domingo, 23 de setembro de 2012

DATAS EXAMES LATÍN II E GREGO II

Xa están marcadas as datas dos exames da 1ª avaliación de Latín e Grego II. Para as consultardes, ide á aula virtual e mirade en EVENTOS PRÓXIMOS ou CALENDARIO.

mércores, 23 de maio de 2012

LATÍN II E GREGO II : SETEMBRO 2012

Na seguinte ligazón podedes ver os contidos das proba de setembro de 2012 para Latín II e Grego II. Para calquera dúbida poñédevos en contacto comigo a través do correo electrónico do departamento.

domingo, 15 de abril de 2012

LATÍN II: PROBAS FINAIS

Con este correo achégovos as probas finais de morfoloxía de Latín II. Lede ben as preguntas por se algo non está claro.
Un saúdo.

mércores, 11 de abril de 2012

GREGO II: EXAMES DE MORFOLOXÍA

Achégovos os exames de morfoloxía de Grego II.

martes, 10 de abril de 2012

DATAS EXAMES 3ª AVALIACIÓN

Con este correo achégovos o calendario dos exames da 3ª avaliación. Prestade especial atención ás datas de Grego II, porque os exames de morfoloxía sufriron modificacións.
Un saúdo.

domingo, 8 de abril de 2012

CALENDARIO FIN DE CURSO PARA LATÍN II E GREGO II

De cara ao final de curso infórmovos das datas e os contidos das probas:

GREGO II:

  • luns 23 de abril: morfoloxía nominal (3ª hora + lecer)
  • mércores 25 de abril: morfoloxía verbal (3ª hora + lecer)
  • luns 14 de maio: exame final de Grego II (5ª e 6ª horas)
  • ademais destas datas, haberá distintas probas de texto que se irán marcando na propia aula
LATÍN II:

  • luns 30 de abril: morfoloxía nominal (3ª hora + lecer)
  • mércores 2 de maio: morfoloxía verbal (3ª hora + lecer)
  • martes 15 de maio (pola tarde): exame final de Latín II (7ª e 8ª horas)
  • ademais destas datas, haberá distintas probas de texto que se irán marcando na propia aula.




martes, 27 de marzo de 2012

LATÍN II E GREGO II: ASUNTOS VARIOS (IMPORTANTE)!

Ola, lémbrovos que mañá teremos unha hora de Latín e máis unha hora de Grego. Na hora de Latín lembrade que temos que facer o exame de lírica. 
Un saúdo.