| Trala realización do 1º parcial da 3ª avaliación e de tres probas de tradución neste mes de maio, tendo en conta o traballo e adicación á asignatura mostrada por algúns alumnos/as, e en aplicación dos criterios de avaliación recollidos na programación, este departamento resolve: 1. que os seguintes alumnos/as obteñen a seguinte cualificación final na asignatura de Latín II: Diego García: APROBADO (5) Lara Lozano: NOTABLE (8) Alba Trashorras: NOTABLE (7) 2. que os/as alumnos/as mencionados/as na listaxe anterior poden e deben face-las probas pendentes para subiren nota. 3. que os/as alumnos/as non mencionados na listaxe anterior teñen que face-las probas pensentes na súa integridade, para poderen ser avaliados segundo o establecido na programación. Lémbrase, finalmente, que os alumnos/as mencionados/as na listaxe anterior non quedan exentos de asistir a clase. |
Blog do departamento de latín e grego do IES Espiñeira de Boiro (A Coruña). A función deste blog é a de servir de taboleiro de novidades e avisos para os/as alumnos/as de latín e grego. Lémbrase que anteriormente serviu de taboleiro para o departamento de latín dos seguintes centros: IES El Carmen de Cazalla de la Sierra, Sevilla (cursos 2007-2009); IES da Terra Chá de Castro de Rei, Lugo (cursos 2009-2011).
mércores, 12 de maio de 2010
LATÍN: CUALIFICACIÓNS FINAIS
luns, 10 de maio de 2010
CULTURA CLÁSICA: EXEMPLO DE PÁXINA WEB PARA O TRABALLO DE FIN DE CURSO
| Seguidamente dóuvo-la ligazón para que accedades á páxina web que fixen coma exemplo do que quero que fagades dentro do traballo de fin curso. (Tamén podes acceder dende estoutra páxina). |
mércores, 5 de maio de 2010
LATÍN II: CUALIFICACIÓNS 1º PARCIAL 3ª AVALIACIÓN
| Xa podedes consulta-las cualificacións do 1º parcial da 3ª avaliación pinchando aquí. |
luns, 3 de maio de 2010
LATÍN II: ALUMNOS/AS QUE LIBERAN PARTE DA MATERIA TRALO 1º PARCIAL DA 3ª AVALIACIÓN
| En vista dos resultados acadados no 1º parcial da 3ª avaliación e para axudar no final de curso ós/ás alumnos/as que ó longo destes meses veñen traballando dun modo constante en tódolos eidos da asinatura de Latín II, o departamento dispón que: 1. quedan exentos da proba de RELECTIO para o 2º parcial os/as alumnos/as: Diego García, Lara Lozano e Alba Trashorras. 2. queda exenta da proba de morfoloxía para o 2º parcial a alumna Lara Lozano. Ademais infórmase de que en función dos resultados que se acaden nas próximas dúas probas de tradución a realizar venres 07 e 14 de maio respectivamente, é posible que se saque unha nova listaxe con alumnos/as exentos/as da tradución no 2º parcial. |
luns, 19 de abril de 2010
LATÍN II: SOBRE OS TEXTOS DE FEDRO
| Despois de valora-la petición que os/as alumnos/as de Latín II fixestes o pasado venres 16 de abril, decidín deixar de traducir na aula os textos de Fedro. A partir deste momento só traduciremos textos de Eutropio, tanto na casa como na aula. Así pois, a vindeira sesión de tradución na aula non seguiremos co texto 003_02 de Fedro, senón que traducirémo-lo texto 024 de Eutropio, que estaba previsto para entregar o xoves 22. Ademais, proximamente recibiredes un correo cos novos textos de Eutropio para traducirdes. |
xoves, 15 de abril de 2010
luns, 12 de abril de 2010
LATÍN II: EXAME DE LITERATURA
| Lémbrase ós/ás alumnos/as que se acordara reparti-los 1,5 puntos que corresponden ó apartado de literatura do seguinte xeito: *0,75 pola realización dos traballos e presentacións, *ata 0,75 máis a través da realización dun exame sobre os contidos teóricos dos aspectos tratados. Os/as alumnos/as que desexen realiza-la proba teórica poderán facelo tódolos luns entre o vindeiro 19 de abril e ata o 17 de maio inclusive, no tempo do recreo, previo aviso ó profesor durante a semana anterior. O exame consistirá en dúas preguntas das cinco tratadas durante o curso, das que o/a alumno/a escollerá unha para contestar. |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)