Xa están marcadas as datas dos exames da 1ª avaliación de Latín e Grego II. Para as consultardes, ide á aula virtual e mirade en EVENTOS PRÓXIMOS ou CALENDARIO.
Blog do departamento de latín e grego do IES Espiñeira de Boiro (A Coruña). A función deste blog é a de servir de taboleiro de novidades e avisos para os/as alumnos/as de latín e grego. Lémbrase que anteriormente serviu de taboleiro para o departamento de latín dos seguintes centros: IES El Carmen de Cazalla de la Sierra, Sevilla (cursos 2007-2009); IES da Terra Chá de Castro de Rei, Lugo (cursos 2009-2011).
domingo, 23 de setembro de 2012
mércores, 23 de maio de 2012
LATÍN II E GREGO II : SETEMBRO 2012
Na seguinte ligazón podedes ver os contidos das proba de setembro de 2012 para Latín II e Grego II. Para calquera dúbida poñédevos en contacto comigo a través do correo electrónico do departamento.
domingo, 15 de abril de 2012
LATÍN II: PROBAS FINAIS
Con este correo achégovos as probas finais de morfoloxía de Latín II. Lede ben as preguntas por se algo non está claro.
Un saúdo.
mércores, 11 de abril de 2012
martes, 10 de abril de 2012
DATAS EXAMES 3ª AVALIACIÓN
Con este correo achégovos o calendario dos exames da 3ª avaliación. Prestade especial atención ás datas de Grego II, porque os exames de morfoloxía sufriron modificacións.
Un saúdo.
domingo, 8 de abril de 2012
CALENDARIO FIN DE CURSO PARA LATÍN II E GREGO II
De cara ao final de curso infórmovos das datas e os contidos das probas:
GREGO II:
- luns 23 de abril: morfoloxía nominal (3ª hora + lecer)
- mércores 25 de abril: morfoloxía verbal (3ª hora + lecer)
- luns 14 de maio: exame final de Grego II (5ª e 6ª horas)
- ademais destas datas, haberá distintas probas de texto que se irán marcando na propia aula
LATÍN II:
- luns 30 de abril: morfoloxía nominal (3ª hora + lecer)
- mércores 2 de maio: morfoloxía verbal (3ª hora + lecer)
- martes 15 de maio (pola tarde): exame final de Latín II (7ª e 8ª horas)
- ademais destas datas, haberá distintas probas de texto que se irán marcando na propia aula.
martes, 27 de marzo de 2012
LATÍN II E GREGO II: ASUNTOS VARIOS (IMPORTANTE)!
Ola, lémbrovos que mañá teremos unha hora de Latín e máis unha hora de Grego. Na hora de Latín lembrade que temos que facer o exame de lírica.
Un saúdo.
domingo, 25 de marzo de 2012
LATÍN II: EXAME DE LÍRICA LATINA
Lémbrovos que o vindeiro mércores 28 de marzo teremos o exame de Lírica Latina. Achégovos a proba con este correo.
Un saúdo.
xoves, 22 de marzo de 2012
LATÍN II: CUESTIONARIO LÍRICA LATINA: CATULO
Xa podedes realiza-lo cuestionario da lectura da lírica latina. Este cuestionario estará dispoñible ata o domingo ás 12 hs.
domingo, 4 de marzo de 2012
LATÍN II: MATERIAL DE LÍRICA LATINA
Con este correo achégovos os poemas de Catulo que tedes que ler e máis a guía de lectura. Lembrade que os poemas para lerdes son os números 51, 2, 86, 87, 109, 5, 7, 3, 85, 70, 8 e 11. Na edición que vos mando cada poema ten dous números, o que vale é o que está entre paréntese. Explicaremos este último apartado de literatura latina mércores 7 na 2ª hora de clase, e non xoves 8 como (supoño) tedes apuntada na axenda.
Un saúdo.
domingo, 26 de febreiro de 2012
GREGO II: EXAME DE TEATRO DE MARTES 28 DE FEBREIRO
Ola,
achégovos as preguntas que teredes que contestar no exame sobre o teatro grego que se fará o vindeiro martes 28 de febreiro. Se tedes calquera dúbida, mandádeme un correo ou preguntádeme mañá luns durante o lecer.
xoves, 23 de febreiro de 2012
LATÍN II: TEST DE LECTURA DO AGRÍCOLA DE TÁCITO (30-34)
Asunto: TEST DE LECTURA DO AGRÍCOLA DE TÁCITO (30-34)
Este test estará dispoñible o venres 24 de febreiro ata as 21:00 hs. aprox.
luns, 13 de febreiro de 2012
Rv: CUESTIONARIO DE LECTURA DE AS ASEMBLEÍSTAS DE ARISTÓFANES
Como se dixo na aula, envíovos a ligazón para que fagades o cuestionario de AS ASEMBLEÍSTAS de Aristófanes. Estará dispoñible ata última hora de venres 17 de febreiro.
