Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que o calendario para o tema da Historiografía Latina é o seguinte:
Recórdase ós/ás alumnos/as que as preguntas do test de lectura hanse coller do cuestionario que acompaña á edición do texto recomendada (pinchade aquí). |
Blog do departamento de latín e grego do IES Espiñeira de Boiro (A Coruña). A función deste blog é a de servir de taboleiro de novidades e avisos para os/as alumnos/as de latín e grego. Lémbrase que anteriormente serviu de taboleiro para o departamento de latín dos seguintes centros: IES El Carmen de Cazalla de la Sierra, Sevilla (cursos 2007-2009); IES da Terra Chá de Castro de Rei, Lugo (cursos 2009-2011).
domingo, 1 de novembro de 2009
LATÍN II: CALENDARIO PARA O TEMA DA HISTORIOGRAFÍA ROMANA.
mércores, 28 de outubro de 2009
LATÍN II: CUALIFICACIÓNS CUESTIONARIO DE LECTURA DE "AS METAMORFOSES" DE OVIDIO
| Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que xa poden ve-las cualificacións acadadas no cuestionario sobre os fragmentos das Metamorfoses de Ovidio. Tamén se lles recorda que deben mirar no seu correo o número de identificación que lles corresponde. CUALIFICACIÓNS |
domingo, 25 de outubro de 2009
LATÍN II: TEXTOS 05 A 09 DE EUTROPIO (REVISIÓN)
| Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que poden acceder a unha versión revisada e actualizada dos texto 05 a 09 de Eutropio, ben pinchando aquí, ben dende o grupo de Latín II de SLIDESHARE. |
domingo, 18 de outubro de 2009
LATÍN II: DATAS TEST DE LECTURA CATULO E ENTREGA MATERIAIS DA LÍRICA LATINA
| Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que xa poden consultar no calendario do departamento as datas para a realización do test de lectura dos poemas de Catulo, e para a entrega do resumo e presentación sobre a lírica latina. |
LATÍN II: TEST DE LECTURA DE OVIDIO MARTES 20 DE OUTUBRO
| Recórdase ós/ás alumnos/as de Latín II que martes 20 de outubro hase realiza-lo test de lectura dos fragmentos das Metamorfoses de Ovidio. Este test consistirá en preguntas sacadas da guía de lectura. Rematado o test seguiráse coa tradución do texto 02 de Eutropio. |
mércores, 14 de outubro de 2009
LATÍN I: DATAS EXAMES 1ª AVALIACIÓN
Recórdase ás alumnas de Latín I que as datas dos exames da 1ª avaliación son as seguintes:
- 1º control: 04 e 05 de novembro.
- 2º control: 15 e 16 de decembro.
martes, 13 de outubro de 2009
LATÍN II: MATERIAIS PARA A LÍRICA LATINA
| Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que xa teñen dispoñibles, dende o grupo de Latín II de Slideshare, as ligazóns para acceder ós poemas de Catulo de lectura obrigada e máis á guía de lectura. |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)