O vindero mércores, 3 de novembro, habemos explica-lo uso das notas nunha presentación, algunhas cousas sobre os fondos, etc. e repasaremos rapidamente todo o visto ata agora no IMPRESS para pasarmos, se hai tempo, á explicación do uso do SLIDESHARE. O mércores 10 de novembro faremos unha proba práctica na aula sobre o uso do IMPRESS, para que demostréde-lo que aprendestes na clase. A proba consistirá no seguinte:
|
Blog do departamento de latín e grego do IES Espiñeira de Boiro (A Coruña). A función deste blog é a de servir de taboleiro de novidades e avisos para os/as alumnos/as de latín e grego. Lémbrase que anteriormente serviu de taboleiro para o departamento de latín dos seguintes centros: IES El Carmen de Cazalla de la Sierra, Sevilla (cursos 2007-2009); IES da Terra Chá de Castro de Rei, Lugo (cursos 2009-2011).
xoves, 28 de outubro de 2010
CCL: PROBA PRÁCTICA DE USO DO IMPRESS
mércores, 27 de outubro de 2010
CCL: Material para clase de mércores 27 de outono de 2010
|
martes, 26 de outubro de 2010
CCL: TAREFA 26-10-2010
Ola, pinchade nesta ligazón (aquí) para irdes ó foro de departamente e facerdes esta actividade sobre un dos contidos tratados na clase de hoxe, martes 26 de outono. |
xoves, 21 de outubro de 2010
CULTURA CLÁSICA: TAREFA DA CLASE DE MÉRCORES 20 DE OUTUBRO
martes, 12 de outubro de 2010
GREGO I: DATAS DOS EXAMES DA 1ª AVALIACIÓN
As datas dos exames da 1ª avaliación son as seguintes:
|
venres, 8 de outubro de 2010
LATÍN II: MODIFICACIÓN DATAS EXAME DA 1ª AVALIACIÓN
Morfoloxía e relectio: martes 14 de decembro de 2010.
Traducción e preguntas do mundo clásico: mércores 15 de decembro de 2010.
LINGVA LATINA I: DIES AD PERICVLA FACIENDA
hoc memoriâ tenete:
dies ad pericula primae partis cursus facienda sunt:
primum periculum: 03-11-2010 (prima pars) et 05-11-2010 (secunda pars)
secundum periculum: 14-12-2010 (prima pars) et 15-12-2010 (secunda pars).
Valete.
xoves, 7 de outubro de 2010
LINGVA LATINA I : PERICVLVM CAPITVLI PRIMI EX FAMILIA ROMANA
(Lembrade que o exame da lección primeira do libro farémolo o vindeiro mércores, 13 de outubro. Esta proba constará dos exercicios PENSVM A, B e C das páxinas 11 e 12 do libro de texto.)
CCL: TAREFA PARA MÉRCORES 13 DE OUTUBRO
2. Tedes que facer unha presentación co IMPRESS que teña, coma mínimo, dúas diapositivas nas que desenvolvades un esquema (como se viu na clase). Se algún de vós quere engadir algo máis pode e debe face-lo. Tamén sería de agradecer que o contido do esquema tivese que ver co visto na clase.
3. A presentación chamarase TRABALLO_001_X (no canto do X que cada un poña o seu nome).
4. Mandaredesme a presentación coma achega cun correo ó departamento.
Aproveito tamén para vos lembrar que para mércores tamén tedes que ter feita a redacción, ben directamento no foro, ben no voso blog posteando a ligazón no blog.
Se tedes calquera dúbida ou atranco utilizade o correo.
martes, 5 de outubro de 2010
CULTURA CLÁSICA: REDACCIÓN (1º TRABALLO)
1. Que sei sobre Grecia.
2. Que sei sobre Roma.
A redacción debe ter, polo menos, 500 palabras e debe ser feita no foro ou ben no blog que teñades cada un. Se optades por esta segunda posibilidade, lembrade que debedes "postear" no foro a ligazón ó voso blog.
A data tope para que estea colgada é martes día 12 de outubro. Se algún de vós ten algún atranco, pode entrega-la redacción a man na clase de mércores 13 de outubro.
De novo lembrade que máis importante cós contidos é como vos expresades (vocabulario, puntuación, ortografía, etc.). Procurade escribir con frases curtas e palabras sinxelas (pero non coloquiais); evitade a sintaxe complicada e as oracións moi longas.
luns, 4 de outubro de 2010
LATÍN I: MATERIA DADA NA CLASE DE LUNS 5 DE OUTUBRO
Lembrade, os/as alumnos/as que hoxe faltastes a clase, que debedes facer isto pola vosa conta para poderdes estar ó mesmo nivel có resto.