domingo, 8 de novembro de 2009

LATÍN I: CUALIFICACIÓNS 1º PARCIAL 1ª AVALIACIÓN

Infórmase ás alumnas de Latín I de que xa poden ve-las cualificacións obtidas no primeiro parcial da primeira avaliación, ben dende a ligazón CUALIFICACIÓNS da páxina web de Latín I, ou ben pinchando aquí.

Para preserva-la súa intimidade os seus nomes aparecen sustituídos polo seu número na listaxe da aula.

mércores, 4 de novembro de 2009

LATÍN II: CONTIDOS SUPLEMENTARIOS (MOI IMPORTANTE)

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que ademais da listaxe de 50 latinismos e aforismos latinos que deben preparar para esta 1ª avaliación, tamén terán que preparar pola súa conta a listaxe dos primeiros 25 topónimos e máis os aspectos básicos da composición e derivación de orixe latina en galego (ou castelán).

Os materiais de traballo son os recollidos na páxina web do departamento, pero danse de novo de seguido:

Mañá día 05 de novembro hanse adicar uns minutos na clase a este asunto.

GREGO I: CONTIDOS 1º PARCIAL

Recórdase ás alumnas de Grego I que os contidos do primeiro paracial son os correspondentes ás lección 1 a 3 do libro de texto.

domingo, 1 de novembro de 2009

LATÍN II: CALENDARIO PARA O TEMA DA HISTORIOGRAFÍA ROMANA.

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que o calendario para o tema da Historiografía Latina é o seguinte:

  • venres 13 de novembro: introdución ó xénero na aula.
  • martes 01 de decembro: test de lectura do texto de Tito Livio.
  • venres 04 de decembro: último día para a entrega do resumo e maila presentación.


Recórdase ós/ás alumnos/as que as preguntas do test de lectura hanse coller do cuestionario que acompaña á edición do texto recomendada (pinchade aquí).

mércores, 28 de outubro de 2009

LATÍN II: CUALIFICACIÓNS CUESTIONARIO DE LECTURA DE "AS METAMORFOSES" DE OVIDIO

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que xa poden ve-las cualificacións acadadas no cuestionario sobre os fragmentos das Metamorfoses de Ovidio. Tamén se lles recorda que deben mirar no seu correo o número de identificación que lles corresponde.

CUALIFICACIÓNS

domingo, 25 de outubro de 2009

LATÍN II: TEXTOS 05 A 09 DE EUTROPIO (REVISIÓN)

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que poden acceder a unha versión revisada e actualizada dos texto 05 a 09 de Eutropio, ben pinchando aquí, ben dende o grupo de Latín II de SLIDESHARE.

domingo, 18 de outubro de 2009

LATÍN II: DATAS TEST DE LECTURA CATULO E ENTREGA MATERIAIS DA LÍRICA LATINA

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que xa poden consultar no calendario do departamento as datas para a realización do test de lectura dos poemas de Catulo, e para a entrega do resumo e presentación sobre a lírica latina.