A falta de confirmación definitiva, parece que NON se permite usa-la gramática de latín nos exames da PAAU (selectividade). En contra do que vos dicía no anterior correo, parece que en Galicia non está permitido o uso do resumo de gramática que acompaña ó dicionario. Así pois, na terceira avaliación NON se permitirá o uso da mesma nos exames ou probas de tradución. |
Blog do departamento de latín e grego do IES Espiñeira de Boiro (A Coruña). A función deste blog é a de servir de taboleiro de novidades e avisos para os/as alumnos/as de latín e grego. Lémbrase que anteriormente serviu de taboleiro para o departamento de latín dos seguintes centros: IES El Carmen de Cazalla de la Sierra, Sevilla (cursos 2007-2009); IES da Terra Chá de Castro de Rei, Lugo (cursos 2009-2011).
mércores, 31 de marzo de 2010
LATÍN II: SOBRE A GRAMÁTICA DE LATÍN NO EXAME DA PAAU
sábado, 27 de marzo de 2010
LATÍN II: SOBRE A GRAMÁTICA DE LATÍN NO EXAME DA PAAU
En relación coa posibilidade de utilizar ou non a gramática de latín que acompaña ó dicionario no exame da PAAU (selectividade), un compañeiro profesor de latín infórmame de que si está permitido o seu uso. Sen embargo na páxina oficial do CIUGA (Comisión Interuniversitaria de Galicia) non vén ningunha información ó respecto. Así pois, sigo pendente de poder confirmar este aspecto concreto dun modo definitivo. |
luns, 22 de marzo de 2010
LATÍN I: CORRECCIÓN CUALIFICACIÓNS 2ª AVALIACIÓN
Infórmase ás alumnas de que se detectaron algúns erros nas cualificacións medias da 2ª avaliación. Despois de seren corrixidos, para ve-las cualificacións correctas pincha AQUÍ. |
sábado, 20 de marzo de 2010
CCl: ENTREGA DE LIBRETAS PARA 2ª AVALIACIÓN
Lémbrase ós/ás alumnos/as que o luns 22 de marzo teñen que entrega-las libretas para a súa avaliación. |
venres, 19 de marzo de 2010
LATÍN I: CUALIFICACIÓNS 2º PARCIAL 2ª AVALIACIÓN
Infórmase ás alumnas de Latín I de que xa poden consulta-las cualificacións obtidas no 2º parcial da 2ª avaliación premendo AQUÍ. |
mércores, 17 de marzo de 2010
CCl: TRABALLO Nº 17
Ola, xa tedes no foro a proposta de reflexión para o traballo nº 17. Lede ben o enunciado e ánimo! |
martes, 16 de marzo de 2010
LATÍN II: CUALIFICACIÓNS 2º PARCIAL 2ª AVALIACIÓN
Infórmase ós/ás alumnos/as de que xa poden consulta-las cualificacións obtidas no 2º parcial da 2ª avaliación (pincha aquí). |
venres, 12 de marzo de 2010
GREGO I: NOTA INFORMATIVA SOBRE O EXAME (MOI IMPORTANTE)
Lémbrase ás alumnas de Grego I que:
|
mércores, 10 de marzo de 2010
CCL 4º ESO: TRABALLO OBRIGADO Nº 16
Tedes no voso foro os contidos do TRABALLO OBRIGADO nº 16, que debedes facer antes de luns 15 de marzo. |
venres, 5 de marzo de 2010
LATÍN I: SAÍDA Ó TEATRO MARTES 09 DE MARZO
Lémbrase ás alumnas de Latín I que para poderen asistir ó teatro o martes 09 de marzo é preciso que entreguen previamente a autorización asinada polos seus titores legais. De non ser así, lémbrase que a/as alumna/as non poderá/n asistir á representación teatral. |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)