Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que dispoñen dun novo arquivo cos catro primeiros textos de Eutropio para traducir en clase. Estes textos presentan pequenas modificacións (resumo en galego e algunha nova nota e ligazón informativa) respecto á versión que se lles deu fotocopiada na clase. Poden acceder a eles dende a súa conta de SLIDESHARE. |
Blog do departamento de latín e grego do IES Espiñeira de Boiro (A Coruña). A función deste blog é a de servir de taboleiro de novidades e avisos para os/as alumnos/as de latín e grego. Lémbrase que anteriormente serviu de taboleiro para o departamento de latín dos seguintes centros: IES El Carmen de Cazalla de la Sierra, Sevilla (cursos 2007-2009); IES da Terra Chá de Castro de Rei, Lugo (cursos 2009-2011).
mércores, 30 de setembro de 2009
LATÍN II: MODIFICACIÓNS CADERNO DE EUTROPIO
domingo, 27 de setembro de 2009
LATÍN II: GUÍA E MATERIAL DE LECTURA
Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que xa poden acceder á guía e material de lectura dos fragmentos da Metamorfoses de Ovidio. Prégaselles ademais que activen a súa pertenza o grupo de Latín II, a través das súas contas de SLIDESHARE, para poder acceder ó material. |
venres, 4 de setembro de 2009
CAMBIO DE DENOMINACIÓN
A partir de hoxe venres 4 de setembro este blog deixa de se chamar LATÍN CAZALLA, para pasar a se-lo taboleiro de novidades do Departamento de Latín e Grego de IES da Terra Chá, de Castro de Rei, Lugo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)