Amosando publicacións coa etiqueta curso 2013-14. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curso 2013-14. Amosar todas as publicacións

martes, 17 de xuño de 2014

domingo, 15 de xuño de 2014

LATÍN I CONTIDOS EXAME SETEMBRO CURSO 2013-14

ASUNTO: Exame de setembro de Latín I
ESTADO: Provisional

Os/as alumnos/as que suspendan a materia de Latín I en xuño terán que facer unha proba de recuperación en setembro que poderá constar das seguintes partes:

  • apartado de morfoloxía nominal e verbal. 
    • Os contidos e o modelo de exame poderán ser os mesmos cós da 3ª avaliación, pero caben pequenas modificacións de detalle. 
    • Os criterios de avaliación serán os mesmos, precisándose un 80% da puntuación total para o poder aprobar.
    • Ligazóns aos modelos:
  • apartado de PENSA. Os/as alumnos terán que preparar os pesa A e B dos capítulos XII a XV, ambos incluídos.
  • apartado de tradución. Os/as alumnos/as traducirán un fragmento de texto do nivel dos capítulos XIV-XV do libro de texto.
  • apartado de lecturas. Os/as alumnos/as terán que facer durante o verán os cuestionarios de lectura dos libros de Eutropio que non fixeron durante o curso, tendo en conta:
    • que deben superar, como mínimo, 4 dos cuestionarios
    • que se deben facer por vía telemática. As ligazóns estarán dispoñibles dende a aplicación EDMODO e máis neste taboleiro (pincha aquí para ires aos cuestionarios)
MOITO IMPORTANTE: non todos/as os/as alumnos/as terán que recuperar todos os contidos da materia. Cada alumno/a levará unha breve descrición por escrito dos contidos a recuperar e das partes do exame a facer.

venres, 30 de maio de 2014

GREGO I : EXAME TRADUCIÓN (contidos e data)

ASUNTO: CONTIDOS EXAME DE TRADUCIÓN DE GREGO I
ESTADO: REVISADO (pendente)

O exame de tradución será semellante aos realizados durante o presente curso, incluíndo, polo tanto, oracións e textos traballados na aula.

  • Oracións: os/as alumnos/as deben preparar as seguintes oracións:
    • px. 151, ex. 1, oración b)
    • px. 150, ex. 1, oración a)(até πομπήν)
    • px.145, ex. 6, oración b)
    • px. 143, ex. 1 (o primeiro), oracións a) e b)
    • px. 137, ex. 4, oración a)
    • px. 131, ex. 4, oración a)
    • px. 129, ex. 1, oración a)
  • Textos: os/as alumnos/as deben preparar os seguintes textos:
    • txt. da px. 158
    • txt da px. 144
    • txt. da px. 130

O exame consistirá na análise morfolóxica e sintáctica de 4 oracións e a tradución de dous breves fragmentos dos textos sinalados.

DATA: venres 20 de xuño de 2014 a 3ª hora

domingo, 18 de maio de 2014

LATÍN I: MODELO EXAME MORFOLOXÍA

Velaquí os modelos de exame de morfoloxía nominal e verbal que vos propoño para mércores 4 e luns 9 de xuño. Estes modelos podería sufrir algunha pequena modificación.


  • Exame morfoloxía nominal.


xoves, 15 de maio de 2014

MODELO EXAMEN LENGUA ESPAÑOLA 3º ESO


  • ASUNTO: Examen de lengua española
  • CONTENIDO: lecciones 6 y 7 del libro de texto
  • FECHA : miércoles 21 de mayo.

mércores, 14 de maio de 2014

GRAOS DO ADXECTIVO

Esquema explicado na aula o mércores 14 de maio de 2014.


FLEXIÓN NOMINAL LATINA

Esquema explicado na aula o mércores 14 de maio de 2014.


martes, 13 de maio de 2014

A MULLER EN GRECIA


ATENCIÓN: nesta versión do esquema falta por recoller a exclusión da muller da vida política e social (con algunhas excepcións) da comunidade.

xoves, 8 de maio de 2014

LECCIÓN 6ª : AS ETAPAS DA VIDA (MODELO DE EXAME E DATAS)

Datas:

  • martes 03 de xuño de 2014
    • facemos cuestionario na aula
    • ÚLTIMO DÍA no que se recollen redaccións
    • entrega de libretas (5)
  • xoves 05 de xuño de 2014
    • entrega libretas (5)

Borrador dos contidos da avaliación:







venres, 25 de abril de 2014

CONTIDOS MÍNIMOS GREGO I CURSO 2013-14

ASUNTO: Modelo de proba de contidos mínimos da materia de Grego I, curso 2013-14

ESTADO: Pendente de última revisión

DATA DO EXAME:

  • Morfoloxía nominal venres 30 de maio.
  • Morfoloxía verbal luns 02 de xuño.


AVALIACIÓN FINAL:

  • Morfoloxía = contidos mínimos. Haberá que obter polo menos un 80% da cualificación posible en cada unha das dúas probas para o aprobar. Isto equivale a un 5 final na materia.
  • Sintaxe = os alumos que queiran subir nota terán que facer esta parte, que lles dará ate 5 puntos máis.

  • EXERCICIOS:
    • MORFOLOXÍA NOMINAL
      • Declina o artigo ὁ ἡ τό.
      • Identifica a declinación á que pertencen os seguintes substantivos e, dentro dela, a que grupo (neste exercicio aínda pode haber algunha modificación).
        • ἡ οἰκία, -ας 
        • τὸ δένδρον, -ου
        • ὁ πολίτης, -ου
        • τὸ ὄνομα, -ατος 
        • ὁ χειμών, -ῶνος 
        • ἡ θυγάτηρ, θυγατρός 
        • ὁ δοῦλος, -ου 
        • ὁ παῖς, παιδός 
      • Declina os seguintes adxectivos:
        • adxectivo 3-1-3 : καλός, καλή, καλόν
        • adxectivo 3-3 : σώφρων, σῶφρον
        • adxectivo 3-1-3 : πᾶς, πᾶσα, πᾶν
      • Enuncia os seguintes pronomes persoais (nominativo e xenitivo)
        • 1ª persoa de singular
        • 2ª persoa de singular
        • 1ª persoa de plural
        • 2ª persoa de plural
      • En que caso o pronome αὐτός,-ή, -ό non funciona nunca como pronome de terceira persoa?

    • MORFOLOXÍA VERBAL
      • Clasifica os seguintes verbos en función do esquema do verbo grego visto na aula.
        • εἶμι
        • βασιλεύω
        • τιμάω
        • πέμπω
        • φοβέω
      • Conxuga o presente de indicativo máis o imperativo do verbo εἰμί e maís dá o seu infinitivo.
      • Conxuga o presente de indicativo e máis o imperativo da voz activa e media do verbo λύω, e máis dá os seus infinitivo.
      • Que dous valores pode engadir semanticamente a voz media ao significado dun verbo?
      • Cando un verbo soamente ten voz media, dicimos que se trata dun verbo?
      • Que é un participio?
      • Cal é a primeira opción para traducirmos un participio apositivo?
      • Tira os seguintes participios do verbo λύω:
        • participio de presente activo:
        • participio de presente medio: