mércores, 31 de marzo de 2010

LATÍN II: SOBRE A GRAMÁTICA DE LATÍN NO EXAME DA PAAU

A falta de confirmación definitiva, parece que NON se permite usa-la gramática de latín nos exames da PAAU (selectividade). En contra do que vos dicía no anterior correo, parece que en Galicia non está permitido o uso do resumo de gramática que acompaña ó dicionario. Así pois, na terceira avaliación NON se permitirá o uso da mesma nos exames ou probas de tradución.

sábado, 27 de marzo de 2010

LATÍN II: SOBRE A GRAMÁTICA DE LATÍN NO EXAME DA PAAU

En relación coa posibilidade de utilizar ou non a gramática de latín que acompaña ó dicionario no exame da PAAU (selectividade), un compañeiro profesor de latín infórmame de que si está permitido o seu uso. Sen embargo na páxina oficial do CIUGA (Comisión Interuniversitaria de Galicia) non vén ningunha información ó respecto. Así pois, sigo pendente de poder confirmar este aspecto concreto dun modo definitivo.

luns, 22 de marzo de 2010

LATÍN I: CORRECCIÓN CUALIFICACIÓNS 2ª AVALIACIÓN

Infórmase ás alumnas de que se detectaron algúns erros nas cualificacións medias da 2ª avaliación. Despois de seren corrixidos, para ve-las cualificacións correctas pincha AQUÍ.

sábado, 20 de marzo de 2010

CCl: ENTREGA DE LIBRETAS PARA 2ª AVALIACIÓN

Lémbrase ós/ás alumnos/as que o luns 22 de marzo teñen que entrega-las libretas para a súa avaliación.

venres, 19 de marzo de 2010

LATÍN I: CUALIFICACIÓNS 2º PARCIAL 2ª AVALIACIÓN

Infórmase ás alumnas de Latín I de que xa poden consulta-las cualificacións obtidas no 2º parcial da 2ª avaliación premendo AQUÍ.

mércores, 17 de marzo de 2010

CCl: TRABALLO Nº 17

Ola, xa tedes no foro a proposta de reflexión para o traballo nº 17. Lede ben o enunciado e ánimo!

martes, 16 de marzo de 2010

LATÍN II: CUALIFICACIÓNS 2º PARCIAL 2ª AVALIACIÓN

Infórmase ós/ás alumnos/as de que xa poden consulta-las cualificacións obtidas no 2º parcial da 2ª avaliación (pincha aquí).