mércores, 25 de novembro de 2009

LATÍN II: MOI IMPORTANTE: CALENDARIO EXAMES 2ª E 3ª AVALIACIÓNS

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que o calendario de exames da 2ª e 3ª avaliación queda como se indica de seguido:

2ª AVALIACIÓN:
1º Parcial: xoves 04-02-10 e venres 05-02-10
2º Parcial: venres 12-03-10 e martes 16-03-10

3ª AVALIACIÓN:
1º Parcial: xoves 29-04-10 e venres 30-04-10
2º Parcial: xoves 20-05-10 e venres 21-05-10

Estas datas son DEFINITIVAS. Se houbera calquera atranco, prégase ós/ás alumnos/as que o comuniquen ó departamento o antes posible, pero NON SE GARANTE A SÚA MODIFICACIÓN.


LATÍN II: CUALIFICACIÓNS TEXTO 005

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que xa poden ve-las cualificacións do texto 005.

domingo, 22 de novembro de 2009

LATÍN II: LISTAXE DE TOPÓNIMOS PARA PAAU 2010

  • Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que xa poden acceder ó material para prepara-los topónimos da listaxe proposta pola CiUG para a proba da PAAU de 2010, ben dende a ligazón incluída na súa páxina web, ben dende aquí.
  • Infórmaselles tamén de que estes contidos xa serán esixibles no primeiro parcial da 2ª avaliación (aínda pendente de ser marcado).

LATÍN II: AFORISMOS E FRASES LATINAS

  • Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II que se engaden á materia que xa entra nesta avaliación o segundo grupo de aforismos e frases latinas, previsto en principio para a 2ª avaliación.
  • Este 2º grupo está formado polos aforismos e frases latinas comprendidos entre habeas corpus e noli me tangere (este último inclusive).
  • Para a preparación deste novo material remitimos ó seguinte material:
  • Como este material non se acompaña de exemplos, os/as alumnos/as terán que entregar como traballo obrigado unha relación de oracións nas que se empregue dun modo axeitado cada unha das locucións latinas. A data tope para a entrega deste traballo será o xoves 10 de decembro (inclusive). O traballo hase entregar en soporte papel e manuscrito.

LATÍN II: CUALIFICACIÓNS TEST DE LECTURA DOS POEMAS ESCOLLIDOS DE CATULO

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que xa poden ve-las cualificacións do test de lectura dos poemas escollidos de Catulo, ben dende a ligazón CUALIFICACIÓNS da súa páxina web, ben pinchando aquí.

LATÍN II: CUALIFICACIÓNS EXAME REPASO MORFOLOXÍA DE 1º

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que xa poden ve-las cualificacións finais da proba de repaso da morfoloxía de Latín I, ben dende a ligazón CUALIFICACIÓNS da súa páxina web, ben pinchando aquí.

xoves, 12 de novembro de 2009

LATÍN II: NOVO PLAN DE TRABALLO

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que, para soluciana-los atrancos detectados na primeira proba de tradución, o plan de traballo a seguir na aula vai ser modificado.

  • A partir de mañá venres 13 de novembro os/as alumnos/as traducirán  na casa textos de Eutropio anotados e comentados previamente, que entregarán nunha data determinada.
 
  • O tempo das clases vai ser adicado exclusivamente nas vindeiras semanas á explicación de contidos de morfoloxía e sintaxe.

  • Respéctanse, sen embargo, todas as datas marcadas para a realización dos test de lectura e as entregas de traballos e resumos.