ASUNTO: Modelo de proba de contidos mínimos da materia de Grego I, curso 2013-14
ESTADO: Pendente de última revisión
DATA DO EXAME:
AVALIACIÓN FINAL:
- Morfoloxía nominal venres 30 de maio.
- Morfoloxía verbal luns 02 de xuño.
AVALIACIÓN FINAL:
- Morfoloxía = contidos mínimos. Haberá que obter polo menos un 80% da cualificación posible en cada unha das dúas probas para o aprobar. Isto equivale a un 5 final na materia.
- Sintaxe = os alumos que queiran subir nota terán que facer esta parte, que lles dará ate 5 puntos máis.
- EXERCICIOS:
- MORFOLOXÍA NOMINAL
- Declina o artigo ὁ ἡ τό.
- Identifica a declinación á que pertencen os seguintes substantivos e, dentro dela, a que grupo (neste exercicio aínda pode haber algunha modificación).
- ἡ οἰκία, -ας
- τὸ δένδρον, -ου
- ὁ πολίτης, -ου
- τὸ ὄνομα, -ατος
- ὁ χειμών, -ῶνος
- ἡ θυγάτηρ, θυγατρός
- ὁ δοῦλος, -ου
- ὁ παῖς, παιδός
- Declina os seguintes adxectivos:
- adxectivo 3-1-3 : καλός, καλή, καλόν
- adxectivo 3-3 : σώφρων, σῶφρον
- adxectivo 3-1-3 : πᾶς, πᾶσα, πᾶν
- Enuncia os seguintes pronomes persoais (nominativo e xenitivo)
- 1ª persoa de singular
- 2ª persoa de singular
- 1ª persoa de plural
- 2ª persoa de plural
- En que caso o pronome αὐτός,-ή, -ό non funciona nunca como pronome de terceira persoa?
- MORFOLOXÍA VERBAL
- Clasifica os seguintes verbos en función do esquema do verbo grego visto na aula.
- εἶμι
- βασιλεύω
- τιμάω
- πέμπω
- φοβέω
- Conxuga o presente de indicativo máis o imperativo do verbo εἰμί e maís dá o seu infinitivo.
- Conxuga o presente de indicativo e máis o imperativo da voz activa e media do verbo λύω, e máis dá os seus infinitivo.
- Que dous valores pode engadir semanticamente a voz media ao significado dun verbo?
- Cando un verbo soamente ten voz media, dicimos que se trata dun verbo?
- Que é un participio?
- Cal é a primeira opción para traducirmos un participio apositivo?
- Tira os seguintes participios do verbo λύω:
- participio de presente activo:
- participio de presente medio: