departamento de latín dos seguintes centros: IES El Carmen de Cazalla de la Sierra, Sevilla (cursos 2007-2009); IES da Terra Chá de Castro de Rei, Lugo (cursos 2009-2011).
mércores, 4 de novembro de 2009
LATÍN II: CONTIDOS SUPLEMENTARIOS (MOI IMPORTANTE)
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario