luns, 11 de xaneiro de 2010

LATÍN II: ENTREGA RESUMO + PRESENTACIÓN SOBRE A ORATORIA

Infórmase ós/ás alumnos/as de que o vindeiro venres 22 de xaneiro é a data límite para a entrega dos resumos e presentacións da oratoria latina.

Lémbrase tamén ós/ás alumnas que non subiron aínda as presentacións do tema de historiografía ó SLIDESHARE que o fagan antes de que remate esta semana.

LATÍN II: TEST DA LECTURA DE ORATORIA

Lémbrase ós/ás alumnos/as que o vindeiro martes 19 de xaneiro realizarase o test da lectura de oratoria (breves discursos de Calgaco e Agrícola tomados do Agrícola de Tácito).

CULTURA CLÁSICA 4º ESO: POSTA Ó DÍA EN ACTIVIDADES

Por favor, dende a vosa páxina web mirade o estado das tarefas e poñédevos ó día. Lembrade que a data máxima para manda-la actividade 009 é xoves 14 de xaneiro. Recordade que os requisitos da actividade 009 están especificados no foro.

mércores, 30 de decembro de 2009

LATÍN II: GUÍA DE LECTURA DO ANFITRIÓN DE PLAUTO

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que xa poden acceder á guía de lectura da comedia Anfitrión de Plauto. Han atopa-la ligazón no grupo de Latín II de Slideshare.

xoves, 24 de decembro de 2009

LATÍN II: TEXTO DE LECTURA DA COMEDIA ANFITRIÓN DE PLAUTO

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que o texto recomendado para a lectura da comedia Anfitrión de Plauto é o recollido na páxina web de Latín II deste departamento, no apartado de textos na internet. (Para accederdes directamente ó texto pinchade aquí).

Para poderdes descarga-lo texto en formato pdf é preciso que abrades unha conta no servidor SCRIBD. Unha vez feito isto só tedes que clicar en DOWNLOAD e escoller versión en formado pdf. De todos modos, ó regreso do nadal hase proporcionar unha copia en papel.

Tamén aproveito para vos recomendar que leáde-la introdución que precede ó texto (evidentemente a lectura que tedes que facer é da versión en castelán tan só), pois dá moitísima información e moi interesante para saber máis cousas sobre o teatro latino.

mércores, 23 de decembro de 2009

LATÍN I: CUALIFICACIÓNS DEFINITIVAS

Infórmase ás alumnas de Latín I de que xa poden consulta-las cualificacións definitivas da 1ª avaliación (lémbraselles que as do boletín eran provisionais).

LATÍN II: ACLARACIÓN CUALIFICACIÓNS DA 1ª AVALIACIÓN

Infórmase ós/ás alumnas de Latín II de que xa poden consulta-la listaxe definitiva das cualificacións da 1ª avaliación. Lémbraselles que a cualificación tida en conta para determina-la cualificación do boletín é a mellor entre o resultado da media ponderada entre o 1º e o 2º parcial, e o resultado do 2º parcial (coas limitacións e salvedades establecidas na programación).