| En vista dos resultados acadados no 1º parcial da 3ª avaliación e para axudar no final de curso ós/ás alumnos/as que ó longo destes meses veñen traballando dun modo constante en tódolos eidos da asinatura de Latín II, o departamento dispón que: 1. quedan exentos da proba de RELECTIO para o 2º parcial os/as alumnos/as: Diego García, Lara Lozano e Alba Trashorras. 2. queda exenta da proba de morfoloxía para o 2º parcial a alumna Lara Lozano. Ademais infórmase de que en función dos resultados que se acaden nas próximas dúas probas de tradución a realizar venres 07 e 14 de maio respectivamente, é posible que se saque unha nova listaxe con alumnos/as exentos/as da tradución no 2º parcial. |
Blog do departamento de latín e grego do IES Espiñeira de Boiro (A Coruña). A función deste blog é a de servir de taboleiro de novidades e avisos para os/as alumnos/as de latín e grego. Lémbrase que anteriormente serviu de taboleiro para o departamento de latín dos seguintes centros: IES El Carmen de Cazalla de la Sierra, Sevilla (cursos 2007-2009); IES da Terra Chá de Castro de Rei, Lugo (cursos 2009-2011).
luns, 3 de maio de 2010
LATÍN II: ALUMNOS/AS QUE LIBERAN PARTE DA MATERIA TRALO 1º PARCIAL DA 3ª AVALIACIÓN
luns, 19 de abril de 2010
LATÍN II: SOBRE OS TEXTOS DE FEDRO
| Despois de valora-la petición que os/as alumnos/as de Latín II fixestes o pasado venres 16 de abril, decidín deixar de traducir na aula os textos de Fedro. A partir deste momento só traduciremos textos de Eutropio, tanto na casa como na aula. Así pois, a vindeira sesión de tradución na aula non seguiremos co texto 003_02 de Fedro, senón que traducirémo-lo texto 024 de Eutropio, que estaba previsto para entregar o xoves 22. Ademais, proximamente recibiredes un correo cos novos textos de Eutropio para traducirdes. |
xoves, 15 de abril de 2010
luns, 12 de abril de 2010
LATÍN II: EXAME DE LITERATURA
| Lémbrase ós/ás alumnos/as que se acordara reparti-los 1,5 puntos que corresponden ó apartado de literatura do seguinte xeito: *0,75 pola realización dos traballos e presentacións, *ata 0,75 máis a través da realización dun exame sobre os contidos teóricos dos aspectos tratados. Os/as alumnos/as que desexen realiza-la proba teórica poderán facelo tódolos luns entre o vindeiro 19 de abril e ata o 17 de maio inclusive, no tempo do recreo, previo aviso ó profesor durante a semana anterior. O exame consistirá en dúas preguntas das cinco tratadas durante o curso, das que o/a alumno/a escollerá unha para contestar. |
mércores, 31 de marzo de 2010
LATÍN II: SOBRE A GRAMÁTICA DE LATÍN NO EXAME DA PAAU
| A falta de confirmación definitiva, parece que NON se permite usa-la gramática de latín nos exames da PAAU (selectividade). En contra do que vos dicía no anterior correo, parece que en Galicia non está permitido o uso do resumo de gramática que acompaña ó dicionario. Así pois, na terceira avaliación NON se permitirá o uso da mesma nos exames ou probas de tradución. |
sábado, 27 de marzo de 2010
LATÍN II: SOBRE A GRAMÁTICA DE LATÍN NO EXAME DA PAAU
| En relación coa posibilidade de utilizar ou non a gramática de latín que acompaña ó dicionario no exame da PAAU (selectividade), un compañeiro profesor de latín infórmame de que si está permitido o seu uso. Sen embargo na páxina oficial do CIUGA (Comisión Interuniversitaria de Galicia) non vén ningunha información ó respecto. Así pois, sigo pendente de poder confirmar este aspecto concreto dun modo definitivo. |
luns, 22 de marzo de 2010
LATÍN I: CORRECCIÓN CUALIFICACIÓNS 2ª AVALIACIÓN
| Infórmase ás alumnas de que se detectaron algúns erros nas cualificacións medias da 2ª avaliación. Despois de seren corrixidos, para ve-las cualificacións correctas pincha AQUÍ. |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)