Blog do departamento de latín e grego do IES Espiñeira de Boiro (A Coruña). A función deste blog é a de servir de taboleiro de novidades e avisos para os/as alumnos/as de latín e grego. Lémbrase que anteriormente serviu de taboleiro para o departamento de latín dos seguintes centros: IES El Carmen de Cazalla de la Sierra, Sevilla (cursos 2007-2009); IES da Terra Chá de Castro de Rei, Lugo (cursos 2009-2011).
xoves, 23 de xuño de 2011
martes, 14 de xuño de 2011
xoves, 9 de xuño de 2011
LATÍN I E GREGO I: PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DE EXAMES
Debido aos problemas de tempo que estamos a ter en Latín I propóñovos as seguintes modificacións no calendario de exames que temos establecido:
- LATÍN I: teríamos un único exame final o xoves 23 que consistiría en:
- morfoloxía
- traducción e análise sintáctica dunhas poucas oracións seleccionadas
- traducción dun texto non visto do nivel do último tema dado na clase
- recuperacións parciais dalgúns dos PENSA do último trimestre.
- GREGO I: adiantariamos os exames da seguinte maneira pero sempre dentro do horario de clase:
- LUNS 20 de xuño: morfoloxía
- MARTES 21 de xuño: traducción + relectio.
xoves, 2 de xuño de 2011
CCL: ACTIVIDADE 004 JCLIC
- ACTIVIDADES DE ASOCIACIÓN SIMPLE.
- ACTIVIDADES DE ASOCIACIÓN COMPLEXA.
- ACTIVIDADES DE EXPLORACIÓN
- ACTIVIDADE DE INDENTIFICACIÓN
- ACTIVIDADE FINAL:
- Os/as alumnos elaboraran un novo proxecto chamado proxecto_004_NOMEDO/AALUMNO/A (exemplo: proxecto_004_roberto), que deberá te-los seguintes contidos:
- act_000: PANTALLA DE INFORMACIÓN. Nesta pantalla debe aparecer a seguinte información: actividade 04 jclic xogos de asociación e exploración.
- act_001: ACTIVIDADE DE EXPLORACIÓN: nesta actividade os/as alumnos/as asociarán a cada unha das principais familias de linguas indoeuropeas, unha serie de linguas modernas que pertenzan a esa familia. O obxectivo desta actividade é que os/as alumnas poidan ir asociando as familias indoeuropeas coas linguas que pertencen a elas.
- act_002: ACTIVIDADE DE ASOCIACIÓN SIMPLE. Esta actividade consistirá en dous paneis. No panel A aparecerá coma mínimo o nome de 4 familias de linguas indoeuropeas (a saber, CELTAS, XERMÁNICAS, ESLAVAS, LATINAS, INDO-IRÁNIAS, etc.). No panel B aparecererán, en cada cadro, polo menos, tres linguas de cada unha destas familias. Para isto hai que repasa-la lección 1ª. Cada uin dos cadros do panel A deberá estar relacionado cun do panel B.
- act_003: ACTIVIDADE DE ASOCIACIÓN COMPLEXA. Nesta actividade, no panel A, que debe ter, polo menos, dez cadros, aparecerán o nome de dez linguas indoeuropeas modernas. No panel B, como moito, poderán aparecer catro nomes de familian de linguan indoeuropeas. Os/as alumnos/as terán que ir facendo a asociación correspondente.
- act_004: ACTIVIDADE DE IDENTIFICACIÓN: nesta actividade o panel debe conter o nome de seis linguas modernas, 5 delas indoeuropeas e unha non indoeuropea. O obxectivo desta actividade é identifica-la lingua non ie.
- Tódalas actividades deben conter:
- mensaxe inicial
- mensaxe de erro
- mensaxe final.
- Os/as alumnos elaboraran un novo proxecto chamado proxecto_004_NOMEDO/AALUMNO/A (exemplo: proxecto_004_roberto), que deberá te-los seguintes contidos:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)