luns, 8 de febreiro de 2010

venres, 5 de febreiro de 2010

GREGO I: DATA FINAL PARA ENTREGA TRABALLO DE CURSO

A data final para a entrega do traballo proposto ás alumnas para o presente curso queda fixada para o luns 12 de abril de 2010. Lémbrase que o traballo será avaliado segundo o establecido no guión orientativo.

xoves, 4 de febreiro de 2010

LATÍN I E GREGO I: MODIFICACIÓN DATAS 2º PARCIAL 2ª AVALIACIÓN

Infórmase ás alumnas de Latín e Grego I das novas datas do 2º parcial da 2ª avaliación:

Grego I:
1ª parte: luns 15 de marzo de 2010.
2ª parte: martes 16 de marzo de 2010.

Latín I:
1ª parte: mércores 17 de marzo de 2010.
2ª parte: xoves 18 de marzo de 2010.

Lémbrase:
1.que estas modificacións se fan para adapta-las datas da avaliación á excursión dos/as alumnos/as de 1º de Bacharelato.
2. que estas datas son as definitivas.

mércores, 27 de xaneiro de 2010

GREGO I: MODIFICACIÓN DATA 2º PARCIAL 2ª AVALIACIÓN

Comunícase ás alumnas de Grego I que a 1ª parte do 2º parcial da 2ª avaliación hase realizar xoves 18 de marzo, por se-lo venres 19 día festivo.

CCL: Material clase venres 29 de xaneiro.

Lémbrase ós/ás alumnos/as de Cultura Clásica de 4º de ESO que é preciso que traian a clase o libro de texto o vindeiro venres 29 de xaneiro, para que poidan inicia-la elaboración da actividade obrigada nº 11 (véxase o contido no foro).

mércores, 13 de xaneiro de 2010

LATÍN II: AFORISMOS E FRASES LATINAS

Infórmase ós/ás alumnas de Latín II de que para o 1º parcial da 2ª avaliación (previsto para o xoves 4 de febreiro) xa entrará o último grupo de aforismos e frases latinas (dende "non plus ultra" ata o final). Ó igual ca na 1ª avaliación, os/as alumnos/as deberán presentar por escrito un exercicio consistente en utilizar cada un deses aforismos e frases latinas nun contexto axeitado. Prégase que os exemplos sexan claros. O traballo hase presentar escrito a man, será individual, e a data tope de entrega será o xoves 4 de febreiro.

Lémbrase que a listaxe de topónimos entra completa. 

luns, 11 de xaneiro de 2010

LATÍN II: Test de lectura do Anfitrión de Plauto

Infórmase ós/ás alumnos/as de que o test da lectura Anfitrión de Plauto se realizará o venres 12 de febreiro. Lémbrase ós/ás alumnas que esta é a última lectura obrigada do curso.