Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que o texto recomendado para a lectura da comedia Anfitrión de Plauto é o recollido na páxina web de Latín II deste departamento, no apartado de textos na internet. (Para accederdes directamente ó texto pinchade aquí). Para poderdes descarga-lo texto en formato pdf é preciso que abrades unha conta no servidor SCRIBD. Unha vez feito isto só tedes que clicar en DOWNLOAD e escoller versión en formado pdf. De todos modos, ó regreso do nadal hase proporcionar unha copia en papel. Tamén aproveito para vos recomendar que leáde-la introdución que precede ó texto (evidentemente a lectura que tedes que facer é da versión en castelán tan só), pois dá moitísima información e moi interesante para saber máis cousas sobre o teatro latino. |
Blog do departamento de latín e grego do IES Espiñeira de Boiro (A Coruña). A función deste blog é a de servir de taboleiro de novidades e avisos para os/as alumnos/as de latín e grego. Lémbrase que anteriormente serviu de taboleiro para o departamento de latín dos seguintes centros: IES El Carmen de Cazalla de la Sierra, Sevilla (cursos 2007-2009); IES da Terra Chá de Castro de Rei, Lugo (cursos 2009-2011).
xoves, 24 de decembro de 2009
LATÍN II: TEXTO DE LECTURA DA COMEDIA ANFITRIÓN DE PLAUTO
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario