Como se anunciou na clase, tedes que elaborar unha breve redacción sobre a democracia. Os requisitos do traballo e a data de entrega están aquí. |
Blog do departamento de latín e grego do IES Espiñeira de Boiro (A Coruña). A función deste blog é a de servir de taboleiro de novidades e avisos para os/as alumnos/as de latín e grego. Lémbrase que anteriormente serviu de taboleiro para o departamento de latín dos seguintes centros: IES El Carmen de Cazalla de la Sierra, Sevilla (cursos 2007-2009); IES da Terra Chá de Castro de Rei, Lugo (cursos 2009-2011).
mércores, 30 de marzo de 2011
CULTURA CLÁSICA: REDACCIÓN SOBRE A DEMOCRACIA
luns, 14 de marzo de 2011
CULTURA CLÁSICA: ENTREGA DE LIBRETAS PARA 2ª AVALIACIÓN
Infórmase aos/ás alumnos/as de cultura clásica que luns 21 de marzo, cando remate a clase, hanse recolle-las libretas da asignatura, para proceder á súa avaliación. |
xoves, 3 de marzo de 2011
CULTURA CLÁSICA: ENTREGA DE PRESENTACIÓS DA LECCIÓN 02!
Entregaron a presentación da lección 02 dentro de prazo os/as seguintes alumnos/as: Jennifer, Rosana, Nicolás, Diego, Nerea e Borja. Se algún/algunha alumno/a que entregou o traballo non está nesta listaxe, faga o favor de se poñer en contacto comigo. Os/as alumnos/as que por careceren de acceso a internet non as puideron entregar, poderán face-lo na clase de martes 15 marzo na aula de audiovisuais 02. Aqueles/as alumnos/as que teñen acceso a internet e non subiron os traballos deben facelo o antes posible porque xa están FÓRA DE PRAZO. |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)