domingo, 25 de outubro de 2009

LATÍN II: TEXTOS 05 A 09 DE EUTROPIO (REVISIÓN)

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que poden acceder a unha versión revisada e actualizada dos texto 05 a 09 de Eutropio, ben pinchando aquí, ben dende o grupo de Latín II de SLIDESHARE.

domingo, 18 de outubro de 2009

LATÍN II: DATAS TEST DE LECTURA CATULO E ENTREGA MATERIAIS DA LÍRICA LATINA

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que xa poden consultar no calendario do departamento as datas para a realización do test de lectura dos poemas de Catulo, e para a entrega do resumo e presentación sobre a lírica latina.

LATÍN II: TEST DE LECTURA DE OVIDIO MARTES 20 DE OUTUBRO

Recórdase ós/ás alumnos/as de Latín II que martes 20 de outubro hase realiza-lo test de lectura dos fragmentos das Metamorfoses de Ovidio. Este test consistirá en preguntas sacadas da guía de lectura. Rematado o test seguiráse coa tradución do texto 02 de Eutropio.

mércores, 14 de outubro de 2009

LATÍN I: DATAS EXAMES 1ª AVALIACIÓN

Recórdase ás alumnas de Latín I que as datas dos exames da 1ª avaliación son as seguintes:
  • 1º control: 04 e 05 de novembro.
  • 2º control: 15 e 16 de decembro.

martes, 13 de outubro de 2009

LATÍN II: MATERIAIS PARA A LÍRICA LATINA

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que xa teñen dispoñibles, dende o grupo de Latín II de Slideshare, as ligazóns para acceder ós poemas de Catulo de lectura obrigada e máis á guía de lectura.

mércores, 7 de outubro de 2009

VENRES DÍA 09 REANÚDANSE AS CLASES

Infórmase ós/as alumnos/as de Latín, Grego e Cultura Clásica de que está previsto reanuda-las clases destas asignaturas venres día 09 de outubro.

martes, 6 de outubro de 2009

LATÍN II: DATAS EXAMES 1ª AVALIACIÓN

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que xa poden consulta-las datas dos exames da 1ª avaliación a través da ligazón axenda, no menú da páxina web do departamento.

N.B.: están pendentes de fixa-las datas dos exames de repaso de morfoloxía.