| Prégase ós/ás alumnos/as de Latín II que fagan as correccións nas presentacións de Historiografía o antes posible e que suban os arquivos corrixidos á súa conta de SLIDESHARE. Os resumos corrixidos hanse devolver na clase do martes 22 de decembro. |
Blog do departamento de latín e grego do IES Espiñeira de Boiro (A Coruña). A función deste blog é a de servir de taboleiro de novidades e avisos para os/as alumnos/as de latín e grego. Lémbrase que anteriormente serviu de taboleiro para o departamento de latín dos seguintes centros: IES El Carmen de Cazalla de la Sierra, Sevilla (cursos 2007-2009); IES da Terra Chá de Castro de Rei, Lugo (cursos 2009-2011).
domingo, 20 de decembro de 2009
LATÍN II: CORRECCIÓNS PRESENTACIÓNS DE HISTORIOGRAFÍA
xoves, 17 de decembro de 2009
LATÍN I: CUALIFICACIÓNS DA 1ª AVALIACIÓN
Debido a que o día 16 de decembron as clases foron suspendidas en todo o territorio de Galicia, e que as alumnas de Latín I non asistiron a clase o xoves 17 por estaren nunha actividade extraescolar, non se pode realizar a 2ª parte do 2º parcial da 1ª avaliación antes da sesión de avaliación, que se celebrará hoxe 17 pola tarde. Así pois este departamento decide:
1. que as cualificacións que aparecerán no boletín hanse establecer segundo a seguinte fórmula: [(cualificación 1º parcial)+(cualificación 1ª parte do 2º parcial x 2)]/3.
2. que a segunda parte do segundo parcial da 1ª avaliación hase realizar luns 21 de decembro na hora de clase.
3. que a cualificación da 1ª avaliación válida será a que resulte da aplicación da fórmula establecida na programación sobre a totalidade do 2º parcial.
1. que as cualificacións que aparecerán no boletín hanse establecer segundo a seguinte fórmula: [(cualificación 1º parcial)+(cualificación 1ª parte do 2º parcial x 2)]/3.
2. que a segunda parte do segundo parcial da 1ª avaliación hase realizar luns 21 de decembro na hora de clase.
3. que a cualificación da 1ª avaliación válida será a que resulte da aplicación da fórmula establecida na programación sobre a totalidade do 2º parcial.
martes, 15 de decembro de 2009
LATÍN I: NOVA DATA PARCIAL
Infórmase ás alumnas de Latín I que o exame previsto para mércores día 16 de decembro hase realizar o seguinte día de clase, xoves 17 de decembro ou luns 21 de decembro (a data depende de que as alumnas realicen ou non a viaxe que tiñan prevista para os días 17 e 18 de decembro).
LATÍN II: SUSPENSIÓN DE CLASES MÉRCORES 16 DE DECEMBRO DE 2009
| A consellería de educación ven de informar de que mañá mércores 16 de decembro quedan suspendidas as clases en todos os IES de Galicia. Así pois, o exame de Latín II previsto para mañá mércores hase realizar xoves 17 de decembro na hora de clase. (Anuncio da consellería) De todos modos, prégase ós/ás alumnos/as que revisen este taboleiro por se se producira algúnha modificación de última hora. |
luns, 14 de decembro de 2009
GREGO I: CUALIFICACIÓNS 2º PARCIAL 1ª AVALIACIÓN
| Infórmase ás alumnas de Grego I de que xa poden consulta-las cualificacións do 2º parcial da 1ª avaliación (tamén accesibles dende a ligazón da súa páxina web). |
LATÍN II: MATERIAIS PARA A ORATORIA ROMANA
| Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que dende a súa conta de Slideshare, accedendo ó grupo de Latín II, poden acceder tanto á guía de lectura e cuestionario dos discursos dos capítulos 29-34 do Agrícola de Tácito, coma a outra tradución. |
venres, 11 de decembro de 2009
LATÍN II: NOVA RECURSO PARA TRABALLA-LAS LOCUCIÓNS E AFORISMOS LATINOS
| Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que para consulta-lo significado e USO das lucucións e aforismos latinas poden visita-las seguintes páxinas: http://enciclopedia.us.es/index.php/Locuciones_latinas http://es.wikipedia.org/wiki/Categor%C3%ADa:Expresiones_latinas_usadas_en_Derecho A este recurso tamén se pode acceder dende a súa páxina web. |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)