| Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que xa poden acceder á guía de lectura da comedia Anfitrión de Plauto. Han atopa-la ligazón no grupo de Latín II de Slideshare. |
Blog do departamento de latín e grego do IES Espiñeira de Boiro (A Coruña). A función deste blog é a de servir de taboleiro de novidades e avisos para os/as alumnos/as de latín e grego. Lémbrase que anteriormente serviu de taboleiro para o departamento de latín dos seguintes centros: IES El Carmen de Cazalla de la Sierra, Sevilla (cursos 2007-2009); IES da Terra Chá de Castro de Rei, Lugo (cursos 2009-2011).
mércores, 30 de decembro de 2009
LATÍN II: GUÍA DE LECTURA DO ANFITRIÓN DE PLAUTO
xoves, 24 de decembro de 2009
LATÍN II: TEXTO DE LECTURA DA COMEDIA ANFITRIÓN DE PLAUTO
| Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que o texto recomendado para a lectura da comedia Anfitrión de Plauto é o recollido na páxina web de Latín II deste departamento, no apartado de textos na internet. (Para accederdes directamente ó texto pinchade aquí). Para poderdes descarga-lo texto en formato pdf é preciso que abrades unha conta no servidor SCRIBD. Unha vez feito isto só tedes que clicar en DOWNLOAD e escoller versión en formado pdf. De todos modos, ó regreso do nadal hase proporcionar unha copia en papel. Tamén aproveito para vos recomendar que leáde-la introdución que precede ó texto (evidentemente a lectura que tedes que facer é da versión en castelán tan só), pois dá moitísima información e moi interesante para saber máis cousas sobre o teatro latino. |
mércores, 23 de decembro de 2009
LATÍN I: CUALIFICACIÓNS DEFINITIVAS
| Infórmase ás alumnas de Latín I de que xa poden consulta-las cualificacións definitivas da 1ª avaliación (lémbraselles que as do boletín eran provisionais). |
LATÍN II: ACLARACIÓN CUALIFICACIÓNS DA 1ª AVALIACIÓN
| Infórmase ós/ás alumnas de Latín II de que xa poden consulta-la listaxe definitiva das cualificacións da 1ª avaliación. Lémbraselles que a cualificación tida en conta para determina-la cualificación do boletín é a mellor entre o resultado da media ponderada entre o 1º e o 2º parcial, e o resultado do 2º parcial (coas limitacións e salvedades establecidas na programación). |
domingo, 20 de decembro de 2009
LATÍN II: CORRECCIÓNS PRESENTACIÓNS DE HISTORIOGRAFÍA
| Prégase ós/ás alumnos/as de Latín II que fagan as correccións nas presentacións de Historiografía o antes posible e que suban os arquivos corrixidos á súa conta de SLIDESHARE. Os resumos corrixidos hanse devolver na clase do martes 22 de decembro. |
xoves, 17 de decembro de 2009
LATÍN I: CUALIFICACIÓNS DA 1ª AVALIACIÓN
Debido a que o día 16 de decembron as clases foron suspendidas en todo o territorio de Galicia, e que as alumnas de Latín I non asistiron a clase o xoves 17 por estaren nunha actividade extraescolar, non se pode realizar a 2ª parte do 2º parcial da 1ª avaliación antes da sesión de avaliación, que se celebrará hoxe 17 pola tarde. Así pois este departamento decide:
1. que as cualificacións que aparecerán no boletín hanse establecer segundo a seguinte fórmula: [(cualificación 1º parcial)+(cualificación 1ª parte do 2º parcial x 2)]/3.
2. que a segunda parte do segundo parcial da 1ª avaliación hase realizar luns 21 de decembro na hora de clase.
3. que a cualificación da 1ª avaliación válida será a que resulte da aplicación da fórmula establecida na programación sobre a totalidade do 2º parcial.
1. que as cualificacións que aparecerán no boletín hanse establecer segundo a seguinte fórmula: [(cualificación 1º parcial)+(cualificación 1ª parte do 2º parcial x 2)]/3.
2. que a segunda parte do segundo parcial da 1ª avaliación hase realizar luns 21 de decembro na hora de clase.
3. que a cualificación da 1ª avaliación válida será a que resulte da aplicación da fórmula establecida na programación sobre a totalidade do 2º parcial.
martes, 15 de decembro de 2009
LATÍN I: NOVA DATA PARCIAL
Infórmase ás alumnas de Latín I que o exame previsto para mércores día 16 de decembro hase realizar o seguinte día de clase, xoves 17 de decembro ou luns 21 de decembro (a data depende de que as alumnas realicen ou non a viaxe que tiñan prevista para os días 17 e 18 de decembro).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)