O exame de setembro de Cultura Clásica de 4º de ESO está marcado para XOVES 2 DE SETEMBRO de 9:30 AM a 10:30 AM. Lémbrase ós alumnos que teñen que facer esta proba que neste taboleiro están recollidos os contidos do exame de setembro. Se houbese calquera dúbida poñédevos en contacto comigo a través do correo electrónico. |
Blog do departamento de latín e grego do IES Espiñeira de Boiro (A Coruña). A función deste blog é a de servir de taboleiro de novidades e avisos para os/as alumnos/as de latín e grego. Lémbrase que anteriormente serviu de taboleiro para o departamento de latín dos seguintes centros: IES El Carmen de Cazalla de la Sierra, Sevilla (cursos 2007-2009); IES da Terra Chá de Castro de Rei, Lugo (cursos 2009-2011).
martes, 29 de xuño de 2010
CULTURA CLÁSICA: DATA EXAME DE SETEMBRO
LATÍN I: DATA DE EXAME DE SETEMBRO
O exame de setembro de Latín I está marcada para XOVES 2 DE SETEMBRO de 10 AM a 11:30 AM. Lémbrase á alumna que ten que facer esta proba que neste taboleiro están recollidos os contidos do exame de setembro. Se houbese calquera dúbida poñédevos en contacto comigo a través do correo electrónico. |
LATÍN II: DATA EXAME DE SETEMBRO
O exame de setembro de Latín II está marcada para XOVES 2 DE SETEMBRO de 10 AM a 11:30 AM. Lémbrase ós/ás alumnos/as que teñan que facer esta proba que neste taboleiro están recollidos os contidos do exame de setembro. Se houbese calquera dúbida poñédevos en contacto comigo a través do correo electrónico. |
sábado, 26 de xuño de 2010
xoves, 24 de xuño de 2010
CULTURA CLÁSICA: PROBA DE SETEMBRO
1. Os alumnos coa asignatura de Cultura Clásica de 4º da ESO pendente terán que realizar antes da data fixada para a proba de setembro o traballo de fin de curso (os requisitos deste traballo están á disposición dos alumnos no blog do grupo de Cultura Clásica).
2. O día do exame os alumnos presentaranse e demostrarán efectivamente que teñen feito este traballo, que será cualificado e determinará a cualificación na convocatoria extraordinaria de setembro.
3. Para resolver calquera dúbida, prégase ós alumnos coa asignatura pendente que se poñan en contacto a través do correo do departamento.
2. O día do exame os alumnos presentaranse e demostrarán efectivamente que teñen feito este traballo, que será cualificado e determinará a cualificación na convocatoria extraordinaria de setembro.
3. Para resolver calquera dúbida, prégase ós alumnos coa asignatura pendente que se poñan en contacto a través do correo do departamento.
LATÍN I: EXAME DE SETEMBRO
O exame de setembro de Latín I será semellante ó derradeiro parcial da 3ª avaliación, coas seguintes salvedades:
1. non haberá tradución do galego/castelán ó latín
2. os textos a preparar son os das leccións 21 (inclusive) e seguintes (fican, polo tanto, excluídos os textos das 20 primeiras leccións).
Para calquera dúbida ou aclaración, prégase á alumna coa asignatura pendente que se poña en contacto a través do correo electrónico do departamento.
1. non haberá tradución do galego/castelán ó latín
2. os textos a preparar son os das leccións 21 (inclusive) e seguintes (fican, polo tanto, excluídos os textos das 20 primeiras leccións).
Para calquera dúbida ou aclaración, prégase á alumna coa asignatura pendente que se poña en contacto a través do correo electrónico do departamento.
mércores, 23 de xuño de 2010
LATÍN I: CUALIFICACIÓNS 2º PARCIAL DA 3ª AVALIACIÓN.
Xa podedes ve-las cualificacións do 2º parcial da 3ª avaliación pinchando AQUÍ. |
venres, 18 de xuño de 2010
CULTURA CLÁSICA 4º ESO: LIGAZÓN ÓS TRABALLOS DE FIN DE CURSO
Veño de inserir na páxina web de Cultura Clásica unha nova ligazón dende a que podedes acceder ós traballos dos vosos compañeiros. As ligazóns van polo número que tedes na listaxe e irán sendo activadas segundo vaiades colgando os vosos traballos. |
GREGO I: CUALIFICACIÓNS 3ª AVALIACIÓN
As cualificacións da terceira avaliación xa están publicadas; pinchade aquí para as verdes. |
mércores, 9 de xuño de 2010
GREGO I: CONTIDOS EXAME FINAL E MODIFICACIÓN DE CALENDARIO.
O calendario definitivo dos exames do 2º paracial da 3ª avaliación é o seguinte: martes 15 de xuño: proba de morfoloxía e texto. xoves 17 de xuño: proba de tradución. Os contidos do exame inclúen ata a sección alfa da lección 14 do libro de texto. |
LATÍN II: COMENTARIO SOBRE AS PREGUNTAS DE LITERATURA DO EXAME DE LATÍN DA PAAU DE XUÑO DE 2010
De cara á preparación dos contidos de literatura de Latín II, segundo o visto no último modelo de exame que ofrece na súa páxina web a CIUG, aconséllovos que no que atinxe ós contidos de literatura latina preparedes especificamente os seguintes autores, máis có xénero en xeral. En historiografía preparade especialmente a obra de Livio. En oratoria a de Cicerón. En épica a de Virxilio. En lírica a de Horacio. En teatro a de Plauto. Recoméndovos que á hora de responderdes á pregunta de literatura sigades esta orde; ubicación cronolóxica do autor, obras principais, contido desas obras (moi brevemente), e características xerais do autor. Se vedes que a resposta queda un pouco curta, ou que dispoñedes de tempo, podedes introducir contidos relativos ó xénero literario en xeral. Lembrade tamén que nas preguntas do mundo clásico pódesevos pedir un breve resumo dalgúns dos textos que lemos durante o curso. De todos modos neste apartado o normal é que contestedes á pregunta dos latinismos e á dos prefixos latinos. |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)