domingo, 12 de febreiro de 2012
LATÍN II: EXAME DE TRADUCCIÓN DE LUNS 13
Vistos os atrancos de tempo que estamos a ter para remata-los exames de texto, coido que é mellor que a parte de traducción do exame de mañá pase para mércores 15 a 3ª hora, de modo que a que queira poida aproveita-lo lecer para remata-lo exame. Así pois, mañá a 5ª hora teremos clase de latín e remateremos de explica-la materia da oratoria en Roma. Se hai algún atranco con este cambio, avisádeme o antes posible.
mércores, 1 de febreiro de 2012
GREGO II: PROBA MORFOLOXÍA VENRES 03 DE FEBREIRO 2012
Ola,
o cuestionario que vos repartín na clase e que vos mandei por correo foi modificado lixeiramente en dúas preguntas, que fican redactadas finalmente do seguinte xeito:
5. (-) Cantos subxuntivos hai na voz activa do verbo grego? Enuméraos expresamente. (2)
8. Cantos optativos hai na voz activa grega? Enuméraos expresamente (2)
Nestas preguntas é obrigatorio, ademais de da-lo número concreto, enumeralos expresamente.
martes, 31 de xaneiro de 2012
GREGO II: PROBA REPASO VERBO LÝOO
Achégovos o modelo de exame para a proba de venres 03 de febreiro.
xoves, 26 de xaneiro de 2012
CUESTIONARIO DE LECTURA DO ANFITRIÓN DE PLAUTO
Asunto: CUESTIONARIO DE LECTURA DO ANFITRIÓN DE PLAUTO
Este cuestionario estará dispoñible o venres 27 ata as 21:30 hs. aprox.
https://docs.google.com/spreadsheet/viewform?formkey=dGstVUpPUXdoek5UYnRkZUJkbjVTUXc6MQ
xoves, 19 de xaneiro de 2012
CUESTIONARIO DE LECTURA DE EUTROPIO LIBRO VII
Asunto: CUESTIONARIO DE LECTURA DE EUTROPIO LIBRO VII
Este cuestionario estará dispoñible ata as 21:30 hs. do venres 20 de decembro de 2012.
CUESTIONARIO DE LECTURA DE EUTROPIO LIBRO VII: https://docs.google.com/spreadsheet/viewform?formkey=dExCSU5JYnpjVTVQbVNZVXFocXJWMkE6MA
xoves, 12 de xaneiro de 2012
CUESTIONARIO DE LECTURA DE EUTROPIO LIBRO VI
Asunto: CUESTIONARIO DE LECTURA DE EUTROPIO LIBRO VI
Este cuestionario estará dispoñible ata as 21:30 hs. do venres 13 de decembro de 2012.https://docs.google.com/spreadsheet/viewform?formkey=dHVHVlJDajdmWW5iT1VQSlFnVkp3SVE6MA
Rv: CUESTIONARIO DE LECTURA DE EUTROPIO LIBRO VI
Asunto: CUESTIONARIO DE LECTURA DE EUTROPIO LIBRO VI
Este cuestionario estará dispoñible ata as 21:30 hs. do venres 13 de decembro de 2012.https://docs.google.com/spreadsheet/viewform?formkey=dHVHVlJDajdmWW5iT1VQSlFnVkp3SVE6MA
luns, 9 de xaneiro de 2012
CULTURA CLÁSICA: CALENDARIO AVALIACIÓN LECCIÓN 2ª
Realización dun cuestionario que será repartido o venres 13, para ser realizado on line na hora de clase o venres 20 de xaneiro.
Realización dun esquema ou mapa conceptual co programa cmaps. Neste esquema hase explicar a estrutura do sistema de goberno de Esparta e de Atenas. Para venres 27 de xaneiro.
Elaboración dunha redacción:
- TEMA: As clases sociais en Grecia.
- IDEAS A DESENVOLVER:
- Enumeración e descripción das clases sociais na antiga Grecia.
- Mención expresa da existencia da escravitude no mundo antiguo.
- Mención expresa da situación da muller no mundo antigo.
- Comparación entre a situación das clases sociais no mundo antigo e na sociedade actual.
- EXTENSIÓN: mínimo de 175 palabras.
- MODO DE ENTREGA: manuscrito.
- DATA: luns 16 de xaneiro.
domingo, 8 de xaneiro de 2012
DATAS DE EXAMES PARA A SEGUNDA AVALIACIÓN
A sesión de avaliación para o segundo trimestre do curso está marcada para mércores 28 de marzo. Así pois, as datas de exames e parciais da 2ª avaliación fican da seguinte maneira:
- 1º BACHARELATO:
- LATÍN I:
- 1º PARCIAL: segunda semana de febreiro (día pendente de determinar)
- 2º PARCIAL: xoves 22 de marzo.
- GREGO I:
- 1º PARCIAL: mércores 8 de febreiro.
- 2º PARCIAL. mércores 21 de marzo.
- LATÍN I:
- LATÍN II:
- 1º PARCIAL: luns 13 de febreiro.
- 2º PARCIAL. luns 26 de marzo.
- GREGO II:
- 1º PARCIAL: venres 10 de febreiro.
- 2º PARCIAL: venres 23 de marzo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)