mércores, 7 de outubro de 2009

VENRES DÍA 09 REANÚDANSE AS CLASES

Infórmase ós/as alumnos/as de Latín, Grego e Cultura Clásica de que está previsto reanuda-las clases destas asignaturas venres día 09 de outubro.

martes, 6 de outubro de 2009

LATÍN II: DATAS EXAMES 1ª AVALIACIÓN

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que xa poden consulta-las datas dos exames da 1ª avaliación a través da ligazón axenda, no menú da páxina web do departamento.

N.B.: están pendentes de fixa-las datas dos exames de repaso de morfoloxía.

AVISO URXENTE: MÉRCORES DÍA 07 DE OUTUBRO NON HABERÁ CLASE DE LATÍN, GREGO E CULTURA CLÁSICA

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín, Grego e Cultura Clásica de 2º e 1º de Bac. e 4º da ESO que mércores 07 de outubro non haberá clase destas asignaturas. É probable que tampouco haxa clase xoves 08, pero disto hase informar mañá.

Para calquera dúbida contactade comigo a través do correo electrónico.

domingo, 4 de outubro de 2009

LATÍN II: MARTES 06 DE OUTUBRO

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que a clase do martes 6 de outubro estará adicada a explica-la épica latina;

  • comentario sobre os materiais de traballo
  • comentario sobre as lecturas obrigadas e a guía de lectura
  • achegamento ó xénero
  • datas e formato de entrega dos traballos

Só en caso de que sobrara tempo seguiriamos a traduci-lo texto 001 de Eutropio.

mércores, 30 de setembro de 2009

LATÍN II: MODIFICACIÓNS CADERNO DE EUTROPIO

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que dispoñen dun novo arquivo cos catro primeiros textos de Eutropio para traducir en clase. Estes textos presentan pequenas modificacións (resumo en galego e algunha nova nota e ligazón informativa) respecto á versión que se lles deu fotocopiada na clase. Poden acceder a eles dende a súa conta de SLIDESHARE.

domingo, 27 de setembro de 2009

LATÍN II: GUÍA E MATERIAL DE LECTURA

Infórmase ós/ás alumnos/as de Latín II de que xa poden acceder á guía e material de lectura dos fragmentos da Metamorfoses de Ovidio.

Prégaselles ademais que activen a súa pertenza o grupo de Latín II, a través das súas contas de SLIDESHARE, para poder acceder ó material.

venres, 4 de setembro de 2009

CAMBIO DE DENOMINACIÓN

A partir de hoxe venres 4 de setembro este blog deixa de se chamar LATÍN CAZALLA, para pasar a se-lo taboleiro de novidades do Departamento de Latín e Grego de IES da Terra Chá, de Castro de Rei, Lugo.