martes, 8 de decembro de 2009

LATÍN II: POSIBLE MODIFICACIÓN DATAS EXAMES DECEMBRO

Recórdase ós/ás alumnos/as de Latín II que o segundo parcial da 1ª avaliación está previsto para as seguintes datas:

  • venres 11 de decembro: morfoloxía + relectio
  • martes 15 de decembro: texto máis cuestións de topónimos, latinismos e compostos latinos.

Sen embargo, infórmase ós/ás alumnos/as de que para o departamento non suporía atranco ningún retrasar unha data cada exame, de modo que o calendario fose o seguinte:

  • martes 15 de decembro: morfoloxía + relectio
  • mércores 16 de decembro: tradución de texto de Eutropio con dicionario, máis cuestións de topónimos, latinismos e compostos latinos.

Esta modificación é posible debido ás datas das avaliacións. Na clase de mércores 9 de decembro adicaránse uns minutos a esta cuestión, pero prégase ós/ás alumnos/as que xa teñan unha opinión ó respecto.

Ningún comentario: