Para poder compensar o retraso que se produciu no mes de abril no desenvolvemento do programa, infórmovos dalgunhas modificacións no desenvolvemento da asignatura:
- TRABALLO NA AULA: a partir da sección beta da lección 10, deixaremos de le-los textos das leccións en clase, pasando directamente á explicación da teoría e realización das actividades na aula.
- PROGRAMACIÓN: aínda que na programación estaba prevista a realización dunha segunda lectura (ademais de Homero) e dun traballo persoal por parte de cada alumno/a, non se vai esixir a realización de ningunha destas dúas actividades por non dispoñer do tempo preciso para o seu axeitado desenvolvemento na aula.
- EXAMES:
- PARCIAL:
- xoves 26 de maio (+ RECREO): morfoloxía + traducción (+ relectio).
- EXAME FINAL:
- martes 21 de xuño: exame final de morfoloxía.
- xoves 23 de xuño (+ RECREO): exame final de traducción + relectio.
- PARCIAL: