domingo, 22 de novembro de 2009

LATÍN II: CUALIFICACIÓNS EXAME REPASO MORFOLOXÍA DE 1º

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que xa poden ve-las cualificacións finais da proba de repaso da morfoloxía de Latín I, ben dende a ligazón CUALIFICACIÓNS da súa páxina web, ben pinchando aquí.

xoves, 12 de novembro de 2009

LATÍN II: NOVO PLAN DE TRABALLO

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que, para soluciana-los atrancos detectados na primeira proba de tradución, o plan de traballo a seguir na aula vai ser modificado.

  • A partir de mañá venres 13 de novembro os/as alumnos/as traducirán  na casa textos de Eutropio anotados e comentados previamente, que entregarán nunha data determinada.
 
  • O tempo das clases vai ser adicado exclusivamente nas vindeiras semanas á explicación de contidos de morfoloxía e sintaxe.

  • Respéctanse, sen embargo, todas as datas marcadas para a realización dos test de lectura e as entregas de traballos e resumos.

mércores, 11 de novembro de 2009

LATÍN II: CUALIFICACIÓNS 1º PARCIAL 1º AVALIACIÓN

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que xa poden ve-las cualificacións do 1º parcial da 2ª avaliación ben dende a ligazón CUALIFICACIÓNS da súa páxina web, ben dende aquí.

GREGO I: CUALIFICACIÓNS 1º PARCIAL 1ª AVALIACIÓN

Infórmase ás alumnas de Grego I de que xa poden ve-las cualificacións do 1º parcial ben dende a ligazón CUALIFICACIÓNS da súa páxina web, ben dende aquí.

domingo, 8 de novembro de 2009

LATÍN I: CUALIFICACIÓNS 1º PARCIAL 1ª AVALIACIÓN

Infórmase ás alumnas de Latín I de que xa poden ve-las cualificacións obtidas no primeiro parcial da primeira avaliación, ben dende a ligazón CUALIFICACIÓNS da páxina web de Latín I, ou ben pinchando aquí.

Para preserva-la súa intimidade os seus nomes aparecen sustituídos polo seu número na listaxe da aula.

mércores, 4 de novembro de 2009

LATÍN II: CONTIDOS SUPLEMENTARIOS (MOI IMPORTANTE)

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que ademais da listaxe de 50 latinismos e aforismos latinos que deben preparar para esta 1ª avaliación, tamén terán que preparar pola súa conta a listaxe dos primeiros 25 topónimos e máis os aspectos básicos da composición e derivación de orixe latina en galego (ou castelán).

Os materiais de traballo son os recollidos na páxina web do departamento, pero danse de novo de seguido:

Mañá día 05 de novembro hanse adicar uns minutos na clase a este asunto.

GREGO I: CONTIDOS 1º PARCIAL

Recórdase ás alumnas de Grego I que os contidos do primeiro paracial son os correspondentes ás lección 1 a 3 do libro de texto.