Amosando publicacións coa etiqueta descrición xeográfica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta descrición xeográfica. Amosar todas as publicacións

sábado, 8 de febreiro de 2014

DESCRICIÓN XEOGRÁFICA. OS PUNTOS CARDINAIS II

Sigo a traducir o libro I da Historia Ecclesiastica de Beda e atopo estas dúas novas referencias para se referir aos puntos cardinais.

denique subito duabus gentibus transmarinis uehementer saeuis, Scottorum a circio, Pictorum ab aquilone, multos stupet gemitque per annos.

Con a circio fai referencia ao noroeste, con ab aquilone ao norte.

Para os catro puntos cardinais pinchade aquí.  

sábado, 25 de xaneiro de 2014

DESCRICIÓN XEOGRÁFICA. OS PUNTOS CARDINAIS I

Mentres traducía un capítulo da Historia Ecclesiastica Gentis Anglorum de Beda dei con este fragmento que describe a illa de Wight, ao sur de Inglaterra. Paréceme moito interesante porque é breve e contén a mención dos catro puntos cardinais.

quae [insula] habet ab oriente in occasum triginta circiter milia passuum, ab austro in boream duodecim, in orientalibus suis partibus mari sex milium, in occidentalibus trium a meridiano Brittaniae litore distans. (Historia Ecclesiastica Gentis Anglorum 1.3)